Mateu[1][2], coa variante Mateo[3], é un nome propio masculino galego de orixe hebraica. Mateu é unha variante moi común en galego, de feito é a única recollida nos dicionarios tradicionais de galego desde o século XIX[4].

Thumb
San Mateu e o Anxo de Rembrandt.

O nome ten as súas orixes no Novo Testamento, a partir do hebraico, polo nome Μαθθαιος[5] e unha transliteración koiné ao arameo polo diminutivo מתי (Mattay, Maty). Do latín Matthæus, a ortografía do inglés "Matthew" vén directamente desde o francés Matthieu (antes Matheu, forma coincidente en galego antigo). En última instancia, o nome deriva do nome מתתיהו (Matatyahu, Mattathias) ou מתיתיהו (Matityahu, Mattithiah), Mateu significa "don de Yahveh". O nome hebraico é tamén deletreado נתניהו. Tamén é relacionado incluír os nomes (Netanyahu, Nethaniah), cambiados e coas sílabas יהונתן (Yehonatan, Jonathan).

Significado

Agasallo de Deus.

Santoral

San Mateu o Evanxelista. A igrexa católica celebra a súa festa o 21 de setembro; a igrexa ortodoxa faino o 16 de novembro.

O nome en Galiza

Mateo ou Mateu foi un nome común en Galiza. Mateu o Evanxelista é o padroeiro de varias parroquias, incluso é haxiónimo dunha parroquia galega: San Mateo de Oliveira. San Mateo é tamén un lugar da parroquia de Labrada no concello lugués de Guitiriz na comarca da Terra Chá.

O nome Mateo/Mateu (en castelán: Mateo, en portugués: Mateus, en catalán: Mateu) abunda especialmente no noroeste da península: Galiza, Asturias, e tamén nas Illas Baleares. 2.377 varóns levan o nome Mateo en Galiza. A variante Mateu lévana soamente cinco homes na provincia de Pontevedra[6].

  • Polo san Mateu sementa ti e sementarei eu; polo San Miguel semente quen poider; e polo San Luca saca o boi da asuca, en Chantada e Argozón, que en Camba e Deza, inda non.
  • Pregúntalle a Mateu que é tan bo como eu!
  • Pregúntalle a Mateu que minte como eu!
  • San Mateu, vindima ti, vindimarei eu[7].

Persoas

Galegos

Outras personalidades

  • Mateo I de Foix, vizconde de Castellbó e señor de Montcada, s.XIV
  • Mateo I Orsini, Malta. s. XIII
  • Mateo I Visconti, Señor de Milán. s. XIV
  • Mateo II Visconti, Señor de Milán. s. XIV
  • Mateo Cantacuzeno, 1325, emperador de Bizancio entre 1353 e 1357.

Variantes

Thumb
Eruanno - Mateo, escrito en Quenya.
Máis información Variantes noutras linguas ...
Variantes noutras linguas
AlemánMathias, Matthias, Matthäus
Árabeمتى (Mattā)
ArmenioՄատթէոս (Mathios)
BelarusoМацей (Maciej)
BúlgaroМатей (Matey), Матюш (Matyush), Мато (Mato), Матуш (Matush)
CastelánMateo
CatalánMateu
ChecoMatěj, Matouš
Coreano매튜, 마태
CroataMatej, Mate, Matija, Matko
DinamarquésMads, Mattæus, Mathias
EslovacoMatej, Matus
EslovenoMatej, Matevž, Matjaž, Matija
EsperantoMateo, Matiaso
EstonianoMadis, Mati
FinésMatias, Matti
FrancésMathieu, Matheu, Matthieu; Mathias, Matthias; Mathis, Matthis
Gaélico escocésMaitias
GalésMathew, Mat
GalegoMateo, Mateu, Matías (actual ortografía), Matheu, Mathias (ortografía arcaica)
GregoMatthaios, Maththaios
HawaianoMakaio, Mataio
HolandésMatthijs, Mathijs, Mattijs, Mattheus
HebraicoMattai, Mattityahu, Mattithyahu
HúngaroMáté, Mátyás
InglésMatthew, Mathew, Matt, Matty, Mattie
InterlinguaMattheo
IrlandésMaitiú
IslandésMatthías
ItalianoMatteo, Mattia, Maffeo
LatínMatthæus
LetónMatīss, Matejs, Metjū, Matiass
LituanoMatas, Motiejus
MalayalamMathai, Matthai, Mathew, Maatthu, Maathan
MalaioMatius
NorueguésMatteus
PolonésMateusz, Maciej
PortuguésMateus, Matias (actual ortografía), Matheus, Mathias (ortografía arcaica)
RomanésMatei
RusoМатвей (Matvei), Матфей (Matfei), Мотя (Motya)
SerbioМатија (Matiya)
SuecoMatteus, Mattias, Mathias, Mats, Mattis
TurcoMatta, Mattayıs
UcraínoМатвій (Matviy), Матей (Matey)
Xaponésマット (Matto), マシュー (Mashyuu)
QuenyaEruanno, Erunno
Pechar

Outros significados

  • Mateo (carruaxe): medio de transporte composto por carruaxes, típico de Bos Aires.
  • Mateo: filme arxentino dirixido en 1937 por Daniel Tinayre.

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.