poeta, cronista e tradutor galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Manuel Oreste Rodríguez López, nado en Randulfe (Paradela) o 11 de decembro de 1934[1] e finado na cidade de Lugo o 13 de febreiro de 1990, foi un poeta, cronista e tradutor galego.[2]
Nome orixinal | Manuel Oreste Rodríguez López |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 11 de decembro de 1934 Paradela, España |
Morte | 13 de febreiro de 1990 (55 anos) Lugo, España |
Lugar de sepultura | Paradela |
Relixión | católico |
Educación | Tiana Barcelona |
Actividade | |
Ocupación | cronista, xornalista, tradutor, escritor, poeta |
Xénero artístico | poesía, conto, crónicas, teatro, tradución |
Familia | |
Cónxuxe | Irene López Gómez (O Páramo) |
Fillos | Enrique (1963) e Santiago (1971) |
Páxina web | Manuel Rodríguez López |
Fillo de Manuel Rodríguez e Consolación López, moi cedo (1936) foi coidado por persoas alleas poe emigración da súa nai e incorporación a filas do seu pai[1]. Residiu en Barcelona, onde emigrara a súa nai e logo o seu pai, dende os seis anos. En 1987 retornou a Lugo. Cursou Humanidades e Filosofía no Seminario Diocesano de Barcelona dende 1946 ata 1952. Posteriormente estudou Contabilidade e Lexislación Laboral. Traballou como xefe administrativo do departamento de persoal nunha industria siderometalúrxica (OSSA).
Ao longo da súa vida demostrou unha gran preocupación pola cultura e por Galicia, tanto na súa longa emigración en terras catalás, onde chegou a ser cronista de todos os actos referidos a Galicia celebrados en Cataluña, coma unha vez establecido en Lugo.[Cómpre referencia]
Foi premiado en numerosos concursos literarios. Destacan os primeiros premios de poesía Meigas e Trasgos de Sarria nos anos 1976 e 1980, o Premio Xosé Mª Chao Ledo no III Certame Literario de Vilalba, en 1977, e o primeiro premio do Certame Literario de Begonte en 1985, ano no que a familia se trasladou a vivir a Lugo.[1]
En prosa, acadou o primeiro premio Nós de Barcelona en 1980. En Sarria, mereceron o premio Meigas e Trasgos dous contos seus en 1977 e en 1986. En Barakaldo gañou un premio en 1978. En 1985 e 1987 quedou finalista na sección de Reportaxe dos Premios Galicia de Xornalismo.[Cómpre referencia]
Varios dos seus poemas foron musicados e cantados por Suso Vaamonde, Xerardo Moscoso, Alfredo González Vilela e Mary C. Otero Rolle.
En 1989 Diagnostícaselle cancro de vexiga[1]. No ano do seu pasamento (1990), foi nomeado a título póstumo "Fillo Predilecto de Paradela" e "Lucense del año 1989". En 1995 os seus restos foron trasladado ó Panteón de Paraledenses Ilustres.
Manuel Rodríguez deixou un inmenso legado para a Cultura Galega e o círculo emigrante Galego de Barcelona.[3] Tamén influíu ós emigrantes Galegos do mundo. Isto o fixo coa súa obra xornalística e cos seus dous libros "Galegos en Catalunya" I e II. Outro legado que deixou foi o do Certame Literario a el adicado, que axuda financeiramente a autores e autoras que escriben en galego ou castelán.
Foi un asiduo colaborador en medios de comunicación de Galicia, Cataluña e a Arxentina. Foi correspondente de Faro de Vigo e de El Ideal Gallego na Cidade Condal, onde firmaba co seu nome de pía completo. Colaborou asiduamente en El Progreso de Lugo, La Voz de Galicia e Praza Maior (voceiro do Concello de Lugo).[3]
Cronista Oficial do Centro Galego de Barcelona, publicou numerosos artigos nas revistas Boletín, Treboada e Alborada desa entidade. Colaborou en Correo de Galicia e outros xornais e revistas de Buenos Aires e publicou diversos artigos nas revistas galegas Coordenadas e Dorna. Así mesmo foi colaborador en Radio Nacional de España na Coruña e Radio Popular de Lugo, centrándose as súas colaboracións en temas de historia lucense, monumentalidade e viaxes.[3]
En 1990 inaugurouse a Casa de Cultura de Paradela "Manuel Rodríguez López" e, no 2001, o novo "Centro Socio-Cultural Manuel Rodríguez López" onde se celebra o Certame[4]. O centro ten facilidades bibliotecarias e contén un Salón e ordenadores xunto a espazo social que esta dispoñible para a comunidade. O Premio Literario Manuel Oreste Rodríguez López vense celebrando alí dende o ano 1995 organizado polo Concello de Paradela[4]. A última e décimo-sétima edición celebrouse no ano 2012[5].
Casou con Irene López Gómez (O Páramo), e foi pai de dous fillos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.