filme de 2020 dirixido por David Fincher From Wikipedia, the free encyclopedia
Mank é un filme estadounidense de 2020 dirixido por David Fincher. Conta a historia do guionista Herman J. Mankiewicz e o seu desenvolvemento de Cidadán Kane (1941). Foi producido por Ceán Chaffin, Douglas Urbanski e Eric Roth. Está protagonizado por Gary Oldman, xunto con Amanda Seyfried, Lily Collins, Arliss Howard, Tom Pelphrey, Sam Troughton, Ferdinand Kingsley, Tuppence Middleton, Tom Burke, Joseph Cross, Jamie McShane, Toby Leonard Moore, Monika Gossmann e Charles Dance.
Mank | |
---|---|
Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Mank |
Director | David Fincher |
Produtor |
|
Guión | Jack Fincher |
Intérpretes |
|
Música | |
Fotografía | Erik Messerschmidt |
Montaxe | Kirk Baxter |
Estudio |
|
Distribuidora | Netflix |
Estrea | Modelo:USABb 13 de novembro de 2020 |
Duración | 131 minutos[2] |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Drama biográfico |
Orzamento | 25 millóns de dólares[3] |
Recadación | 122 252 dólares[4] |
Na rede | |
|
O pai de David Fincher, Jack Fincher escribiu o guión na década de 1990, e David quixo realizar o filme despois de rematar The Game (1997), con Kevin Spacey e Jodie Foster nos papeis principais. O proxecto finalmente non se levou a cabo e Jack Fincher morreu en 2003. O proxecto foi retomado e anunciado oficialmente en xullo de 2019. A rodaxe levouse a cabo nos Ánxeles dende novembro de 2019 até febreiro de 2020. Para render homenaxe ós filmes da década de 1930, Mank foi rodado en branco e negro empregando cámaras RED.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.