Familia de sondas espaciais luares soviéticas. From Wikipedia, the free encyclopedia
Baixo o nome de Luna E-3, Luna E3 ou Luna Ye-3 pola súa transliteración da lingua rusa. atópase unha familia de sondas espaciais lunares soviéticas formada por dous membros.[1][2]
Houbo dúas sondas Luna E-3: a primeira non chegou a órbita debido a un problema coa última etapa do foguete lanzador 8K72, aínda que alcanzou os 200.000 km de altura nunha traxectoria suborbital para logo volver á Terra; a segunda tampouco chegou a órbita debido a un problema cun foguete acelerador do foguete principal.[1][2]
Voo[3] | Data[1][2][3] | Carga[1][2][3] | Resultado[1][2][3] | Notas |
---|---|---|---|---|
1 | 15 de abril de 1960 | Luna 4a | Fallo parcial | A última etapa non se acendeu, co que o satélite quedou en órbita terrestre ata a súa reentrada na atmosfera. |
2 | 16 de abril de 1960 | Luna 4b | Fallo | Un dos aceleradores non alcanzou a potencia prevista e catro décimas de segundo despois do lanzamento separaouse do foguete principal, deixando a este sen potencia necesaria para alcanzar órbita. |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.