Familia de sondas luares de superficie soviéticas. From Wikipedia, the free encyclopedia
Baixo o nome de Luna Ye-8 atópase un modelo sondas espaciais soviéticas composto por tres membros e cuxa misión era aterrar na Lúa.[1][2]
As sondas Luna Ye-8 estaban deseñadas para pousar vehículos de superficie con rodas para desplazarse pola Lúa e estudar a superficie in situ. Ademais funcionarían eventualmente como balizas para as hipotéticas futuras misións lunares tripuladas soviéticas que non chegaron a ocorrer.[1][2]
O deseño orixinal das Luna Ye-8 proviña do proxecto L2 da oficina OKB-1 de Korolev, de 1963. Cara 1965 o deseño final estaba case perfilado, cambiando o proxecto de mans e indo a parar á oficina de Lavochkin. O deseño foi refinado para poder ser lanzado mediante un foguete Proton. No momento do comezo dos lanzamentos dos vehículos Luna Ye-8 os norteamericanos xa puxeran astronautas na Lúa. A misión declarada das sondas foi obter imaxes da superficie, estudar a luz ambiente para determinar a factibilidade de facer observacións astronómicas desde a Lúa, facer experimentos enviando feixes láser desde a Terra cara aos vehículos na superficie (que levaban espellos retrorreflectores), facer observacións dos raios X solares, medir o campo magnético local e estudar as propiedades mecánicas da superficie lunar.[1][2]
As sondas estaban formadas por un aterrizador e o róver (denominados Lunokhod) en si, capaz de desplazarse pola superficie, cunha masa combinada de 1814 kg. O aterrizador dos Luna Ye-8 tiña dúas ramplas polas que o róver podía baixar. Os Lunokhod tiñan forma de bañeira cunha tapa convexa e oito rodas sobre as que desplazarse. Medían 135 cm de altura, 170 cm de longo e 160 cm de ancho, cunha masa de 840 kg e podían circular a dúas velocidades, ou 1 km/h ou 2 km/h. Cada roda tiña un motor, freo e suspensión independente. Dispoñían de catro cámaras de televisión, tres delas panorámicas e cuarta usada con propósitos de navegación. Os Lunokhod eran controlados desde terra en tempo real por equipos de cinco persoas. Durante o día, a tapa superior abríase e proporcionaba enerxía mediante as células solares que cubrían a súa parte interna. Durante a noite lunar (que dura uns 14 días terrestres) a tapa pechábase e róver quedaba en hibernación, manténdose os sistemas a unha temperatura adecuada grazas a unha fonte radioactiva de polonio 210.[1][2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.