Baixo o nome de Luna Ye-8-5 atópase un modelo sondas espaciais soviéticas composto por oito membros e cuxa misión era aterrar na Lúa e traer mostras da superficie lunar de volta á Terra.[1][2]
A misión das sondas Luna Ye-8-5 era aterrar na superficie lunar, recoller unha mostra de solo e devolvela á Terra dentro dunha cápsula.[1][2]
Lanzáronse oito sondas modelo Luna Ye-8-5, dous das cales (Luna 16 e Luna 20) tiveron éxito e trouxeron á Terra un total de 130 gramos de solo lunar.[1][2]
Voo[1][2] | Data[1][2] | Carga[1][2] | Resultado[1][2] | Notas |
---|---|---|---|---|
1 | 19 de febreiro de 1969 | Luna 15b | Fallo | Fallo do foguete lanzador. |
2 | 13 de xullo de 1969 | Luna 15 | Fallo | A sonda foi lanzada con éxito e posta en órbita lunar, pero estrelouse non momento de intentar aterrar. |
3 | 23 de setembro de 1969 | Luna 16a (Kosmos 300) | Fallo parcial | A última etapa do foguete perdeu oxíxeno líquido por culpa dunha válvula defectuosa, co que non puido impulsar á sonda cara a Lúa, quedando en órbita terrestre. |
4 | 22 de outubro de 1969 | Luna 16b (Kosmos 305) | Fallo parcial | Fallo do sistema de control da última etapa do foguete lanzador, quedando a sonda en órbita terrestre. |
5 | 6 de febreiro de 1970 | Luna 16c | Fallo | Fallo da primeira etapa do foguete lanzador. |
6 | 12 de setembro de 1970 | Luna 16 | Éxito | A sonda aterra con éxito e devolve á Terra 100 gramos de solo lunar. Primeiro retorno automático de mostras dun corpo celeste. |
7 | 2 de setembro de 1971 | Luna 18 | Fallo | A sonda foi posta con éxito en órbita lunar, pero estrelouse ó intentar aterrar. |
8 | 14 de febreiro de 1972 | Luna 20 | Éxito | A sonda aterrou con éxito e devolveu á Terra 30 gramos de solo lunar. |
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.