avogado, xornalista, escritor e político español From Wikipedia, the free encyclopedia
Luis Antón del Olmet López, nado en Bilbao o 17 de xaneiro de 1886 e finado en Madrid o 2 de marzo de 1923, foi un avogado, xornalista e escritor español.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de xaneiro de 1886 Bilbao, España |
Morte | 2 de marzo de 1923 (37 anos) Madrid, España |
Causa da morte | homicidio, ferida por arma de fogo |
Deputado das Cortes | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade Central |
Actividade | |
Ocupación | escritor, político |
Interesado en | Joaquín Costa Martínez |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Irmáns | Fernando de Antón del Olmet Casilda de Antón del Olmet |
Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Enciclopedia Galega Universal |
Estudou Dereito na Universidade Central de Madrid e conseguiu unha praza na Delegación de Facenda da Coruña en 1906. Xa se iniciara como xornalista en La Época de Madrid e cando chegou á Coruña incorporouse á redacción de El Noroeste. A principios de 1908 regresou a Madrid, onde se mantivo vinculado ao ambiente galego, tanto á revista Galicia (dirixida por Basilio Álvarez) coma ao Centro Galego. Asistiu ao faladoiro do Excelsior e foi un dos fundadores do movemento agrario de Acción Gallega. Dirixiu, xunto a Prudencio Canitrot, a "Biblioteca de Escritores Gallegos", na que publicou El encanto de sus manos (1909). En Acción Gallega realizou a descrición dos principais líderes do agrarismo solidario coruñés (Lugrís Freire, Joaquín Martín Martínez, Juan Golpe, Rodrigo Sanz). En 1910 entrou na primeira redacción de El Debate xunto cos galegos Basilio Álvarez, Alfonso Alcalá Martín e Rafael Carvajal. Participou xunto aos agrarios na constitución da Liga Agrario-Redencionista e nas relacións cos homes da Lliga Regionalista e con Cambó. Nesa época comezou a súa vida turbulenta, con duelos cos redactores de El Radical. En 1911 colaborou tamén en Mi Tierra de Ourense.
En 1912 iniciou a súa carreira política, pasou a inspirar o maurismo agrario de Padrón, colaborando con artigos ideolóxicos en El Barbero Municipal, semanario conservador de Rianxo. Un ano máis tarde publica El hidalgo don Tirso de Guimaraes con portada de Castelao.
Nas eleccións de marzo de 1914, como premio ao seu labor, conseguiu unha acta de deputado por Almería militando ás ordes de Eduardo Dato. Para afianzar a súa lealdade á situación fundou o 1 de abril El Parlamentario, do que foi director xerente, voceiro dos intereses do seu xefe político fronte a liberais e mauristas irredentos; aquí publicaron os seus amigos Castelao, Fernández Flórez, Francisco Camba e Basilio Álvarez. En 1916 apareceu en El Parlamentario, quincenalmente a folla Acción Gallega, dirixida polo propio Basilio.
Colaborou co agrarismo de Acción Gallega e en febreiro de 1917 tiña o proxecto de sacar á luz en Ourense o periódico La Raza con Basilio Álvarez como director. O seu nome soou como candidato agrario de Acción Gallega e da Conxunción Republicano-Agrario-Socialista para as eleccións de febreiro de 1918 por Celanova, pero desistiu ante a presentación de Luís Porteiro Garea como candidato rexionalista. Descartado Celanova, barallou presentarse polo distrito de Trives. A principios de febreiro chegou a Ourense para facer campaña[1]. Finalmente optou por intentar a representación do distrito de Verín; puxo en marcha La Raza como órgano de propaganda, e fixo campaña na comarca de Verín con Basilio Álvarez e Heriberto Pérez Proenza, para finalmente resultar derrotado o 24 de febreiro polo candidato conservador Luis Espada Guntín[2].
Foi asasinado en 1923, mentres presentaba unha das súas obras no Teatro Eslava de Madrid. O autor do asasinato foi o seu socio e colega Alfonso Vidal Planas, a causa dun asunto de amoríos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.