médico e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Luís Isidoro Rodríguez Seoane, nado en Pontevedra o 5 de abril de 1836 e finado en Santiago de Compostela o 12 de agosto de 1902, foi un médico e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de abril de 1836 Pontevedra, España |
Morte | 12 de agosto de 1902 (66 anos) Santiago de Compostela, España |
Senador de España | |
Gobernador civil de Oviedo | |
Gobernador civil de Cáceres | |
Gobernador civil | |
Catedrático de universidade | |
Actividade | |
Ocupación | político, médico |
Familia | |
Irmáns | José Rodríguez Seoane |
Descrito pola fonte | Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Rodríguez Seoane (Luis), p.390) |
Fillo de Luís Rodríguez Garea, era doutor en Medicina pola Universidade de Madrid. Pertenceu ao Partido Moderado, foi un dos organizadores do Banquete de Conxo, onde leu un dos brindes[1], e formou parte da xunta revolucionaria de 1868 de Pontevedra. Foi deputado nas Cortes pola circunscrición de Pontevedra (1869-1871), polos distritos de Ponte Caldelas (1871-1872) e da Cañiza (1881-1884) e senador pola provincia de Pontevedra (1886-1887) e A Coruña (1899-1900). Foi presidente da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago (1885-1886). En 1871 foi nomeado gobernador civil de Cáceres e director xeral de Aduanas e en 1888 gobernador de Asturias. Foi un dos fundadores do semanario pontevedrés El País (1857) e colaborou en El Buscapié, El Siglo Médico, La Perseverancia, Revista de Galicia e Faro de Vigo, e cultivou a poesía en galego e castelán.
Era irmán de José Rodríguez Seoane.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.