político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Luís González Blasco ou Luís Gonçales Blasco, tamén coñecido como Foz[1], nado en Foz o 18 de agosto de 1941, é un profesor e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de agosto de 1941 (83 anos) Foz, España |
Actividade | |
Ocupación | político, profesor de ensino secundario |
Formou parte do Consello da Mocedade (1962-1963) do que foi expulsado xunto cun grupo de mozos acusados de comunistas, que fundan ao ano seguinte a Unión do Pobo Galego (UPG). A estadía en Madrid e o contacto co grupo Brais Pinto déronlle á súa personalidade os trazos nacionalistas e marxistas. En 1968 tivo que exiliarse en Francia onde se licenciou e Lingüística Xeral na Universidade de París VIII. Ata 1974 foi o promotor principal da organización de núcleos da UPG en Francia, Holanda, Reino Unido, Italia, Suíza e Alemaña e participou na redacción da Carta de Brest.[2] Viaxou a Portugal en 1975 para conectar coas forzas revolucionarias, os refuxiados galegos e a súa familia. Abandonou a UPG en 1978 integrándose no Partido Galego do Proletariado; despois militou noutras organizacións independentistas como Galiza Ceive, a primeira Frente Popular Galega (1987) e a Assembleia do Povo Unido. Despois integrouse en Cerna.[3][4]
A comezos dos anos oitenta, adoptou o reintegracionismo lingüístico. É membro da AGAL e académico da AGLP.
Traballou como copropietario en Livraria Páxina, como Auxiliar administrativo en Éditions Ruedo iberico. Tamén como profesor de lingua e literatura galegas no ensino secundario ata a súa xubilación no IES Arcebispo Xelmírez de Santiago.
Publicou en revistas e obras colectivas algúns traballos sobre lingua e literatura galegas e sobre a historia do nacionalismo galego contemporáneo.[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.