futbolista alemán From Wikipedia, the free encyclopedia
Lothar Herbert Matthäus (nado o 21 de marzo de 1961) é un ex-futbolista xermano, que na actualidade exerce coma adestrador. Gañou o Balón de Ouro en 1990, o mesmo ano que a Alemaña gañaba o seu terceiro Mundial de Fútbol. Ao ano seguinte tamén conseguiu o FIFA World Player.
Xogou en cinco mundiais de fútbol: 1982, 1986, 1990, 1994 e 1998. Ten a marca de máis encontros de Copa do Mundo disputados (25).
Matthäus tamén é membro da FIFA 100 e é un dos Capitáns Honorarios da selección xermana xunta Fritz Walter, Uwe Seeler e Franz Beckenbauer.
Matthäus naceu en Erlangen, Baviera, o 21 de marzo de 1961.
Comeza a súa carreira profesional en 1979 co Borussia Mönchengladbach, no que xogou ata o ano 1984. Neses anos xa forma parte da Selección de Alemaña do Oeste, coa que gaña a Eurocopa de Fútbol 1980. Ademais quedan subcampións no Mundial de 1982.
En 1984 ficha polo Bayern Múnic onde gaña dúas Bundesligas e queda subcampión da Copa de Europa en 1987, perdendo na final contra o FC Porto por 2-1.
Cando chega o Mundial 86 Matthäus xa é un indiscutible na selección xermana. Chegarían ata a final, onde caerían ante a Arxentina de Maradona por 3-2.
Na Eurocopa de Fútbol 1988, perden en semifinais diante dos futuros campións, a Holanda. Matthäus anota o 1-0 de penalti, máis rematarían perdendo o encontro por 2-1, cos goles de Ronald Koeman e Marco van Basten.
Ese mesmo ano, Matthäus e o tamén xermano Andreas Brehme fichan polo Inter de Milan, co que gañarían o Scudetto da Serie A e a Supercopa italiana
Mais o seu máis grande triunfo viría en 1990, no Mundial de Italia. Aquí por fin conseguirían o campionato, con Matthäus dirixindo ó equipo dende o medio do campo, e anotando un total de catro goles. Na final enfrotáronse de novo á Arxentina, mais desta volta gañaron 1-0, gol de penalti de Andreas Brehme no minuto 85 de xogo. Foi o derradeiro torneo de Alemaña do Oeste, xa que pouco despois acontece a reunificación do país.
Matthäus seguiu a colleitar éxitos co Inter, gañando a Copa da UEFA de 1991 e o premio FIFA World Player dese mesmo ano.
No ano 1992 volta ao Bayern Munich, cos que gañará catro veces a Bundesliga, dúas a DFB-Pokal e chegará á final da Liga de Campións en 1999
A pesar de non poder xogar na Eurocopa de 1992 por mor dunha lesión si estivo no Mundial de Fútbol EEUU 1994, xogando coa Alemaña unificada no posto de Líbero. Foron eliminados nos cuartos de final por Bulgaria.
Para a Eurocopa de Fútbol 1996, en Inglaterra, non foi convocado polo seleccionador Berti Votgs. Alemaña resultaría vencedora neste torneo, sendo a estrela da final o dianteiro Oliver Bierhoff. Matthäus deixou aquí un récord para a posterioridade, 25 encontros xogados en 5 torneos da Copa do Mundo.
Só se lle escapou un trofeo ao longo da súa carreira, a Liga de Campións. A pesar de chegar dúas veces á final co Bayern, non puido gañar ningunha.
No ano 2000, marcha do Bayern cara ao MetroStars, da Liga estadounidense, onde se retirará ese mesmo ano. Coa Alemaña xogaría o seu último encontro, o 150, na Eurocopa de Fútbol 2000.
Matthäus comeza a súa carreira de adestrador con conxunto austríaco do Rapid de Viena. Non hai ningún éxito destacable na súa estancia aquí.
No mes de Nadal de 2002 ficha polo Partizan de Belgrado á metade da tempada, substituíndo ó despedido Ljubisa Tumbakovic. o Partizan gaña o título de liga e chega a participar na Liga de Campións do ano seguinte, eliminando o Newcastle United na rolda previa, mais non pasarían a fase de grupos.
En Nadal de 2003, abandona o cargo para aceptar se-lo novo seleccionador húngaro. O país tentaba volver ao seu sitio na elite do fútbol, mais desta volta todo ficaría igual. As derrotas con Croacia, Suecia e Bulgaria deixan ós maxiares fóra do Mundial 2006 e Matthäus é despedido.
O 11 de xaneiro de 2006 firma un contrato dun ano co Atlético Paranaense do Brasil, mais despois de sete encontros (5 vitorias e 2 empates) abandona a escuadra co gallo de estar máis preto da súa familia en Europa.
O 9 de maio de 2006 ficha polo Red Bull Salzburg, onde adestra na actualidade.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.