Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
O New York Red Bulls é un club de fútbol profesional que xoga na Major League Soccer. É o equipo da cidade de Nova York, pero xoga en Harrison, Nova Jersey no estadio Red Bull Arena, polo que xoga na conferencia Leste. Foi un dos dez equipos que xogaron a tempada inaugural da MLS en 1996. Na súa fundación o equipo chamábase New York/New Jersey MetroStars ata o ano 1997. A partir dese ano o equipo comezou a chamarse MetroStars. En 2006 o equipo foi comprado por Red Bull GmbH, e houbo un novo cambio de nome que mantense ata a actualidade [1].
New York Red Bulls | |||
---|---|---|---|
Nome | New York Red Bulls | ||
Alcume(s) | Red Bulls | ||
Fundación | 1995 | ||
Estadio | Red Bull Arena Harrison, Nova Jersey Estados Unidos | ||
Capacidade | 25,000 | ||
Propietario | Red Bull GmbH | ||
Adestrador | Jesse Marsch | ||
Liga | Major League Soccer | ||
2015 | Leste: 1º Global: 1º Playoffs: Final de Conferencia | ||
Na rede | |||
http://www.newyorkredbulls.com/ | |||
| |||
O ano 2010 foi un ano moi ilusionante para os neoyorkinos xa que anunciouse a chegada do lendario dianteiro francés Thierry Henry e do capitán da selección mexicana de fútbol, Rafa Márquez. Os dous ex-campións de Europa co FC Barcelona.
A historia deste equipo comezou coa selección de Tony Meola como capitán e o internacional italiano Roberto Donadoni como estrela do equipo. O primeiro encontro tivo lugar no antigo estadio do equipo, o Giants Stadium, fronte ó Los Angeles Galaxy no que os anxelinos leváronse a vitoria por dous goles a un. Os MetroStars chegaron ós playoffs pero foron eliminados polo DC United no terceiro partido [2].
En 1997 a estrela do equipo, Roberto Donadoni, retornou ó AC Milan. Esa mesma tempada o equipo non foi capaz de clasificarse ó playoffs [3]. A partir dese ano o equipo comezou a chamarse MetroStars.
O primeiro ano como MetroStars o equipo conseguiu clasificarse para os playoffs, pero caeron en primeira rolda fronte ó Columbus Crew [4]. O ano seguinte tras unha estrepitosa tempada, anunciouse a fichaxe de Lothar Matthäus para a seguinte tempada [5]. No ano 2000 os MetroStars conseguiron o seu mellor resultado chegando ás semifinais, onde perderon fronte ó Chicago Fire. Dende ese ano ata o final da era MetroStars o equipo non conseguiu avanzar máis aló que da primeira rolda dos playoffs. No ano 20003 chegaron á final da US Open Cup pero acabaron derrotados polo Chicago Fire por un gol a cero [6]. No ano 2006 o equipo foi comprado por Red Bull GmbH e cambiou o nome polo de New York Red Bulls.
A pesar do cambio de nome a sorte para o equipo foi a mesma, perdeu na primeira rolda dos playoffs [7]. No ano 2008 o equipo alcanzou a final, tería que enfrontarse ao Columbus Crew na final. Aínda que John Wolyniec foi quen de empatar o partido tras que se adelantaran os de Ohio, finalmente os Black & Gold lograron gañar a MLS Cup por tres goles a un [8]. Tras este bo ano o equipo desinflouse en liga quedando na última posición e foi eliminado en primeira rolda da Liga de Campións da CONCACAF, a primeira vez que participaba neste torneo [9]. O ano 2010 os Red Bulls comezaron a xogar no que é o seu estadio actual, o Red Bull Arena [10].
O ano 2010 foi un ano moi ilusionante para os neoyorkinos xa que anunciouse a chegada do lendario dianteiro francés Thierry Henry e do capitán da selección mexicana de fútbol, Rafa Márquez. Os dous ex-campións de Europa co FC Barcelona. No ano 2012 Thierry Henry sae cedido por dous meses ó Arsenal FC [11]. Ese mesmo ano tamén sairón do club homes importantes como Rafa Márquez ou Joel Lindpere, aínda que chegou ou súper-estrela o internacional brasileiro Juninho Pernambucano [12]. O ano 2013 chegou o primeiro título da historia do equipo que gañou a Supporters' Shield [13]. Na súa segunda participación na Liga de Campións da CONCACAF o equipo quedou eliminado na fase de grupos. Na tempada do 2015 os Red Bulls chegaron por terceira vez ás semifinais dos playoffs, pero foron eliminados polo que sería o campión, o Columbus Crew [14].
Historia
Tempada
No ano 2010 os seareiros do New York Red Bulls votaron o mellor once na historia dos Red Bulls/MetroStars.
|
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.