Lixosa
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A lixosa (/liksósa/) é un monosacárido de cinco carbonos (pentosa) cun grupo aldehido (aldosa), polo que é unha aldopentosa.
É un azucre pouco común na natureza. A lixosa pode encontrarse formando parte dos glicolípidos das paredes celulares dalgunhas especies de bacterias,[1] . O derivado da lixosa D-lixitol atópase no músculo cardíaco formando parte da lixoflavina [2] (composto similar á riboflavina pero con D-lixitol en vez de D-ribitol[3]).
Existen os isómeros D e L da lixosa, pero a lixosa é a única aldopentosa na que o enantiómero L é máis abundante na natureza que o D. A D-lixosa é o epímero da D-xilosa e da D-arabinosa. A L-lixosa é epímera da D-ribosa.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads


