xénero de plantas From Wikipedia, the free encyclopedia
Os alfaneiros[2] ou ligustros son os nomes comúns das especies botánicas pertencentes ao xénero Ligustrum, que abrangue arredor dunhas 40-50 especies aceptadas -das case 180 descritas[3]- de arbustos e arboriñas perennifolias, semiperennifolias ou caducifolias. Nativos de Europa, norte de África, Asia, Australasia, con centro de diversidade na China, o Himalaia, o Xapón e Taiwán. Pertencen á mesma familia da oliveira, as oleáceas.
Alfaneiros (xénero Ligustrum) | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Alfaneiro do Xapón Ligustrum japonicum | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||
ver texto | |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
Derivado latín do verbo lĭgo, āvi, ātum, āre (atar), pola flexibilidade das súas pólas noviñas que servían para atar feixes; aplicado xa por Plinio o Vello (12,109; 24, 74).
As flores son miúdas e recendentes e rematan en panículos. Teñen catro pétalos ensortillados e dous estames altos con anteras amarelas ou arroibadas, e entre eles os pistilos baixos; pétalos e estames saen despois que a flor for fertilizada, levando o pistilo ao tubo do cáliz. A floración comeza logo de 330 graos días. Os froitos, en grupos, son bagas drupas miúdas púrpuras ou negras, velenosas para os humanos, porén ben asimiladas por moitas aves. En condicións favorábeis de crecemento, un arbusto individual pode producir milleiros de froitos.
Algunhas especies deste xénero representan un gran problema en Nova Zelandia. De feito, está prohibida a venda ou o cultivo de plantas do xénero Ligustrum por mor aos efectos do seu pole nos asmáticos, xa que se ten demostrado que é un causante de ataques de asma e eccemas en persoas sensíbeis.
O alfaneiro é atacado polas larvas dalgunhas especies de lepidópteros (avelaíñas), entre elas: Hemithea aestivaria, Chloroclysta truncata, Amphipyra pyramidea, Ectropis crepuscularia, Alcis repandata, Odontopera bidentata, Euplexia lucipara, Chloroclystis v-ata ou Peribatodes rhomboidaria.
Na Península Ibérica só están presentes as especies a seguir: L. lucidum, L. ovalifolium e L. vulgare[4]. Non sendo comúns en Galicia.
Nalgunhas partes do mundo onde non son nativos, algunhas especies de alfaneiro considéranse plantas invasoras, tendo desprazado as especie nativas. É particularmente un problema en América do Norte, onde non hai especies naturais.[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.