especie de planta From Wikipedia, the free encyclopedia
O alfaneiro[1][Cómpre referencia] ou ligustro[2] (Ligustrum vulgare) é unha especie de planta pertencente á familia Oleaceae.
Alfaneiro | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Alfaneiro ilustrado por Otto Wilhelm Thomé en Flora von Deutschland, Österreich und der Schweiz, 1885 | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Ligustrum vulgare L., Sp. Pl., vol. 1, p. 7, 1753 |
En Galicia non é común brava, empregándose especialmente en xardinaxe, para crear sebes ou arboriñas en ringleiras nas rúas.
É un arbusto de 2 a 3 m de altura. As súas follas, semellantes ás da oliveira, porén de cor máis verde, son opostas e lanceoladas. As flores son brancas, gamopétalas e recendentes. O froito é unha baga escura, acre e tóxica.
Medra nos bosques húmidos, sendo moi utilizado en sebes de xardíns.
É natural do centro e do sur de Europa, norte de África e suroeste de Asia, desde o sur de Inglaterra e o suroeste de Suecia até Marrocos polo sur, e o leste de Polonia e o noroeste de Irán polo leste.[3][4][5][6][7]
Todas as subespecies, variedades e formas son todas meros sinónimos.
Ligustrum album Gueldenst. ex Ledeb. Ligustrum angustifolium Gilib. nom. inval. Ligustrum decipiens Gand. Ligustrum insulare Decne. Ligustrum insulense Decne. Ligustrum italicumMill. Ligustrum lodense Glogau Ligustrum oviforme Gand. Ligustrum sempervirens Mazziari nom. inval. Ligustrum vicinum Gand. Ligustrum vulgare var. atrovirens Hoefker Ligustrum vulgare var. aureum Hoefker Ligustrum vulgare var. auriflorum Hoefker Ligustrum vulgare var. brachystachyum (Decne.) Hoefker Ligustrum vulgare var. chlorocarpum Hoefker Ligustrum vulgare var. glaucum Hoefker Ligustrum vulgare var. insulense (Decne.) Hoefker Ligustrum vulgare subsp. italicum (Mill.) Fukarek Ligustrum vulgare var. italicum (Mill.) Vahl Ligustrum vulgare var. laurifolium Hoefker Ligustrum vulgare var. pendulum (Carrière) Hoefker Ligustrum vulgare f. pendulum (Carrière) Dippel Ligustrum vulgare var. pyramidale Hoefker Ligustrum vulgare var. variegatum Hoefker Olea humilis Salisb. nom. illeg.[8]
A Real Academia Galega só recoñece o nome ligustro, que é un termo erudito, tardío, adaptado a partir do nome científico do xénero Ligustrum.[9] Porén, o termo alfaneiro está documentado en moitos outros dicionarios.[1]
En Galicia, ademais da variante alfeneiro, hai outros nomes, de uso local ou rexional: fiafeira, fiaza, filseira e tilseira.
Esta planta é o alimento das eirugas das avelaíñas da especie Craniophora ligustri.
Úsase principalmente en xardinaxe, para crear sebes. Pero non hai que confundila coa especie Ligustrum ovalifolium, que é a que se emprega de maneira xeral para formar sebes, tanto nos xardíns urbanos como nas propiedades agrarias. As árbores que adornan rúas e parques de moitas vilas e cidades galegas tampouco pertencen a esta especie, senón a Ligustrum lucidum. Estas dúas especies —ben como outras, de difusión moito máis limitada en parques e xardíns— son orixinarias do extremo Oriente (China, Corea, Xapón...); con todo, a Ligustrum lucidum aparece ás veces naturalizada nas proximidades de aldeas e terras de cultivo, procedente de antigas sebes.
As follas moídas en po usábanse para tinxir, especialmente o cabelo e as crinas das bestas.
Esta especie figura nalgunhas listaxes de especies invasoras en países coma Australia,[10] o Canadá,[11] Nova Zelandia,[12] e os Estados Unidos de América.[13][14] Tamén está naturalizada nas terras altas de México[15] e na república Arxentina[Cómpre referencia].
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.