Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Liga Española de Baloncesto é o nome que recibiu a actual competición que, desde 1980, enfrontaba aos clubs españois cada ano nunha competición de liga con partidos entre todos os participantes, a dobre volta. Foi organizada pola Federación Española de Baloncesto até 1983 cando os clubs, organizados na recentemente creada Asociación de Clubs de Baloncesto, decidiron organizar a Liga ACB, unha nova competición independente da FEB.
Tipo | liga deportiva |
---|---|
Deporte | baloncesto |
Parte de | Sistema de Ligas de basquetebol da Espanha (pt) |
Número de participantes | 14 |
Localización e Datas | |
País | España |
Vixencia | 1957 – 1983 |
Período de ocorrencia | 1 ano |
A pesar de ser, formalmente, dúas competicións distintas, con regras e sistema de competición diferentes, a Liga ACB é considerada a continuadora da Primeira División da Liga Española de Baloncesto que organizaba a Federación Española de Baloncesto. A Primeira División foi disputada entre 1957 e 1983, variando o número de participantes desde os seis da primeira edición até os 14 da última, sendo o máximo de equipos o acadado na temporada 1972−1973 con 16. Esta competición, a diferenza da ACB, non contaba con play-offs para determinar ao campión. Todos os participantes enfrontábanse en partidos de ida e volta entre si de acordo a un calendario estabelecido por sorteo a principio de temporada, deste xeito, todos os equipos enfrontábanse contra todos dúas veces, e unha vez en cada campo.
A vitoria valía dous puntos e o empate un punto, xa que naquel tempo o regulamento contemplaba o empate a puntos. Ao finalizar a "segunda volta" concluía a liga e o primeiro clasificado, é dicir, o equipo que máis puntos sumara, era proclamado campión. Este equipo gañaba ademais o dereito de disputar a Copa de Europa organizada pola Federación Internacional de Baloncesto (FIBA). Ademais, os seguintes clasificados eran convidados a disputar a Copa Korać, agás se algún deles gañara a Copa do Rei, que nese caso era convidado a disputar a Recopa de Europa. Os método para o descenso variou segundo a temporada, chegando a haber tanto descenso directo como partidos de promoción, onde os equipos peor clasificados disputaban a súa permancencia contra os mellores da segunda categoría. Durante as 27 temporadas que se disputou a liga, o Real Madrid foi o dominador absoluto da competición, gañando 22 das 27 edicións. Foi destronado en tan só en cinco ocasións, tres veces polo FC Barcelona en e dúas veces polo Joventut Badalona .
Nas 27 tempadas que houbo entre 1957 e 1983 competiron un total de 45 equipos na Primeira División da Liga Española de Baloncesto.
Ano | E. | Xor. | Campión | Punt. | Subcampión | Punt. | Max. anotador | Equipo | Punt. | Adestrador |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1957 | 6 | 10 | Real Madrid | 17 | FC Barcelona | 17 | Alfonso Martínez | Real Madrid | 180 | Ignacio Pinedo |
1958 | 10 | 18 | Real Madrid | 32 | Joventut | 29 | Alfonso Martínez | Real Madrid | 310 | Ignacio Pinedo |
1958−1959 | 12 | 22 | FC Barcelona | 40 | Real Madrid | 38 | Juan Ramón Báez | Real Madrid | 445 | Jaime Isal |
1959−1960 | 12 | 22 | Real Madrid | 40 | Joventut | 33 | Juan Ramón Báez | Real Madrid | 439 | Pedro Ferrándiz |
1960−1961 | 12 | 22 | Real Madrid | 42 | Orillo Verde | 30 | Francisco Llobet Serra | Orillo Verde | 450 | Pedro Ferrándiz |
1961−1962 | 10 | 18 | Real Madrid | 36 | Joventut | 31 | Wayne Hightower | Real Madrid | 355 | Pedro Ferrándiz |
1962−1963 | 12 | 16 | Real Madrid | 11 | Estudiantes | 9 | Emiliano Rodríguez | Real Madrid | 319 | Joaquín Hernández |
1963−1964 | 14 | 26 | Real Madrid | 18 | Picadero JC | 16 | Emiliano Rodríguez | Real Madrid | 499 | Joaquín Hernández |
1964−1965 | 8 | 14 | Real Madrid | 27 | Picadero JC | 25 | Lorenzo Alocén | Helios | 330 | Pedro Ferrándiz |
1965−1966 | 10 | 18 | Real Madrid | 34 | Picadero JC | 33 | Miles Aiken | Real Madrid | 431 | Robert Busnel |
1966−1967 | 11 | 20 | Joventut | 38 | Real Madrid | 38 | Alfonso Martínez | Joventut | 441 | E.Kucharsky |
1967−1968 | 11 | 20 | Real Madrid | 38 | Estudiantes | 36 | Clifford Luyk | Real Madrid | 486 | Pedro Ferrándiz |
1968−1969 | 12 | 22 | Real Madrid | 37 | Joventut | 33 | Charles Thomas | Sant Josep | 563 | Pedro Ferrándiz |
1969−1970 | 12 | 22 | Real Madrid | 38 | Picadero JC | 37 | Charles Thomas | Sant Josep | 529 | Pedro Ferrándiz |
1970−1971 | 12 | 22 | Real Madrid | 42 | Joventut | 42 | Alfredo Pérez | Breogán | 595 | Pedro Ferrándiz |
1971−1972 | 12 | 22 | Real Madrid | 42 | FC Barcelona | 38 | Gonzalo Sagi-Vela | Estudiantes | 475 | Pedro Ferrándiz |
1972−1973 | 16 | 30 | Real Madrid | 60 | Joventut | 52 | Alfredo Pérez | Breogán | 697 | Pedro Ferrándiz |
1973−1974 | 15 | 28 | Real Madrid | 55 | FC Barcelona | 46 | John Coughran | YMCA | 888 | Pedro Ferrándiz |
1974−1975 | 12 | 22 | Real Madrid | 40 | FC Barcelona | 38 | Ray Price | Baskonia | 708 | Pedro Ferrándiz |
1975−1976 | 12 | 32 | Real Madrid | 58 | FC Barcelona | 46 | Bob Fullarton | Breogán | 968 | Lolo Sainz |
1976−1977 | 12 | 22 | Real Madrid | 42 | FC Barcelona | 41 | Robert Guyette | Barcelona | 703 | Lolo Sainz |
1977−1978 | 12 | 22 | Joventut | 40 | Real Madrid | 38 | Essie Hollis | Askatuak | 862 | Antoni Serra Illas |
1978−1979 | 12 | 22 | Real Madrid | 40 | FC Barcelona | 34 | Webb Williams | Baskonia | 735 | Lolo Sainz |
1979−1980 | 12 | 22 | Real Madrid | 40 | FC Barcelona | 38 | Nate Davis | Valladolid | 654 | Lolo Sainz |
1980−1981 | 14 | 26 | FC Barcelona | 40 | Estudiantes | 38 | Essie Hollis | Granollers | 599 | Antoni Serra Illas |
1981−1982 | 14 | 26 | Real Madrid | 50 | FC Barcelona | 48 | Larry McNeil | Canarias | 890 | Lolo Sainz |
1982−1983 | 14 | 26 | FC Barcelona | 50 | Real Madrid | 50 | Claude Gregory | Baskonia | 773 | Antoni Serra Illas |
Equipo | Campión | Subcampión |
---|---|---|
Real Madrid | 22 | 4 |
FC Barcelona | 3 | 9 |
Joventut | 2 | 6 |
Picadero JC | 0 | 4 |
Estudiantes | 0 | 3 |
Orillo Verde | 0 | 1 |
Ano | Xogador | Club | Puntos |
---|---|---|---|
Alfonso Martínez | Real Madrid | ||
Alfonso Martínez (2) | Real Madrid | ||
1958–59 | Johnny Báez | Real Madrid | |
1959–60 | Alfonso Martínez (3) | C.F. Barcelona | |
1960–61 | Francisco Llobet Serra | Orillo Verde | |
1961–62 | Wayne Hightower | Real Madrid | |
1962–63 | Emiliano Rodríguez | Real Madrid | |
1963–64 | Emiliano Rodríguez (2) | Real Madrid | |
1964–65 | Lorenzo Alocén | Helios | |
1965–66 | Miles Aiken | Águilas Bilbao | |
1966–67 | Alfonso Martínez (4) | Joventut | |
1967–68 | Clifford Luyk | Real Madrid | |
1968–69 | Charles Thomas | San José Irpen | |
1969–70 | Charles Thomas (2) | San José Irpen | |
1970–71 | Alfredo Pérez | Breogán | |
1971–72 | Gonzalo Sagi-Vela | Estudiantes | |
1972–73 | Alfredo Pérez (2) | Breogán | |
1973–74 | John Coughran | YMCA | |
1974–75 | Ray Price | Baskonia | |
1975–76 | Bob Fullarton | Breogán | |
1976–77 | Bob Guyette | Barcelona | |
1977–78 | Essie Hollis | Askatuak | |
1978–79 | Webb Williams | Basconia | |
1979–80 | Nate Davis | Valladolid | |
1980–81 | Lars Hansen | OAR Ferrol | |
1981–82 | Larry McNeill | Canarias | |
1982–83 | Claude Gregory | Basconia |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.