Liga Española de Baloncesto 1957

From Wikipedia, the free encyclopedia

A temporada 1957 da Primeira Divisón, celebrada entre o 31 de marzo e o 19 de maio de 1957, foi a primeira campaña da Liga Española de Baloncesto. O ano anterior, a Federación Española de Baloncesto estudou a posibilidade de crear un campionato nacional cos mellores equipos das ligas rexionais de Cataluña e Castela, que convivise coa única competición nacional até ese momento, a Copa do Generalísimo. Participaron seis equipos, e o gañador disputaría ao ano seguinte a Copa de Europa.

Datos rápidos Tipo, Organizador ...
Liga Española de Baloncesto 1957
TipoLiga Española de Baloncesto
OrganizadorLiga Española de Baloncesto
Número de participantes6
Localización  e  Datas
PaísEspaña
Data1957

1958
Pechar

Participaron na competición seis equipos, que xogaron entre si unha liga de todos contra todos con ida e volta. Os primeiro campión, o Real Madrid, gañou a súa participación na Copa de Europa. Por outra banda, ningún dos seis equipos perdeu a categoría, xa que a competición foi ampliada na seguinte edición coa incorporación de catro novos equipos. O máximo anotador foi Alfonso Martínez do Real Madrid.[1]

Equipos

Os seguintes son os equipos que competiron na primeira edición da Primeira Divisón.

Clasificación

Máis información Pos, Equipo ...
Pos Equipo PX G P PF PC DP Pts. Clasificación ou descenso
1 Real Madrid (C) 10 7 3 706 593 +113 17 Copa de Europa
2 CF Barcelona 10 7 3 547 514 +33 17
3 Orillo Verde Sabadell 10 6 4 593 600 7 16
4 CB Aismalíbar Montcada 10 5 5 536 526 +10 15
5 Estudiantes 10 3 7 585 662 77 13
6 C. Juventud 10 2 8 520 592 72 12
Pechar
Fonte: Linguasport
(C) Campión

Resultados

Máis información Local \ Visitante, JUV ...
Local \ Visitante JUV AIS BAR EST ORI RMA
C. Juventud 40–53 38–42 62–69 65–50 49–80
CB Aismalíbar Montcada 43–47 45–43 65–46 49–56 65–58
CF Barcelona 52–39 59–52 58–53 48–55 60–50
Estudiantes 78–74 48–74 50–59 61–79 68–63
Orillo Verde Sabadell 53–45 56–49 59–71 52–51 73–75
Real Madrid 72–61 73–41 73–55 76–61 86–60
Pechar
Fonte: Linguasport
Lenda: azul = vitoria do equipo local; vermello = vitoria do equipo visitante.

Líderes estatísticos

Puntos

Máis información Posto, Xogador ...
Posto Xogador País Equipo Puntos
1Alfonso Martínez EspañaReal Madrid180
2José María Soro EspañaOrillo Verde Sabadell176
3Joaquín Hernández EspañaReal Madrid162
4Jorge Bonareu EspañaCF Barcelona134
5Leopoldo Codina EspañaEstudiantes132
6Antonio Díaz-Miguel EspañaEstudiantes126
7José Brunet EspañaC. Juventud124
8Joaquín Enseñat EspañaC. Juventud124
9Juan Navarro EspañaCB Aismalíbar Montcada118
10Andrés Oller EspañaOrillo Verde Sabadell118
Pechar

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.