activista climática india From Wikipedia, the free encyclopedia
Licypriya Kangujam, nada en Bashikhong, Manipur, o 2 de outubro de 2011, é unha activista ambiental india. En 2019, recibiu o International Children's Peace Prize, a India Peace Prize e o Dr. A. P. J. Abdul Kalam Children’s Award.[1][2][3][4] Ese mesmo ano, foi elixida como activista ambiental xunto con Greta Thunberg e Jamie Margolin no Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento, no que se destacou aos mozos que loitan contra o cambio climático.[5] The Times of India declarou que era a activista climática máis nova da India.[6]
(2019) | |
Nome orixinal | (en) Licypriya Kangujam (mni) Licypriya Kangujam |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 2 de outubro de 2011 (13 anos) Imphal East district, India (en) |
Actividade | |
Ocupación | ecoloxista, activista climática, escolar |
Período de actividade | 2018 - |
Familia | |
Parentes | Chinglensana Singh, tío |
Kangujam é a filla máis vella de Bidyarani Devi Kangujam Ongbi e de K. K. Singh, e comezou a alzar a súa voz para combater o cambio climático e a redución do risco de desastres ambientais cando tiña sete anos. En xuño de 2019, protestou ante o Parlamento da India dirixíndose ó Primeiro Ministro, Narendra Modi, para que promulgara a lei sobre o cambio climático na India.[7][8][9][10]
En 2018, Licypriya asistiu a unha conferencia de desastres da ONU en Mongolia xunto con seu pai. Isto inspirouna a involucrarse no activismo. Nun artigo de BBC News, afirmou: "Recibín moita inspiración e novos coñecementos das persoas que pronunciaban discursos. Foi un evento que me cambiou a vida". Licypriya fundou o "Movemento Infantil" pouco despois do evento para crear conciencia sobre a protección do planeta amosando o cambio climático e os desastres naturais.[11]
Licypriya doou os seus aforros de 100.000 rupias ó Ministro Principal de Kerala Pinarayi Vijayan o 24 de agosto de 2018 para axudar ós nenos vítimas das inundacións de Kerala. Dous anos máis tarde recibiu a carta de recoñecemento do Goberno de Kerala.[12]
A doazón de Licypriya ó Ministro Principal apoiou o seu traballo para protexer ós nenos afectados polas inundacións. Ella sentiu que a súa pequena contribución axudaría a facer unha diferenza para os nenos durante os momentos difíciles.
Kangujam visitou Angola do 14 ó 24 de setembro de 2019 e comezou unha folga climática con máis de 50.000 nenos e mozos na cidade de Luanda, chamando a atención dos líderes mundiais para que tomaran medidas inmediatas para salvar o seu futuro.[13][14][15] Asistiu ó Foro de Asociados da Unesco 2019 (Bienal de Luanda) invitada pola Unesco a Unión Africana e o Goberno de Angola. Realizou unha intervención sobre o cambio climático dirixíndose ós presidentes de Angola, João Lourenço, de Malí, Ibrahim Boubacar Keïta, de Malaui, Hage Geingob, da República do Congo, Denis Sassou-Nguesso, así como ás Primeiras Damas de Angola, Ana Dias Lourenço, de Namibia, Monica Geingos, ó Premio Nobel da Paz de 2018 Denis Mukwege, á Directora Xeral da Unesco Audrey Azoulay, ó Viceprimeiro Ministro de Guinea, Francois Fall e a todos os Ministros de Cultura de África.[16][17][18][19][20]
O 21 de outubro de 2019, Kangujam iniciou a "Gran marcha de outubro de 2019" en Nova Deli, con miles dos seus seguidores. Esta mobilización levouse a cabo do 21 ó 27 de outubro en varios lugares para solicitar unha acción inmediata sobre ocambio climático e para promulgar a lei climática na India. Outra protesta tivo lugar en Paralakhemundi, Gajapati, co apoio de máis de 12.000 persoas da localidade. Nunha entrevista co xornal Pragativadi, Kangujam declarou:
"Até hoxe, só 5 países (Nova Zelandia, Australia, Reino Unido, México e Perú) teñen a súa lexislación sobre cambio climático, pero o 98% aínda non, isto inclúe á India. Estamos a marchar para pedir ós líderes mundiais que promulguen canto antes unha lei sobre o clima que regule as emisións de gases de efecto invernadoiro para salvar o noso planeta e o noso futuro.
Ademais, sinalou que, a diferenza doutros países desenvolvidos, as zonas rurais da India xa se viron afectadas polo cambio climático, principalmente a industria agrícola, porque a India está menos preparada para facer fronte ós danos climáticos. Tamén agregou que debido ó rápido aumento dos desastres climáticos e á diminución da produción agrícola, os nenos e os traballadores deixaron de ir á escola e de traballar.[21]
O 4 de outubro de 2019, Kangujam presentou un dispositivo simbólico chamado SUKIFU (Survival Kit for the Future) para frear a contaminación do aire. SUKIFU é un kit de baixo orzamento deseñado a partir de elementos de refugallo para proporcionar aire fresco ao noso corpo cando o índice de contaminación é alto. Esta planta colocada nunha especie de mochila transparente é un recoñecemento do Movemento Verde contra a contaminación do aire. Calquera pode construílo en casa para insuflar aire fresco directamente nos nosos pulmóns. Presentouno ante a Asemblea Lexislativa do Punxab e Haryana como símbolo antes da cerimonia de toma de xuramento dos MLAs e Ministros recentemente elixidos de Haryana. Chamou a atención dos líderes para atopar unha solución urxente para a actual crise de contaminación do aire en Delhi e a Rexión da Capital Nacional (NCR).[22][23][24][25]
En 2019, Kangujam recibiu o Dr. A. P. J. Abdul Kalam Children’s Award da Fundación Khwaad. O mesmo ano, foi recoñecida coa India Peace Prize xunto con Gaur Gopal Das e Dinesh Subasinghe do Comité Internacional da Mocidade no Cume Mundial da Mocidade. Tamén recibiu o International Children's Peace Prize do Institute for Economics and Peace (IEP). O 2 de outubro, foille entregado o título "Rising Star" pola rede do Día da Terra con sede en Washington D. C., Estados Unidos.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.