editorial estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Krause Publications é unha compañía editora estadounidense especializada na publicación de libros e revistas sobre hobbies e coleccionismo.
Krause Publications | |
---|---|
Tipo | Editorial |
Fundación | 1952 |
Localización | Stevens Point. Wisconsin Estados Unidos |
Fundador | Chester L. Krause |
Industria | Cultural |
Produtos | Libros e revistas. |
Na rede | |
http://www.krause.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Desde abril de 2018 ten a súa sede en Stevens Point, Wisconsin.[1]
A compañía foi fundada orixinariamente en Iola, Wisconsin, por Chester L. Krause (1923-2016), logo da publicación en outubro de 1952 do primeiro número da revista de actualidade numismática Numismatic News.[2][3][4]
Na comunidade internacional de coleccionistas de moedas, a editorial é moi coñecida polo seu Standard Catalog of World Coins, unha serie de catálogos de moedas de todo o mundo con informacións, prezos, graos de rareza, fotografías e unha numeración estandarizada de cada modelo (numeración Krause-Mishler –KM–, chamada así polos apelidos do editor e do antigo empregado Clifford Mishler), recoñecida internacionalmente.[5] A primeira edición desta serie publicouse en 1972.[6]
Krause Publications estableceu tamén o Premio Moeda do Ano (Coin of the Year Award) á excelencia no deseño, outorgado por primeira vez en 1984.[7]
Os coleccionistas de billetes válense do catálogo de billetes do mundo Standard Catalog of World Paper Money, publicado desde 1975 e redactado por Albert Pick. Do mesmo xeito que no caso das moedas, o sistema de numeración Pick utilízase internacionalmente para a numeración dos billetes.[8]
En 1997, Krause adquiriu os títulos que publicaba a editora Chilton Company, de Boston, agás os manuais de automoción.[9] En xuño de 2002, Krause foi adquirida por F+W (daquela chamada F&W Publications), que mantivo a marca Krause Publications.[10] Naquel momento, Krause Publications editaba 46 publicacións periódicas e levaba case 750 libros impresos.[11]
En xuño de 2019 vendéronse en poxas concursais os activos de F+W, e os títulos e a propia marca Krause Publications foron adquiridos por Penguin Random House,[12] en tanto que as revistas quedaron dispersas entre varios propietarios.[13] Por exemplo, a revista Numismatic News foi comprada polo grupo Active Interest Media.[14]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.