especie de planta From Wikipedia, the free encyclopedia
Koelreuteria paniculata é unha especie de planta arbórea da familia Sapindaceae, orixinaria de Asia Oriental, en particular de China e Corea.[1] [2] [3]
Koelreuteria paniculata | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Follas e floración | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
''Koelreuteria paniculata'' Laxm., 1772 |
É unha árbore caducifolia de tamaño pequeno ou mediano que alcanza os 7 m de altura, cunha copa ancha en forma de cúpula. As follas son pinnadas, de 15-40 cm de lonxitude, raramente de ata 50 cm, con 7-15 folíolos de 3-8 cm de longo, cunha marxe bilobulada.
As flores son amarelas, con catro pétalos organizados asimétricamente cunha mancha vermella-laranxa na base, que medran nunha gran panícula terminal de 20-40 cm de lonxitude. O froito é unha cápsula de 3-6 cm de longo e 2-4 cm, verde e que se volve rosa-laranxa ao madurar no outono; contén varias sementes de cor marrón escura a negra de 5-8 mm de diámetro.
Cultívase popularmente como árbore ornamental en rexións temperadas do mundo polo aspecto estético das súas flores, follas e vainas de sementes. Seleccionáronse varios cultivares para plantar no xardín, incluíndo "Fastigiata" cunha coroa estreita e "Gold September", que florece a finais do verán.
Esta planta gañou o premio ao mérito do xardín da Royal Horticultural Society.[4]
As sementes son comestíbeis cando se asan, pero non se comen habitualmente.
Nalgunhas áreas, sobre todo o leste dos Estados Unidos e particularmente Florida, considérase unha especie invasora.
Koelreuteria paniculata foi descrita por Erich Laxmann e publicada en Novi Commentarii Academiae Scientiarum Imperalis Petropolitanae 16: 563–564, f. 1. 1772. [5]
Koelreuteria - Foi o nome xenérico dado en homenaxe a Joseph Gottlieb Kölreuter (1733–1806 ), un botánico, médico, profesor de Historia Natural e director do Xardín Botánico de Karslruhe.[6] A letra -o- con umlaut (os dous puntos similares á diérese) transcríbese -oe- (Koelreuter = Kölreuter). En portugués o nome pasou a Coreutéria.
paniculata : epíteto latino que significa "con panículas".[7]
Todas as variedades e outros taxons infraespecíficos descritos son sinónimos da especie.
Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.