Arrecife Kingman

From Wikipedia, the free encyclopedia

Arrecife Kingmanmap

O Kingman Reef, en galego: Arrecife Kingman, é un pequeno arrecife de coral tropical de 1 km² de superficie, situado ao norte do océano Pacífico, aproximadamente a medio camiño entre Hawai e Samoa Americana, ó redor de 920 millas náuticas ao sur de Honolulu. (6°24' N, 162°24' O). Forma parte do conxunto das Illas da Liña.

Datos rápidos Tipo, Epónimo ...
Arrecife Kingman
(en) Kingman Reef
Imaxe
Tipoespazo natural protexido
Área insular dos Estados Unidos
Arrecife de coral
EpónimoW. E. Kingman (en)
Descubridor ou inventorEdmund Fanning (en)
Parte deIllas da Liña
Situado na entidade xeográficaPolinesia
Localización
División administrativaIllas ultramarinas dos Estados Unidos, Estados Unidos de América
LocalizaciónOcéano Pacífico
 6°23′00″N 162°25′00″O
Bañado porOcéano Pacífico
Características
Altitude1 m
Punto máis baixoOcéano Pacífico  (0 m )
Punto máis altovalor descoñecido  (1,5 m )
Superficieterra: 0,012 km²
Categoría Ia da UICN: reserva natural estrita
World Database on Protected Areas
Identificador 300045
Historia
Data de creación ou fundación1860
Cronoloxía
14 de xuño de 1798 primeiro avistamento, ⇒ Edmund Fanning (en)
29 de novembro de 1853 Descrición
10 de maio de 1922 Anexión
Data de descuberta ou invención1798
Actividade
OperadorUnited States Fish and Wildlife Service (pt)
Pechar

En 1789 foi descuberto polo capitán do navio Betsey, Edmund Fanning, que estivo a piques de encallar. A posición foi fixada en 1853, polo norteamericano W.E. Kingman do Shooting Star, que deixou o seu nome, aínda que tamén foi coñecida como Danger Rock.

É a fronteira norte da liña de illas do Pacífico e un territorio non incorporado dos Estados Unidos administrado en Washington, D.C. pola Armada dos Estados Unidos, anexado en 1922. O arrecife está pechado ao público, xa que as autoridades norteamericanas non permiten a visita deste territorio.

Ás veces, a súa franxa costeira pode chegar a tres quilómetros de circunferencia, con todo o punto máis alto do arrecife é dun metro sobre o nivel do mar, polo que o arrecife se atopa case permanentemente mollado ou alagado o que supón un gran risco para o tráfico marítimo. Non ten recursos naturais, está deshabitado e non xera ningún tipo de actividade económica. O arrecife contén unha profunda lagoa interior que foi usada en 1937 e 1938 como unha estación intermedia entre Hawai e a Samoa Americana polos hidroavións da aeroliña Pan Am. A finais dos anos 30, Pan American planeou ancorar un hotel flotante en Kingman e usar o arrecife como unha parada para os seus hidroavións no seu camiño cara a Nova Zelandia pero a idea foi abandonada.

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.