A anexión é un proceso, xeralmente violento, polo cal un país se apodera doutro, trasladando ou integrando todas ou parte das súas institucións, especialmente as Forzas Armadas e de Policía que poidan ter e os seus órganos de política internacional (embaixadas, consulados, representacións ante institucións internacionais), nos casos en que o país anexionado sexa un estado independente.
Pese a que as anexións non adoitan seren desexadas pola clase dirixente do país anexionado, que xeralmente perden todo ou parte do seu poder, si poden ser desexadas pola maioría da poboación. Tamén hai casos nos que ocorre o contrario, así como outros nos que nin a clase dirixente, nin a poboación, está de acordo coa anexión.
Casos
Resulta difícil dar exemplos de anexións, pois non adoitan ser un termo co que o goberno se sinta cómodo; pero algúns casos si están claros, incluso baixo resolucións da ONU. Casos de anexiones son:
- Bosnia e Hercegovina polo Imperio Austrohúngaro en 1908. O Congreso de Berlín de 1878, despois da Guerra ruso-turca de 1877-1878, outorgou en 1878 a administración do país ao Imperio Austrohúngaro, que en 1908 o anexionaría, formando parte deste ata a súa disolución en 1918, tras o final da primeira guerra mundial, no que pasou a formar parte do Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos.[1]
- O Anschluss [2] que supuxo a anexión de Austria á Alemaña nazi en 1938 como unha provincia do III Reich, pasando de Österreich a Ostmark (Marca do Leste).
- Tíbet pola China en 1950.[3]
- Vietnam do Sur por Vietnam do Norte en 1975.
- Kuwait por Iraq en 1990. Posteriormente Kuwait recuperaría a súa independencia tras a Guerra do Golfo.
Outros casos non tan claros constitúenos:
- O Sáhara Occidental por Marrocos en 1975, onde o Sáhara Occidental (As-Ṣaḥarā' al-Ġarbiyya) non chegou a ser unha nación independente, pese a estar previsto un referendo para tal fin. Cando foi ocupado por Marrocos e Mauritania, proclamouse a República Árabe Saharauí Democrática (Al-Jumhūrīya al-Arabīya as-Saharāwīya ad-Dīmuqrātīya), con goberno no exilio.[4][5]
- Os Territorios Palestinos por Israel (Galilea), Exipto (a Franxa de Gaza) e Xordania (Cisxordania) durante o transcurso da Guerra árabe-israelí de 1948. Foi máis bien unha repartición, máis que unha anexión pouco clara: Palestina non chegou a ser unha nación independente pois a Liga Árabe pospuxo a súa independencia até a destrución de Israel e a súa desaparición como estado independente. A derrota árabe na citada guerra o impediu.[6]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.