rama das Forzas Armadas dos Estados Unidos From Wikipedia, the free encyclopedia
A Armada dos Estados Unidos (en inglés United States Navy) é unha rama das Forzas Armadas dos Estados Unidos.
Armada dos Estados Unidos de América | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
United States Navy | |||||||||||||||||
Activa | 13 de outubro de 1775 (249 anos) | ||||||||||||||||
País | Estados Unidos | ||||||||||||||||
Fidelidade | Departamento da Armada dos Estados Unidos do Departamento de Defensa dos Estados Unidos. | ||||||||||||||||
Tipo | Naval | ||||||||||||||||
Tamaño | 325 673 persoas 98 481 reservistas | ||||||||||||||||
Alcume(s) | USN | ||||||||||||||||
Lema(s) | (non oficial) Non sibi sed patriae (latín) Not self but country (inglés) Non son eu mesmo, senón o país (galego) "Honra, Coraxe, Compromiso" | ||||||||||||||||
Cores | Azul e Ouro
| ||||||||||||||||
Marcha | Anchors Aweigh (axuda · info) | ||||||||||||||||
Equipamento | 284 buques 480 navíos | ||||||||||||||||
Páxina web | http://www.navy.mil | ||||||||||||||||
Comandantes | |||||||||||||||||
Comandante xeral | Presidente Donald Trump | ||||||||||||||||
Insignias | |||||||||||||||||
Bandeira da Armada dos Estados Unidos | |||||||||||||||||
Primeira bandeira da armada estadounidense. | |||||||||||||||||
Aeronaves utilizadas | |||||||||||||||||
+3 700 aeronaves (U.S. Navy opera 2 623 aeronaves e U.S. Marine Corps opera 1 304 aeronaves) |
Comezou chamándose Continental Navy (Armada Continental, 13 de outubro de 1775). Durante a guerra de independencia americana os barcos baixo mando continental facían labores costeiras de ataque a mercantes británicos debido á carencia de medios e capacidades para enfrontarse á mariña de guerra británica, a maior do mundo na época. Nesa guerra, os EUA chegaron a mandar sobre 50 barcos. Trala contenda, o Congreso licenciou a oficiais e mariñeiros e vendeu as súas naves.
O 27 de marzo de 1794, o Congreso aprobou a construción de seis fragatas para protexe-la súa frota mercante dos ataques piratas. En 1797 o USS Constellation, USS United States e o USS Constitution entraron en servizo. O 30 de abril de 1798 creouse o Departamento da Armada (Navy Department) que faría as funcións de Ministerio da Mariña. Na guerra de 1812 contra os británicos, a reducida frota estadounidense non puido evita-lo bloqueo dos portos occidentais. Nos anos vindeiros non participou en conflitos relevantes de xeito activo.
Na Guerra de Secesión a armada unionista era claramente superior á confederada e estableceu un bloqueo sobre as costas confederadas no golfo de México. Na guerra produciuse o primeiro enfrontamento entre naves acoirazadas de vapor: o USS Monitor e o CSS Virginia.
Non sería ata a década de 1880 que a armada americana comezou a definitiva posta en marcha para ser considerada no escenario mundial e te-las capacidades para proxecta-la influencia política e defende-los intereses nacionais no Caribe e no Pacífico. En 1883 constrúense tres cruceiros de aceiro: USS Boston, USS Atlanta e USS Chicago.
Na guerra hispanoamericana de 1898, os barcos americanos obtiveron unha importante vitoria sobre a España. No novo século Theodore Roosevelt apoiou o investimento en aumenta-lo número de barcos de guerra e contar cunha frota moderna.
Cara a primeira guerra mundial, a Armada dos Estados Unidos tiña unha potencia importante, pero aínda por debaixo da británica ou da alemá. Tralo afundimento do Lusitania, en 1917 os Estados Unidos entran guerra no bando aliado pero a súa armada limítase a funcións de escolta de transporte de soldados e a despregar un campo de minas submarino no Mar do Norte.
Na década de 1920, os Estados Unidos xa contaban con tres portaavións (o USS Langley, o USS Lexington e o USS Saratoga), basicamente acoirazados ós que se engadía unha plataforma para uso de avións.
En 1941 prodúcense os primeiros encontros entre os submarinos alemáns e os barcos americanos. O 16 de abril de 1941 a armada recibe ordes de afundir todo barco alemán que se achegue a 25 millas das costas americanas. O 7 de decembro do mesmo ano, Xapón ataca Pearl Harbor en Hawai e os Estados Unidos entran en guerra (ver ataque a Pearl Harbor).
Tanto no teatro atlántico como no pacífico a armada estadounidense leva a cabo importantes misións entre as que cómpre destacar a Batalla Naval de Guadalcanal (a maior batalla mariña do século XX) e o Desembarco de Normandía, decisivo para abrir unha fronte occidental en Europa.
A segunda guerra mundial rematou cos Estados Unidos como primeira potencia naval e nas décadas posteriores a mariña estabeleceu bases navais estratexicamente situadas en todo o mundo. A capacidade nuclear da arma submarina americana constitúe a máis mortífera ferramenta da chamada contraforza. A aplicación de mísiles balísticos (primeiro os Polaris e logo os Trident) nos submarinos, xunto cos silos en terra e os bombardeiros estratéxicos constitúen o tridente da forza estratéxica dos Estados Unidos.
Tralo fin da guerra fría, a frota americana non deixou de diminuír (en 1988, 588 barcos, en 2005 menos de 300), pero aínda hoxe supera as sete seguintes maiores frotas xuntas, sendo a americana con moito a indisputable primeira potencia naval.
O Comandante en Xefe da mariña de guerra estadounidense e o Presidente dos Estados Unidos. Por debaixo del, a mariña depende do Departamento de Defensa, e á súa vez administrativamente do Secretario de Mariña e operacionalmente dos Mando Unificados de Combate.
A forza operativa naval dos Estados Unidos divídese en sete frotas, cada unha mandada por un vicealmirante. Estas son:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.