enxeñeiro escocés, pioneiro da televisión From Wikipedia, the free encyclopedia
John Logie Baird, nado en Helensburgh o 13 de agosto de 1888 e finado en Bexhill o 14 de xuño de 1946, foi un enxeñeiro e inventor escocés, un dos pioneiros da televisión.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de agosto de 1888 Helensburgh, Reino Unido (pt) |
Morte | 14 de xuño de 1946 (57 anos) Bexhill-on-Sea, Reino Unido |
Causa da morte | morte natural |
Educación | Universidade de Glasgow Universidade de Strathclyde |
Actividade | |
Ocupación | inventor, emprendedor, físico, escritor |
Obra | |
Arquivos en |
|
Familia | |
Cónxuxe | Margaret Albu |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
John Logie Baird naceu en Helensburgh, Argyll and Bute (por entón Dunbartonshire). Era o menor dos catro fillos do reverendo John Baird, un ministro da Igrexa de Escocia na igrexa local de St Bride, e de Jessie Morrison Inglis, sobriña orfa dunha rica familia de construtores navais de Glasgow. Estudou na Academia Larchfield (arestora parte da Escola Lomond), en Helensburgh, na Escola Técnica de Glasgow, e o oeste de Escocia (que máis tarde se convertería na Universidade de Strathclyde), e na Universidade de Glasgow.
Baird nos primeiros intentos de desenvolver un sistema de televisión experimentou, mellorándoo, co disco de Nipkow, un disco que servía de mecanismo para proxectar a luz reflectida por un obxecto sobre unha serie de células de selenio que enviaban os impulsos eléctricos correspondentes a través dun cable. En febreiro de 1924 transmitiu imaxes estáticas a través dun sistema mecánico de televisión analóxica. O 30 de outubro de 1925 transmitiu as primeiras imaxes en movemento, tamén foi el o que realizou a que se considera a primeira[1] demostración pública dun sistema real de televisión o 26 de xaneiro de 1926. Tamén foi un dos pioneiros da gravación videográfica[2][3]. En 1927 fundou a Baird Television Development Company coa que en 1928 fixo a primeira transmisión transatlántica de televisión, entre Londres e Nova York e fixo o primeiro programa de televisión para a BBC. En 1931 realizou a primeira transmisión en directo, o derbi de Epsom.
Dende 1929 BBC empregou o sistema de 240 liñas de varrido mecánico para a transmisión dos seus programas ata 1937 en que o substituíu por un electrónico. Durante os anos da segunda guerra mundial traballou no desenvolvemento da televisión en cor, e o 16 de agosto de 1942 realizou a primeira demostración pública dun tubo electrónico en cor.[4]
Faleceu en Bexhill-on-Sea (East Sussex, Inglaterra) o 14 de xuño de 1946, por mor dun accidente cerebrovascular,[5] e foi soterrado coa súa nai, o seu pai e a súa esposa no cemiterio de Helensburgh.[6]
A súa casa foi derruida no ano 2007, e o sitio arestora ten apartamentos que se coñecen co nome Baird Court.[5]
Algúns dos primeiros inventos de Baird non tiveron moito éxito. Aos vinte anos intentou crear diamantes quentando grafito. Máis tarde, Baird inventou unha maquiniña de afeitar de vidro, que era resistente á oxidación, pero rompía. Inspirado nas rodas pneumáticas, intentou fabricar zapatos pneumáticos, pero o seu prototipo contiña globos semi-inflados, que estalaron (anos máis tarde esta mesma idea foi adoptada con éxito para as botas Dr. Martens). Tamén inventou un calcetín térmico (o calcetín Baird), que tivo un éxito moderado. Baird sufría de pés fríos e, após varias probas, descubriu que unha capa extra de algodón dentro do calcetín proporcionaba calor.[7]
Entre 1926 e 1928, intentou desenvolver un primeiro dispositivo de gravación de vídeo, que bautizou como Phonovision.[8] O sistema consistía nun gran disco de exploración Nipkow unido por unha ligazón mecánica a un torno de corte de discos. O resultado era un disco que podía gravar un sinal de vídeo de 30 liñas. As dificultades técnicas do sistema impediron o seu desenvolvemento posterior, pero consérvanse algúns dos discos orixinais de Phonovision.[9][10]
Outros desenvolvementos de Baird foron en fibra óptica, radiogoniometría, infravermellos, visión nocturna e radar. Discútese a súa contribución exacta ao desenvolvemento do radar, xa que os seus proxectos de defensa en tempos de guerra nunca foron recoñecidos oficialmente polo goberno británico. Segundo Malcolm Baird, o seu fillo, o que se sabe é que en 1926 Baird presentou unha patente para un dispositivo que formaba imaxes a partir das ondas de radio reflectidas, un dispositivo notabelmente similar ao radar, e que mantiña correspondencia co goberno británico naquela época.[11] A contribución do radar está en disputa. Segundo algúns expertos, a "Noctovision" de Baird non é un radar. A diferenza do radar (agás o radar Doppler), a Noctovision é incapaz de determinar a distancia ao suxeito escaneado. A Noctovision tampouco pode determinar as coordenadas do suxeito no espazo tridimensional.[12]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.