futbolista español From Wikipedia, the free encyclopedia
Jesé Rodríguez Ruiz nado nas Palmas de Gran Canaria (España), o 26 de febreiro de 1993. É un xogador profesional de fútbol que xoga cedido no Real Betis Balompié da Liga Santander de España.
(2012) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 26 de febreiro de 1993 (31 anos) As Palmas de Gran Canaria, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Outros nomes | Jesé Rodríguez | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 178 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 73 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, rapeiro, político | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 16 de xaneiro de 2011 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Instrumento | Voz | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Premier League | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Extremo esquerdo e dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 20 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Os seus inicios como xogador iniciáronse na canteira do Real Madrid dende a categoría infantil até o seu equipo filial. Con este último disputou dúas temporadas. O seu debut co primeiro equipo nun partido oficial chegaría o 13 de decembro de 2011 con só 18 anos,[1] polo que na temporada seguinte pasaría a formar parte da escuadra do primeiro equipo do club.[2] No verán de 2016, Jesé é traspasado ó París Saint-Germain por unha cantidade de 25 millóns de euros.[3] Entre xaneiro e xuño do 2017, o xogador foi cedido polo club francés á U.D. Las Palmas.
Como futbolista internacional español, recaeu en todas as categorías base da Selección Española, nesta disputou un total de 36 partidos e anotou 16 goles. Tamén logrou o segundo posto no campionato europeo sub-17 e proclamouse campión de Europa sub-19 no 2012.
Jesé deu os seus primeiros pasos futbolísticos na súa cidade natal, nunha academia de Veteranos do Pilar Club de Fútbol e na Asociación Deportiva Huracán antes de iniciar o seu camiño nas categorías base do Real Madrid Club de Fútbol. Ingresou no club branco no ano 2007 con 14 anos, progresando en liña ascendente até chegar ó primeiro equipo xuvenil.
Na temporada comprendida entre o ano 2010/11, Jesé anotou 18 goles, valéndolle isto para ascender de forma directa ó Real Madrid Castilla Club de Fútbol, filial do club, consagrándose como unha das grandes promesas da canteira branca.
Sendo aínda xuvenil, o 16 de xaneiro de 2011 debutou co Real Madrid Castilla Club de Fútbol na 2.ª División "B" ,cunha vitoria por 5-0 contra a Universidade das Palmas C.F. Despois dunha temporada co Real Madrid Xuvenil, onde anotou 17 goles, ascendeu ó primeiro equipo filial.
Jesé anotou o seu primeiro gol oficial no Castilla o 2 de outubro de 2011 contra La Roda C.F., tras unha asistencia de Álvaro Morata, converténdose nunha peza clave do equipo que remataría en terceira posición e clasificándose para xogar a promoción de ascenso a Segunda División despois de levar 4 anos en 2ºB sen lograr o cometido. Nesta, o equipo foi eliminado polo C.D Alcoyano, tras perder por 0-2 no Estadio Santiago Bernabéu e empatar a dous goles no partido de volta disputado en Alcoi.
A temporada seguinte, logrou o ascenso a Segunda División despois de 5 anos, tras vencer por unha goleada ó Cádiz C.F. Na ida o equipo branco logrou unha vitoria por 0-3, completándose no partido de volta no Estadio Alfredo Di Stéfano con outro triunfo por 5-1.
Na temporada 2012/13 debutou na Segunda División na primeira xornada fronte ó Villarreal C.F.. Jesé rematou a temporada con 22 tantos. Así, converteuse no máximo goleador da historia do filial branco, anotando un gol máis que Emilio Butragueño na campaña 1983/84.
No verán do 2011, o xogador realizou a pretemporada co primeiro equipo, asistindo á xira americana e xogando contra Los Ángeles Galaxy.
O debut en partido oficial tivo lugar con José Mourinho de adestrador en decembro dese mesmo ano, na Copa do Rei ante a Sociedade Deportiva Ponferradina en Ponferrada. Entrou ó terreo de xogo no minuto 77' substituíndo a Cristiano Ronaldo. Seis días antes do seu debut, foi convocado por primeira vez nun partido oficial co primeiro equipo, para un partido de Liga de Campións contra o Amsterdamsche Football Club Ajax, pero non chegou a disputar ningún minuto.
O 24 de marzo de 2012 debutou en Liga, xogando os últimos dez minutos fronte a Real Sociedad que rematou cunha vitoria por 5-1.
En xulio de 2013, Jesé renovou co primeiro equipo por catro temporadas pasando a ser membro en todos os aspectos del.
. Como tal, o 22 de agosto anotou os seus primeiros goles ante o Al-Sadd Sports Club, nun partido homenaxe a Raúl González Blanco polo Trofeo Santiago Bernabéu.
O 2 de outubro de 2013, debutou como local na Liga de Campións da UEFA nun partido ante o Football Club København. Entrou substituíndo a Karim Benzema nun partido que rematou co triunfo madrileño por 4-0.
O primeiro gol oficial co Real Madrid foi o 26 de outubro de 2013 no Camp Nou fronte ó Fútbol Club Barcelona. O xogador branco fixo gañar ó seu equipo por 1-2.
O 18 de marzo de 2014, sufriu no inicio dun partido de Champións unha rotura completa de ligamento cruzado anterior do seu xeonllo dereito que o apartou dos terreos de xogo durante 8 meses. O seu regreso foi o 2 de decembro na Copa do Rei fronte á Unió Esportiva Córnellà, anotando un dos cinco goles.
O 8 de agosto de 2016, Jesé uniuse ó París Saint Germain Football Club por un contrato de cinco anos. O seu primeiro tanto co conxunto parisiense anotouno dende o punto de penalti, o 19 de novembro na vitoria por 2-0 sobre o Football Club de Nantes. Con moi pouca participación no PSG, Unai Emery, o adestrador, anunciaba a saída do xogador no mercado de inverno.
Tras numerosas ofertas, recaeu na UD Las Palmas, club da súa cidade natal, por desexo del. Chegou ó club canario cedido até xuño de 2017. O 5 de marzo marca os seus primeiros goles co club fronte ó Osasuna. En xuño de 2017, a directiva decide prescindir del para a temporada seguinte debido ó seu "baixo rendemento". Así pois, volveu á disciplina do PSG.
O 18 de agosto de 2017 foi cedido por unha temporada ó Stoke City. O 1 de maio de 2018 o club inglés daba por finalizada dita cesión tras só 13 partidos e un gol debido ós reiterados permisos que concederon ó xogador a causa da enfermidade do seu fillo máis pequeno.
O 29 de xaneiro fíxose oficial a súa fichaxe polo Real Betis Balompié en calidade de cedido. O 10 de marzo de 2019, con esforzo e dedicación, conseguiu o seu primeiro gol, dándolle os tres puntos ó Real Betis ante o Celta de Vigo en Balaídos.
Jesé debutou coa Selección sub-16 en 2009. Un ano máis trade coa sub-17, alcanzou a final no Europeo da UEFA onde quedou subcampión.
Coa Selección sub-19 proclamouse campión do Europeo de 2012 de Estonia. Foi nomeado mellor xogador da final e fíxose coa Bota de ouro do campionato con cinco goles. O primeiro deles anotouno ante Grecia na fase de grupos, un triplete ante Portugal e o quinto, o decisivo gol que lle deu a vitoria ó combinado español na final fronte a Grecia.
Durante o verán de 2013, o xogador formou parte da Selección sub-21 no Mundial celebrado en Turquía. Na fase de grupos foi un dos máis destacados e a maiores anotando dous tantos. Rematou o campionato con cinco goles polo que recibiu a Bota de bronce do torneo.
As súas actuacións servíronlle para ser convocado coa sub-21, debutando o 5 de setembro de 2013 fronte á selección austríaca. O xogador foi o autor do sexto gol do equipo na vitoria por 2-6 para a clasificación da Eurocopa sub-21 de 2015 na República Checa, competición que non se disputou ó non lograr o pase á fase final.
Coincidindo co seu mellor momento profesional, especulouse coa súa posible convocatoria coa Selección Española en 2014. Porén, unha lesión impediu que se producise dita citación.
Título | Club | País | Ano |
---|---|---|---|
Segunda División “B” | Real Madrid Castilla | España | 2012 |
Copa de Campión de Segunda B | Real Madrid Castilla | España | 2012 |
Liga de España | Real Madrid C.F. | España | 2012 |
Supercopa de España | Real Madrid C.F. | España | 2012 |
Copa do Rei | Real Madrid C.F. | España | 2014 |
Copa da Liga de Francia | París Saint-Germain | Francia | 2017 |
Supercopa de Francia | París Saint-Germain | Francia | 2017 |
Supercopa de Francia | París Saint-Germain | Francia | 2018 |
Título | Selección | Sede | Ano |
---|---|---|---|
Europeo Sub-19 | España (sub-19) | Estonia | 2012 |
Título | Club | Sede | Ano |
Liga de Campións | Real Madrid C.F. | Lisboa | 2014 |
Supercopa de Europa | Real Madrid C.F. | Cardiff | 2014 |
Copa Mundial de Clubs | Real Madrid C.F. | Marrocos | 2014 |
Liga de Campións | Real Madrid C.F. | Milán | 2016 |
Distinción | Anos |
---|---|
Once de Bronce de Fútbol Draft | 2011,2012,2013 |
Once de Ouro de Fútbol Draft | 2014 |
Bota de Ouro da Eurocopa Sub-19 | 2012 |
2º máximo goleador de Segunda Divisón | 2013 |
Trofeo Zarra de Segunda División | 2013 |
Mellor xogador do partido USA-ESP Mundial Sub-20 | 2013 |
Mellor xogador do partido ESP-GHA Mundial Sub-20 | 2013 |
Mellor xogador do partido ESP-FRA Mundial Sub-20 | 2013 |
Bota de Bronce da Copa Mundial de Fútbol Sub-20 | 2013 |
Temporada | Equipo | Partidos | Goles/Partidos | Goles |
---|---|---|---|---|
2018/2019 | Betis | 7 | 0,14 | 1 |
2018/2019 | PSG | 0 | 0 | 0 |
2017/2018 | Stoke City | 13 | 0,08 | 1 |
2017/2018 | PSG | 0 | 0 | 0 |
2016/2017 | Las Palmas | 16 | 0,19 | 3 |
2016/2017 | PSG | 13 | 0,08 | 1 |
2015/2016 | Real Madrid | 38 | 0,16 | 6 |
2014/2015 | Real Madrid | 23 | 0,17 | 4 |
2013/2014 | Real Madrid | 31 | 0,26 | 8 |
2012/2013 | RM Castilla | 38 | 0,58 | 22 |
2012/2013 | Real Madrid | 0 | 0 | 0 |
2011/2012 | RM Castilla | 39 | 0,26 | 10 |
2011/2012 | Real Madrid | 2 | 0 | 0 |
2010/2011 | RM Castillas | 3 | 0 | 0 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.