rede social de internet From Wikipedia, the free encyclopedia
Facebook é unha rede social de Internet fundada o 4 de febreiro de 2004 por Mark Zuckerberg, estudante na Universidade Harvard.
![]() | |||
Nome curto | FB | ||
Tipo | rede social, sitio web, medios sociais, plataforma de contido xerado polo usuario, comunidade en liña e plataforma en liña moi grande | ||
Epónimo | face book (en) | ||
Personalidades | |||
Propietario/a | Meta Platforms | ||
Fundador/a | Mark Zuckerberg, Eduardo Saverin, Dustin Moskovitz e Chris Hughes (pt) | ||
Autor/a | Mark Zuckerberg, Eduardo Saverin, Dustin Moskovitz e Chris Hughes (pt) | ||
Creador/a | Mark Zuckerberg | ||
Operador/a | Meta Platforms | ||
Data | |||
Fundación | 4 de febreiro de 2004 | ||
Acontecementos | |||
2019 | Escândalo de dados Facebook–Cambridge Analytica (pt) | ||
4 de outubro de 2021 | Interrupção do Facebook de 2021 (pt) | ||
2022 | restrição de acesso (pt) Causado por: sanções internacionais durante a Guerra Russo-Ucraniana (pt) | ||
1 de agosto de 2023 – 1 de novembro de 2023 | restrição de acesso (pt) Causado por: Publicidade direcionada (pt) | ||
Premios | |||
| |||
Contacto | |||
Páxina WEB | facebook.com | ||
Redes | |||
[ Wikidata ] |
Características
Nun primeiro momento o acceso estaba limitado aos propios alumnos da universidade pero progresivamente ampliouse a alumnos doutras universidades da Ivy League e posteriormente a calquera estudante universitario, dos institutos e na actualidade calquera persoa maior de 13 anos cunha conta de correo electrónico pode rexistrarse.
A mediados de 2007 publicáronse as versións en francés, alemán e castelán para impulsar a súa expansión fóra de Estados Unidos. Posteriormente traduciuse a outras linguas, como o galego. No ano 2011, Facebook contaba con 750 millóns de membros, e traducións a 70 idiomas.[1]


Historia
Zuckerberg escribiu o software para unha web chamada Facemash o 28 de outubro de 2003 durante o seu segundo ano en Harvard. Segundo The Harvard Crimson, o sitio era comparable a Hot or Not e usaba fotos compiladas de anuarios subidos á rede de nove facultades, colocando dúas delas unha a cada lado e os usuarios tiñan que escoller o individuo máis atractivo[2][3]. Para conseguilo Zuckerberg hackeou a rede informática protexida de Harvard e copiou imaxes privadas. Harvard non tiña un anuario común nesa época pero as diversas facultades tiñan anuarios de alumnos desde mediados da década de 1980. Facemash logrou 450 visitantes e 22.000 fotos vistas nas súas primeiras catro horas en funcionamento.[2][4] Aos poucos días a administración de Harvard eliminou a web e ameazou coa expulsión a Zuckerberg por violar dereitos de propiedade, a privacidade individual e por romper a seguridade da rede da universidade pero esta acabou retirando os cargos..[5] En xaneiro de 2004 Zuckerberg comezou a escribir o código para unha nova web, segundo declaracións súas inspirado nunha editorial de The Harvard Crimson sobre Facemash.[6] e o 4 de febreiro lanzou "Thefacebook", orixinalmente localizado en thefacebook.com.[7]
Seis días despois de lanzar a web, tres alumnos de Harvard (Cameron Winklevoss, Tyler Winklevoss e Divya Narendra) acusaron a Zuckerberg de intencionalmente facelos crer que lles axudaría a crear unha rede social de nome HarvardConnection.com e afirmaron que no canto usaron as súas ideas para construír un produto competidor.[8]
Ao comezo o acceso estaba limitado a estudantes de Harvard e ao mes máis da metade dos estudantes estaban rexistrados no servizo.[9] En marzo de 2004 permitiuse o rexistro os alumnos das universidades de Columbia, Stanford e Yale.[10], progresivamente abriuse a todas as universidades dos Estados Unidos e o Canadá [11][12]
No ano 2005 a compañía eliminou o the do seu nome logo de mercar o nome de dominio facebook.com por 200.000 dólares.[13] En setembro de 2005 fíxose unha versión para estudantes de secundaria [14] e Facebook permitiu o rexistro a empregados de certas compañías, incluíndo Apple Inc. e Microsoft.[15] e o 26 de setembro de 2006, Facebook permitía o acceso a calquera maior de 13 anos cun enderezo de correo electrónico válido.[16]
A finais de 2007, Facebook tiña 100.000 páxinas comerciais, que comezaron como páxinas de grupos pero que pasaron a denominarse páxinas de compañías.[17] O 24 de outubro de 2007, Microsoft anunciou que mercara o 1,6% de Facebook por 240 millóns de dólares, dándolle a Facebook un valor total de 15 mil millóns de dólares.[18] O paquete mercado por Microsoft incluía dereitos para colocar anuncios internacionais na rede social.[19] En outubro de 2008 Facebook anunciou que ía establecer a súa sede internacional na capital irlandesa, Dublín.[20]
En 2021 Frances Haugen revelou fallos no control de contido.[21][22][23]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.