Frances Haugen

xestora de produtos e activista estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia

Frances Haugen

Frances Haugen, nada en Iowa City, 1984, é unha xestora de produtos e activista estadounidense. En setembro de 2021, Haugen revelou milleiros de documentos internos de Facebook ("Facebook Files") á SEC (Securities and Exchange Commission; en galego, Comisión de Bolsa e Valores) dos Estados Unidos e ao Wall Street Journal.[1]

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Frances Haugen
Thumb
(2024)
Biografía
Nacemento1983 ↔ 1984 (34/44 anos)
Iowa City, Estados Unidos de América
EducaciónHarvard Business School (pt) (–2011)
Franklin W. Olin College of Engineering (en) (–2006)
Iowa City West High School (en)
Actividade
Ocupacióncientífico de datos, product manager (en) , data engineer (en) , alertadora
EmpregadorFacebook (2019–2021)
Pinterest
Yelp
buscador de Google
Premios

Sitio webfranceshaugen.com
Pechar

Traxectoria

Primeiros anos e formación

Haugen naceu e criouse en Iowa City, Iowa, onde asistiu á Iowa City West High School.[2] O seu pai era médico e a súa nai converteuse en pastor episcopaliana despois dunha carreira académica.[3]

De 2002 a 2006, estudou enxeñaría informática e eléctrica na primeira clase do programa no Olin College en Needham, Massachusetts.[4][5] Despois, entre agosto de 2009 e maio de 2011, fixo un máster en administración de empresas (MBA) na Harvard Business School.[5]

Carreira profesional

A partir de 2006, traballou en varias empresas de tecnoloxía como Google, Pinterest e Yelp especializándose en xestión algorítmica de produtos.[1]

Traballou para Facebook desde 2019 e revelou anonimamente os problemas inherentes ao uso de datos e os fallos no control de contido de Facebook a través de filtracións de documentos da empresa que se empregaron para publicar varios artigos. No The Wall Street Journal en setembro de 2021.[6]

A súa identidade fíxose pública tras a emisión dun documental na serie de 60 Minutes[7] na televisión CBS o 3 de outubro de 2021.[8] As súas filtracións sobre Meta foron importantes para a demanda contra dita compañía polos danos causados aos menores.[9]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.