From Wikipedia, the free encyclopedia
A Ivy League ("Liga da Hedra"), tamén coñecida como The Ancient Eight ("As Oito Antigas")[1][2][3] é unha conferencia deportiva universitaria estadounidense que comprente oito universidades privadas do nordés do país. A expresión Ivy League adoita empregarse tamén fóra do contexto deportivo para referirse ás oito universidades de elite con connotacións de excelencia académica, selección nas admisións e elitismo social.[4][5][6][7][8] Os seus membros por orde alfabética son Universidade Brown, Universidade de Columbia, Universidade Cornell, Dartmouth College, Universidade Harvard, Universidade de Pensilvania, Universidade Princeton e Universidade Yale.
Aínda que a expresión xa se empregaba en 1933, só se fixo oficial despois da formación da NCAA Division I en 1954.[9] Todos os membros agás Cornell fundáronse durante a época colonial, polo que están incluídas sete das nove universidades fundadas antes da Revolución Americana. As outras dúas, a Universidade Rutgers e o College of William & Mary, son institucións públicas.
Os centros da Ivy League vense como algunhas das universidades máis prestixiosas do mundo.[10] Todas están entre as dezasete primeiras da clasificación da U.S. News & World Report de 2020, catro delas entre as cinco primeiras.[11] U.S. News nomeou algunha delas como a mellor universidade do país todos os anos dende 2001.[12] Na clasificación global de 2020 da U.S. News & World Report, tres delas estaban entre as dez mellores universidades do mundo (Harvard primeira, Columbia sétima e Princeton oitava).[13][14]
Institución | Lugar | Alcume deportivo | Fundación | Afiliación na fundación |
---|---|---|---|---|
Universidade Brown | Providence, Rhode Island | Bears | 1764 como College in the English Colony of Rhode Island and Providence Plantations | Baptista, a carta de fundación promete "tests non relixiosos" e "total liberdade de conciencia"[15] |
Universidade de Columbia | Nova York | Lions | 1754 como King's College | Igrexa de Inglaterra |
Universidade Cornell | Ithaca, Nova York | Big Red | 1865 | Non sectaria |
Dartmouth College | Hanover, New Hampshire | Big Green | 1769 | Calvinista (Congregacionalista) |
Universidade Harvard | Cambridge, Massachusetts | Crimson | 1636 como New College | Non sectaria, fundada por calvinistas congregacionalistas |
Universidade de Pensilvania | Filadelfia, Pensilvania | Quakers | 1740 como escola de caridade sen nome[16] | Non sectaria, fundada por membros da Igrexa de Inglaterra e metodistas[17] |
Universidade Princeton | Princeton, Nova Jersey | Tigers | 1746 como College of New Jersey | Non sectaria,[18] fundada por calvinistas presbiterianos[18] |
Universidade Yale | New Haven, Connecticut | Bulldogs | 1701 como Collegiate School | Calvinista (Congregacionalista) |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.