Isomaltosa

disacárido From Wikipedia, the free encyclopedia

Isomaltosa
Remove ads

A isomaltosa é un disacárido formado por dúas unidades de glicosa unidas por enlace O-glicosídico alfa(1, 6) [1]. É similar á maltosa, pero esta ten enlaces alfa(1, 4), e á celobiosa, a cal ten enlaces beta(1, 4).

Datos rápidos Identificadores, Propiedades ...
Thumb
Estrutura química da isomaltosa.

A isomaltosa está naturalmente presente na cervexa, urina, sangue, fígado, mel de abella (en certos meles como o mel de tileiro chega a haber dun 1,2 ao 1,6% [2]) e outras substancias. Pode obterse da hidrólise do amidón ou do glicóxeno. É un produto da caramelización da glicosa.[3]

A isomaltosa é un sólido branco con aspecto de azucre de cana. É soluble en auga e redutora e moi pouco higroscópica [1]. A isomaltosa non fermenta e non produce carie.

Remove ads

Metabolismo

A dixestión do amidón dos alimentos por parte das amilases pancreática e salivar orixina a produción de maltosa e isomaltosa. Estes disacáridos son despois normalmente hidrolizados na luz intestinal polos encimas maltase e isomaltase. Pode existir intolerancia á absorción de isomaltosa debido á ausencia ou déficit nalgunhas persoas do encima isomaltase [4].

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads