especie de insecto From Wikipedia, the free encyclopedia
A Iphiclides feisthamelii é unha especie de lepidóptero ditrisio da familia Papilionidae que se atopa distribuída por España, Portugal, o sur de Francia, Marrocos, Alxeria e Tunisia.
Iphiclides feisthamelii | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Macho | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Iphiclides feisthamelii ' (Duponchel, 1832) |
Trátase dunha especie facilmente reconocible. O seu tamaño oscila entre 35 e 42 mm no bordo da á anterior. As ás dianteiras son de cor branca-amarelada con bandas negras. As posteriores presentan prolongacións en forma de colas, con escamas azul metálico na súa base. As femias son de maior tamaño que os machos e de tonalidades máis amareladas.[1]
Tradicionalmente considerouse á Iphiclides feisthamelii unha subespecie de Iphiclides podalirius (Linnaeus, 1758), aínda que algúns autores defenden o seu status específico. A Iphiclides feisthamelii diferenciaríase exteriormente por ter unha cor máis clara case branca e unha banda submarxinal máis escura e máis ancha nas ás posteriores.[2] Recentes estudos xenéticos (2010) suxiren, con todo, que non habería xustificación suficiente para considerala unha especie diferente.[1]
Ten dúas ou tres xeracións anuais, dende primavera a finais de verán ou entrado xa o outono. As femias fan postas dun ou dous ovos.
As larvas nacen en poucos días e aliméntanse preferentemente de follas de especies do xénero Prunus: Prunus amygdalus, P. persica, P. insitia ou P. longpipes.[1] Outras plantas nutricias son: Pyrus communis, Malus domesticus e Crataegus oxyacantha.
Os piñeirais cun maior grao de naturalización e as carballeiras son hábitats habituais desta especie. Tamén pode ocupar terreos agrícolas abandonados se neles hai presenza das plantas nutricias para esta especie.[3]
Ocupa o norte de África, a Península Ibérica e o sur de Francia. Aínda que a súa abundancia é variable, non pode ser considerada unha especie rara.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.