From Wikipedia, the free encyclopedia
Holodomor (en lingua ucraína: Голодомор; pronunciado golodomor, con gheada) é o nome atribuído á fame de carácter xenocida, que devastou principalmente o territorio da República Socialista Soviética de Ucraína (integrada na URSS), durante os anos de 1932 a 1933. Este acontecemento, tamén coñecido por gran fame de Ucraína, representou un dos máis tráxicos capítulos da Historia de Ucraína, debido ó enorme custo en vidas humanas.
A pesar de que esta fame afectou igualmente a outras rexións soviéticas, o termo Holodomor é aplicado especificamente ós feitos ocorridos nos territorios con poboación de etnia ucraína: Ucraína e a rexión de Kuban, no Cáucaso do Norte. Como tal, o Holodomor é ás veces denominado "Xenocidio Ucraíno"[1] ou "Holocausto Ucraíno"[2], significando que esa traxedia resulta dunha acción deliberada de exterminio desencadeada polo réxime soviético contra o pobo ucraíno, en canto entidade socio-étnica.
Tendo como referencia o concepto de xenocidio[3][4] e a súa definición xurídica[5][6], verifícase un crecente consenso da historiografía, relativo á natureza xenocida do Holodomor[7][8][9][10][11][12][13][14][15]. Por outra banda, hai un número cada vez maior de países que o recoñecen oficialmente como un acto de xenocidio, como España[16].
A palabra Holodomor resulta da expresión ucraína 'Морити голодом' (moryty gholodom), que significa "matar pola fame". O termo foi empregado por vez primeira polo escritor Oleksa Musienko, nun relatorio[17].
No cuarto sábado do mes de novembro, Ucraína[18][19] e as comunidades ucraínas implantadas en diversos países de acollemento[20][21] renden homenaxe ás vítimas do Holodomor.
A comezos da década de 1930, Stalin decidiu aplicar unha nova política para a URSS, a través da transformación radical e acelerada das súas estruturas económicas e sociais. Esa mudanza contemplaba os seguintes obxectivos[22]:
O proceso de colectivización acelerada da agricultura e de "liquidación dos kulaks como clase" (deskulakización), desencadeado por decisión do Comité Central do Partido Comunista da Unión Soviética, en decembro de 1929, tivo consecuencias tráxicas para millóns de persoas[23].
Para a súa execución, o funcionariado e os membros do Partido Comunista que estaban presentes nos campos, foron apoiados por brigadas de obreiros e de "activistas" chegados dos centros urbanos[24]. Sendo a Unión Soviética un país no que a fractura entre o mundo dominante das cidades e o mundo dominado das aldeas continuaba a ser profunda, a colectivización foi sentida como unha verdadeira guerra declarada polo Estado contra o modo de vida e a cultura labrega tradicionais[25].
O campesiñado (82 % da poboación soviética), despois de ser obrigado, a través de todo o tipo de abusos e violencias[26] , a entregar os bens, foi forzado a se adherir ás explotacións agrícolas colectivas (kolkhozes) ou estatais (sovkhozes). Estas destinábanse a abastecer, de forma regular e case gratuíta, ó Estado con produtos agrícolas e pecuarios, a través de planos de colecta fixados polas autoridades centrais.
Con base na acusación arbitraria de pertenceren á categoría dos kulaks (campesiños ricos e hostís ó poder soviético)[27], os "socialmente estraños" ó novo sistema agrícola kolkhoziano,foron desterrados a título definitivo para outras rexións, principalmente para Casaquistán e Siberia[28]. Por outro lado, as operacións de deportación pretendían fornecer os recursos humanos necesarios á colonización e explotación das inmensas riquezas naturais, existentes neses territorios deshabitados.
En total, son deportadas -frecuentemente de modo caótico e precipitado-[29] cerca de 2 800 000 persoas:
No entanto, en moitos casos, as vítimas da represión foron abandonadas neses territorios distantes[33]. En consecuencia diso, aproximadamente 500.000 deportados, entre os que se atopan moitos nenos, morreron debido o frío, á fame e ó traballo extenuante[34].
Os sobreviventes, traballando como "colonos de traballo" nas empresas de explotación dos recursos naturais -explotación forestal, carbón, minerais non ferrosos, metalurxia, agricultura e artesanía- ou nos estaleiros de obras públicas -construción e manutención de estradas e vías férreas- son tratados como verdadeiros parias, sendo suxeitos a todo o tipo de privacións e abusos[35].
Ademais, cerca de 400.000 campesiños foron enviados a unha rede de campos de traballos forzados (Gulag), dirixida polo KGB -na época, baixo a dirección de Viacheslav Menzhinski- [36] e outros 30.000 foron castigados a pena capital[37].
A resposta dos campesiños foi desesperada e moitas veces violenta[38], habendo numerosas manifestacións, revoltas e disturbios por todo o país (máis de 14.000 casos rexistrados polo KGB)[39].
Esa resistencia mobilizou preto de tres millóns de persoas, en particular nas rexións do ríos Don e Volga, no Cáucaso do Norte, en Casaquistán, e sobre todo, en Ucraína[40] As motivacións da sublevación labrega foron múltiples, xurdindo de acordo cos novos desafíos suscitados pola intransixencia do Estado soviético: recusa en se adherir ós kolkhozes; oposición á política antirrelixiosa das autoridades (peche das igrexas, confiscación dos sinos, vandalismo antirrelixioso dos activistas da Xuventude Comunista); solidariedade cos kulaks e outros "elementos antisoviéticos", vítimas de persecución; resistencia á confiscación, polos órganos estatais de colecta, dunha crecente porcentaxe da produción agropecuaria, a través de "desvíos" e roubos da colleita "colectiva", nunha conxuntura económica cada vez máis degradada[41][42].
A partir de 1931, co perfecto coñecemento das autoridades, as crecentes dificultades alimenticias comezan a provocar a morte de centenas de millares de persoas en varias rexións da Unión Soviética. A situación é especialmente grave en Casaquistán, como nas principais áreas cerealíferas - Ucraína, Cáucaso do Norte e territorio do río Volga - onde fora ofrecida maior resistencia á política de colectivización agrícola[43].
Exceptuando o caso particular de Casaquistán[44][45][46], as causas iniciais desta traxedia devastadora foron globalmente idénticas[47]:
Por conseguinte, a fame desencadeada en 1931 -aínda nunha escala reducida, en comparación cos dous anos seguintes- é na súa orixe, o resultado imprevisto e non programado dunha política de inspiración marxista que pretendía eliminar as bases sociais e o modo de funcionamento da economía capitalista[51].
Había, no entanto, a plena consciencia por parte das forzas en enfrontamento -Estado e campesiños- de que se estaba a reeditar a situación de violencia e de fame que caracterizara o período do "Comunismo de Guerra" (1918-1921)[52].
En 1931 -en consecuencia das maiores colleitas en Siberia Occidental e en Casaquistán- millares de kolkhozes de Ucraína, do Cáucaso do Norte e da rexión do río Don, foron obxectivo de esixencias acrecentadas. Dese xeito, os órganos estatais de colecta, a pesar dunha colleita bastante mediocre (69 millóns de toneladas), conseguiron obter preto de 23 millóns de toneladas. Ucraína foi obrigada a contribuír co 42% da súa produción cerealífera, o que provocou o agravamento da desorganización do ciclo produtivo, iniciada coa colectivización forzada e a deskulakización[53].
En Ucraína e noutras rexións, a partir da Primavera de 1932, asistiuse ó espallamento da fame e ó éxodo dos campesiños en dirección ás cidades, suscitando a preocupación das autoridades, especialmente dos dirixentes de varias repúblicas soviéticas. Pola súa banda, o goberno animado co éxito dos requirimentos, fixa o plano de colecta para 1932 en 29,5 millóns de toneladas, dos que 7 millóns deberon ser obtidos en Ucraína[54].
Entre os campesiños, determinados a usar todos os medios para conservar unha parte da colleita, e as autoridades locais, obrigadas a cumprir o plano de colecta, o conflito era inevitable. En efecto, eses planos son de tal xeito elevados, que os obrigaron a tentar esconder a maior cantidade posible de cereais, para garantir as reservas alimentarias indispensables para a súa supervivencia[55].
A campaña de colecta de 1932 depárase, por iso, dende o comezo, con innumerables dificultades: manifestacións dos campesiños atinxidos pola fame; fuga dos kolkhozes dun crecente número de traballadores; roubo dos bens pertencentes ós kolkhozes (gando, alfaias e sobre todo colleitas) e recusa de moitos funcionarios locais e rexionais do Partido ou dos soviets en aplicar planos de colecta que condenarían á fame a decenas de millóns de persoas[56].
Inicialmente, Stalin manifesta a súa crecente impaciencia cara ao ritmo lento que caracteriza a campaña de requirimentos en Ucraína, acusando ós dirixentes locais de seren os responsables pola situación, debido ó seu laxismo e falta de firmeza perante os "actos de sabotaxe" e de "terrorismo"[57].
Para superar esas dificultades, o 7 de agosto de 1932, entra en vigor a lei sobre o "roubo e dilapidación da propiedade social" (máis coñecida por "lei das cinco espigas"), castigable con dez anos de campo de traballos forzados, ou coa pena capital.[58]
As brigadas encargadas da colecta efectuaron auténticas expedicións punitivas, especialmente nas rexións cerealíferas. Estas apropiacións son acompañadas de innumerables abusos, violencias físicas e detencións de kolkhozianos.[59]
A pesar dunha lixeira diminución nos obxectivos dos planos de colecta[60] e dunha represión estremadamente dura (máis de 100.000 persoas foron condenadas nos primeiros meses de aplicación da lei)[61], o 25 de outubro, Moscova só colectara o 39% da cantidade de cereais esixida a Ucraína.[62]
Entre xullo e agosto de 1932, Stalin concibiu unha nova análise da situación en Ucraína e das súas causas, expresada a 11 de agosto, nunha carta enderezada a Kaganovitch:"[A Ucraína] é hoxe en día a «principal cuestión», estando o partido, o Estado e mesmo os órganos da policía política da república, infestados de axentes nacionalistas e de espías polacos, corréndose o risco «de se perder a Ucraína», unha Ucraína que, polo contrario, é preciso transformar nunha «fortaleza bolxevique»".[63]
Na perspectiva do ditador, o Partido Comunista e o Goberno ucraínos tiñan sido infiltrados por axentes nacionalistas ("Petliuristas") e espías polacos ("axentes de Pilsudski"), e as aldeas reticentes á colectivización, estaban so influencia de axitadores contra-revolucionarios.[64]
A decisión de utilizar a fame -provocando artificialmente o seu espallamento- para "dar unha lección" ós campesiños,[65] foi tomada no Outono, nun contexto especialmente delicado para o ditador, coa agudización da crise provocada polo 1.º Plano Quinquenal e o suicidio da súa esposa Nadezhda Alliluieva.[66]
O 22 de outubro de 1932, son enviadas para Ucraína e para o Cáucaso do Norte dúas "comisións extraordinarias" -dirixidas respectivamente por Viacheslav Molotov e Lazar Kaganovitch- co obxectivo de "acelerar as colectas" e tendo o apoio dos máis altos responsables do KGB (incluíndo Genrikh Yagoda).[67][68]
Simultaneamente, millares de axentes da policía política e de "plenipotenciarios" do Partido foron transferidos, para tapar a ineficacia das estruturas comunistas locais e reprimir calquera indicio de "sabotaxe". Entre novembro e decembro, máis de 27.000 persoas son detidas (30% son dirixentes de kolkhozes e pequenos funcionarios rurais) con base na acusación de "sabotaxe dos planos de colecta".[69]
O recurso á "arma da fame" adquire unha lóxica e unha violencia particulares nos territorios esencialmente ucraínos. Stalin -en perfecta coherencia coa súa propia análise acerca das orixes e dinámicas do fenómeno nacional- consideraba Ucraína un caso de especial gravidade, debido á unión profunda entre o "nacionalismo burgués" e o campesiñado.[70]
En conformidade con esta análise, o dirixente do KGB ucraíno Vsevolod Balistski define, o 5 de decembro de 1932, como principal misión a desempeñar pola policía política da república “o urxente desmantelamento, identificación e esmagamento dos elementos contra-revolucionarios e kulak-petliuristas que están a sabotar as medidas aplicadas polo Goberno Soviético e polo Partido nas aldeas”.[71]
En resultado da "interpretación nacional" que Stalin fixo da situación ucraína, a decisión de empregar a fame neses territorios adquire características específicas de natureza xenocida[72][73], confirmadas pola recente desclasificación de millares de documentos provenientes dos arquivos ucraínos.[74][75]
Asístese a unha escalada de medidas represivas, en gran parte diferentes das aplicadas noutras rexións da Unión Soviética:
A confirmación de que a fame servía para impor a total obediencia dos campesiños ós ditames do réxime soviético e do seu xefe supremo, está presente na carta enviada polo Secretario-Xeral do Partido Comunista de Ucraína, Stanislav Kossior, o 15 de marzo de 1933, para Moscova: "a insatisfactoria evolución das sementeiras en numerosas rexións, proba que a fame aínda non levou á razón a moitos kolkhozianos "[85].
No sentido de garantir as condicións necesarias ás futuras colleitas, entre xaneiro e xuño de 1933, as autoridades centrais adoptaron, de forma tardía, selectiva e insuficiente[86][87], varias medidas de auxilio a algunhas das rexións atinxidas polas "calamidades alimentarias"[88].
Para preto de 30 millóns de persoas atinxidas pola fame, son postas ó seu dispor 320.000 toneladas de cereais, ou sexa 10 quilos de cereais por persoa, representando tan só o 3% do consumo medio anual dun campesiño[89].
No entanto, esta axuda, alén de privilexiar o abastecemento das cidades, destínase unicamente ós que a "merecen": os kolkhozianos con mellor rendemento, os brigadistas, os tractoristas etc.[90]
En termos demográficos, a mortandade en Ucraína, a semellanza dos outros territorios soviéticos atinxidos pola fame, incidiu fundamentalmente sobre a poboación rural, independentemente da súa orixe étnica. No entanto, o réxime soviético tiña a perfecta consciencia de que esa poboación rural continuaba a representar a "espiña dorsal" da nacionalidade ucraína (75% a 85% dos ucraínos residían en aldeas), en contraste coas cidades, etnicamente máis "cosmopolitas" (rusos, xudeus, polacos etc.)[91]. Por conseguinte, a fame adquiriu características e dimensións ben distintas das que tería evidenciado noutras circunstancias políticas.
A pesar de ser bastante menos intensa e xeneralizada do que a Fame de 1921 - 1922 , en termos de seca e de rexións afectadas (a colleita de 1945 foi inferior á de 1932, mais non existiu fame xeneralizada), causou entre tres a catro veces máis vítimas, en resultado de decisións políticas que procuraban salvar o réxime da crise, que el mesmo provocara.[92]
A convicción de que se alcanzara unha vitoria definitiva sobre o campesiñado, foi asumida en diversas ocasións, polos máis altos dignitarios do réxime. Exemplo diso son as palabras de Lazar Kaganovitch - "nós gañamos definitivamente a guerra, a vitoria é nosa, unha vitoria fantástica, total, a vitoria do estalinismo"[93] - de Sergo Ordjonikidze - "os nosos cadros que enfrontaron a situación de 1932-1933 e que aguantaron [...] ficaron temperados como o aceiro. Acredito que con eles se construirá un Estado como a historia nunca viu"[94] - ou de Mendel Khataevich - "está a decorrer unha loita feroz entre os campesiños e o poder. É un combate até a última pinga de sangue. É unha proba de forza entre o noso poder e a súa resistencia. A fame demostrou quen é o máis forte. Custou millóns de vidas, mais o sistema dos kolkhozes vivirá para sempre. Vencemos a guerra!".[95]
No decorrer da traxedia, o Estado soviético continuaba a exportar millóns de toneladas de cereais para o estranxeiro (en 1932, 1 730 000; en 1933, 1 680 000), en canto acumulaba enormes reservas estratéxicas (en 1933, 1 800 000 toneladas).[96][97]
Nun acto de represalia, o 22 de outubro de 1933, o agregado consular da Unión Soviética en Lviv, Alexei Mailov, foi asasinado por Mykola Lemyk, militante do movemento independentista "Organización dos Nacionalistas Ucraínos".[98][99]
Debido á súa convicción de que, en Ucraína e en Kuban, a cuestión campesiña era tamén unha cuestión nacional, o réxime soviético sentiu necesidade de enfrontala e de "resolvelas" de forma conxunta. E para que esta resolución fose duradeira, procedeu á eliminación das elites ucraínas e das súas políticas, sospeitas de connivencia cos campesiños[72][100].
O 14 e 15 de decembro de 1932, o Politburo aprobou dous decretos especificamente destinados ós territorios de poboacións ucraína, que revogaban a política das nacionalidades, aplicada desde 1923[101]. Na súa perspectiva, a política de indixenización ("Korenizatsiya") fora desenvolvida de forma errada en Ucraína e en Kuban, tendo estimulado o nacionalismo e os seus axentes, inclusivamente no interior do Partido e do Goberno[102]. Por conseguinte, os campesiños non eran os únicos culpados da crise, compartindo a responsabilidade coa elite política e cultural ucraína[103].
Esta mudanza tamén afectou as medidas de "ucrainización", da que se beneficiaran as comunidades implantadas en Rusia. Ó contrario das outras minorías nacionais, os millóns de ucraínos que alí vivían, perderon o dereito ó sistema educativo e á prensa na súa lingua, así como á autonomía política.[104]
Coa chegada, en xaneiro de 1933, de Pavel Postichev, acompañado de centenas de funcionarios rusos, na calidade de novo plenipotenciario de Moscova en Ucraína, desencadéase unha vaga de terror antiucraíno.
A policía política perseguiu as "organizacións contra-revolucionarias nacionalistas burguesas" - alegadamente infiltradas nas institucións políticas e culturais - causando millares de vítimas.[105]
A título de exemplo, no ámbito das purgas, son reprimidos o 70% dos secretarios de distrito e dos soviets (entre xaneiro e outubro de 1933); 40.000 pequenos funcionarios dos soviets; a case totalidade dos funcionarios do Comisariado do Pobo para a Educación; 4.000 mestres e 200 funcionarios dos institutos pedagóxicos.[106]
Ademais, individualidades importantes, como o dirixente partidario Mykola Skrypnyk[107][108] - acusado de ser un "instrumento de elementos nacionalistas burgueses" - e o director teatral Les Kurbas, son obxectivo de persecución. O escritor Mykola Khvylovy é igualmente vítima desta vaga represiva,[109] sendo o seu suicidio interpretado como un acto de protesta contra o xenocidio en curso.
No seu discurso ó Partido Comunista ucraíno, en novembro de 1933, Pavel Postychev expón de xeito elocuente a interpretación conspiradora que o réxime facía da situación na república:
"Os erros cometidos polo Partido Comunista de Ucraína, na implementación da política das nacionalidades, foron unha das principais causas para o declive da agricultura ucraína en 1931-1932. Non restan dúbidas de que sen a eliminación dos erros na implementación da política das nacionalidades, sen a derrota esmagadora dos elementos nacionalistas, que se instalara en diversas áreas da construción social en Ucraína, tería sido imposible superar o atraso na agricultura."
Co seu cortexo de violencias, de torturas e de mortes pola fame, o Holodomor constituíu unha enorme regresión civilizacional.
Asistiuse á proliferación de déspotas locais, dispostos a todo, para obter violentamente dos campesiños as súas escasas reservas alimentarias e á banalización da barbarie, que se traduciu en persecucións, abusos de autoridade, abandono infantil, "barracas da morte", canibalismo[110] e agravamento das tensións entre a poboación rural e a poboación urbana[111].
A pesar de que a herdanza do Holodomor presenta similitudes coas doutras rexións da Unión Soviética – a arma da fame esmagou a resistencia campesiña, garantindo a vitoria de Stalin e do seu réxime; abriu o camiño para a vaga de terror de 1937-1938 ("Yejovschina"); transformou o estado federal soviético nun imperio despótico, a través da submisión da segunda república máis importante; deixou un legado de dor en numerosas familias que nunca tiveron dereito a expresar o loito, porque a fame se converteu en segredo de Estado – en Ucraína, as súas marcas físicas e psicolóxicas foron bastante máis profundas e traumatizantes.[112][113][114]
Esas marcas son a resulta da especificidade[115][116] que caracterizou a evolución dos acontecementos en Ucraína e no Cáucaso do Norte, e que confiren ó Holodomor o seu carácter de xenocidio:
Deste xeito, toda a sociedade ucraína foi suxeita a unha enorme violencia, comprometendo, por moitas décadas, o difícil proceso de construción da identidade nacional.[118]
Relativamente á definición exacta do número de vítimas, os historiadores teñen sentido serias dificultades, en resultado dos seguintes factores:[119][120][121][122][123]
A pesar da existencia de estimativas que van de 1,5[124][125][126] a 10 millóns de vítimas ucraínas, os cálculos máis recentes do historiador Stanislav Kulchitski, con base en fontes dos arquivos soviéticos, indican un número de entre 3 a 3,5 millóns de mortes[127]
Por outra banda, calcúlase que de 1,3 a 1,5 millóns morreron en Casaquistán (exterminando do 33% ó 38% dos casacos), alén de centenas de millares no Cáucaso do Norte e nas rexións dos ríos Don e Volga, onde a área máis duramente atinxida correspondía ó territorio da República Socialista Soviética Autónoma Alemá do Volga, totalizando aproximadamente de 5 a 6 millóns de vítimas, entre os anos de 1931 e 1933[128][129].
A fame na Unión Soviética e en Ucraína constituíu dende o inicio, segredo de Estado, permanecendo durante medio século como unha "páxina en branco" da súa Historia.
En xaneiro de 1933, o Ministro de Negocios Estranxeiros, Maksim Litvinov - contrariando as informacións emitidas por algúns xornais europeos[130] e norte-americanos[131] - negou a existencia de calquera problema, e en febreiro, o Politburo emitiu unha resolución, no sentido de restrinxir as deslocalizacións dos correspondentes estranxeiros.[132][133]
Tamén foron rexeitadas as ofertas de auxilio humanitario de varias entidades, como o Comité Central de Salvamento de Ucraína,[98] o Cardeal de Viena Theodor Innitzer,[134] o metropolita greco-católico de Lviv Andrii Szeptycki[135][136] e o Comité Internacional da Cruz Vermella.[137]
Reaccionando ás diversas iniciativas humanitarias, o Xefe de Estado soviético, Mikhail Kalinin, acusou os que pediron "contribucións para a «famenta» Ucraína" de seren "impostores políticos" e declarou: "Só clases degradadas e en desintegración poden producir elementos tan cínicos".[138]
Por outro lado, diversas personalidades estranxeiras, como Édouard Herriot,[139][140] Walter Duranty [141][142][143][144] ou George Bernard Shaw,[145] contribuíron, de forma inconsciente ou deliberada, para a ocultación dos feitos.[146][147][148][149]
Stalin, ó recibir en decembro de 1932 o dirixente ucraíno, Rodion Terekhov, tamén manifestou a súa posición negacionista:
Déronme coñecemento de que é un bo orador, mais tamén estou a ver que é un bo contador de historias. Vostede elaborou unha fábula acerca dunha pretendida fame, pensando certamente que me asustaba, mais iso non resultou. En vez diso, debería deixar as súas funcións de secretario rexional e de membro do Comité Central de Ucraína e traballar para a Unión dos Escritores. Vostede escribiría fábulas e os imbéciles leríanas[150].
Actualmente, aínda persiste a tese negacionista do Holodomor[151][152][153], non obstante a existencia de numerosa documentación contemporánea ós acontecementos, como por exemplo:
O xornalista canadense Douglas Tottle, autor do polémico Fraud, Famine and Fascism: The Ukrainian Genocide Myth from Hitler to Harvard (1987) [180] [181] e a historiadora francesa Annie Lacroix-Riz[182], afirman tratarse, no esencial, dunha invención propagandística de carácter anticomunista, envolvendo o Vaticano, os imperialismos nazi e polaco e o magnate da prensa estadounidense Randolph Hearst[183].
En 1984, despois dunha campaña promovida pola comunidade ucraína dos EUA, as dúas cámaras do Congreso aprobaron a constitución da U.S. Comission on the Ukraine Famine, so a dirección do profesor da Universidade Harvard James Mace[184][185]. No seu relatorio presentado ó Congreso en 1988, a comisión recoñeceu como probado o carácter xenocida da fame de 1932-1933[186].
Por outra banda, grazas ós esforzos da máis importante organización da diáspora - o Congreso Mundial dos Ucraínos Ceibes - foi creada, o 14 de febreiro de 1988, a International Commission of Inquiry Into the 1923-33 Famine in Ukraine[187]. Esta comisión, presidida polo profesor da Universidade de Estocolmo, Jacob Sundberg[188], estaba formada por sete xuristas de diferentes países: o Reino Unido, o Canadá, Francia, os Estados Unidos, Suecia, Bélxica e a Arxentina[189].
No relatorio final, presentado en 1990 ó Subsecretario da Organización das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos e ó Presidente da Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa, a Comisión anunciou as seguintes conclusións:
Despois do traballo pioneiro de Robert Conquest The Harvest of Sorrow: Soviet Collectivization and the Terror-Famine (1986)[191] e da revolución arquivística e historiográfica de 1991, os medios académicos pasaron a dedicar unha crecente atención a este acontecemento.
Durante os anos noventa, en resultado da acumulación de novos coñecementos[192] afondouse no debate sobre a natureza da fame. Ese debate [193][194] - moitas veces influenciado por diverxencias de carácter ideolóxico - estivo protagonizado por diferentes interpretacións:
No entanto, as conmemoracións dos 70 anos do Holodomor, no 2003, constituíron un punto de viraxe, en especial, coa realización dunha gran conferencia internacional, en Vicenza (Italia)[209].
Deste encontro científico patrocinado polo Presidente da República Carlo Ciampi, resultou unha declaración - subscrita por 28 personalidades académicas de Italia, Alemaña, Ucraína, Polonia, Canadá e EUA[210] - apelando ó Parlamento italiano, ben como a Silvio Berlusconi, que exercía a presidencia rotativa da Unión Europea, e a Romano Prodi, Presidente da Comisión Europea, no sentido de promoveren o recoñecemento internacional do Holodomor como un acto de xenocidio[211][212].
En París, na Universidade da Sorbona, tamén se realizou unha conferencia[213] sobre o tema, coa participación de historiadores de diversos países. Nesa ocasión, foi presentado un apelo, dirixido á Asemblea Nacional francesa e ó Parlamento Europeo, para o recoñecemento da fame de 1932-1933 en Ucraína, como acto de xenocidio.[214]
En Kíiv, na secuencia do encontro académico internacional titulado "É Tempo de Dicir a Verdade", no que estiveron presentes especialistas deste período histórico, como deputados, representantes dos medios diplomáticos e da comunicación social, foi igualmente aprobada unha resolución, apelando ó recoñecemento internacional do xenocidio.[215]
Durante máis de 50 anos a diáspora ucraína procurou divulgar os feitos relativos ó Holodomor, encontrando coa indiferenza da maioría da opinión pública mundial e coa oposición sistemática da Unión Soviética.
Só despois da desagregación da U.R.S.S. e da recuperación da independencia nacional en 1991, é que se tornou posible evocar publicamente o xenocidio.
En 1998, foi instituído no cuarto sábado do mes de novembro, o "Día da Memoria das Vítimas da Fame e das Represións Políticas" e no 2006, o Parlamento de Ucraína aprobou unha lei sobre o carácter xenocida do Holodomor.
A comunidade internacional ten, de forma gradual, vindo a asumir posicións favorables ao recoñecemento do Holodomor como xenocidio, ou máis xenericamente, como un crime contra a Humanidade.
No ámbito das organizacións internacionais, destácanse as resolucións aprobadas pola Assembleia Báltica;[216][217] Asemblea Xeral das Nacións Unidas;[218][219] Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa;[220] OSCE[221][222][223][224] Parlamento Europeo [225] e UNESCO.[226][227][228]
Merece tamén ser destacado o recoñecemento expresado polos parlamentos, xefes de Goberno e xefes de Estado dos países seguintes:
Ó longo de moitas décadas, a abordaxe cultural do Holodomor estivo severamente condicionada pola censura imposta polo réxime soviético, coa natural excepción das comunidades de exiliados implantadas no estranxeiro, principalmente nos E.U.A. e no Canadá.
Coa independencia de Ucraína, en 1991, a situación experimentou unha fonda mudanza, permitindo a artistas e escritores a posibilidade evocalo nas súas creacións.[284][285][286]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.