A colectivización[1] é como se coñece polo xeral á socialización dos medios de produción, sendo o proceso do paso dun réxime de propiedade privada e individual dos medios de produción cara a un réxime de propiedade social, ben sexa comunitaria ou estatal.

Thumb
Traballo nun kolkhoz de Ucraína arredor de 1930.

A proposta para socializar os medios non se estende para os bens de consumo ou as pertenzas persoais nin busca evitar salarios ou ingresos derivados do esforzo persoal.[2] Para as correntes comunitarias tales como o comunismo, o socialismo, o cooperativismo ou o anarquismo, o concepto de colectivización ten o significado específico de reintegrar os procesos económicos ó control da sociedade co obxectivo de conseguir liberar o ser humano.

A colectivización pode ser de industrias (como aconteceu, por exemplo, durante a guerra civil na zona republicana)[3] ou rural que ten acontecido en moitos lugares do mundo.[4]

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.