Sonda luar xaponesa. From Wikipedia, the free encyclopedia
Hiten (nomeada así por un anxo budista), previamente denominado MUSES A, foi unha sonda lugar da axencia xaponesa ISAS (máis tarde integrada na actual JAXA) lanzada o 25 de xaneiro de 1990 mediante un foguete M-3SII desde o Centro Espacial de Uchinoura.[2][5][6]
Hiten / MUSES A | |
---|---|
A sonda Hiten. | |
Tipo | Científico |
Organización | ISAS |
Destino actual | Fóra de servizo |
Data de lanzamento | 25 de xaneiro de 1990, 11:46 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | M-3SII[2][5] |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial de Uchinoura[2][6] |
Obxectivo da misión | Probas tecnolóxicas e investigación lunar.[2][6] |
Decaemento | 12 de abril de 1993[1] |
NSSDC ID | 1990-007A |
Masa | 143,0 kg[2][5][6] |
Dimensións | Forma de cilindro de 1,4 m de diámetro e 0,8 m de alto[2] |
Potencia | 110 vatios[2] |
Hiten foi unha sonda deseñada para facer probas de tecnoloxías asociadas coa exploración lunar e planetaria e sobrevoar a Lúa varias veces. A sonda levaba un subsatélite denominado Hagoromo (nomeado así polo velo que vestía o anxo Hiten) que foi soltado na veciñanza da Lúa. Hiten foi situado nunha órbita terrestre altamente elíptica que a facía sobrevoar a Lúa.[2][5]
Os obxectivos principais da misión foron probar o control da traxectoria da sonda mediante asistencias gravitatorias, inserir o subsatélite en órbita lunar, probar a navegación óptica nun satélite estabilizado mediante xiro, probar a tolerancia a fallos do ordenador de a bordo e da telemetría, experimentar coa aerofreada para chegar a órbitas próximas á Lúa e detectar e medir a velocidade e masa dos micrometeoroides. Adicionalmente se probou a inserir a Hiten nos puntos lagranianos L4 e L5 do sistema Terra-Lúa, logo a insertala en órbita lunar e máis tarde a estrelala contra a superficie da Lúa. Hiten foi a primeira sonda lunar lanzada polo Xapón.[2][5]
Hiten tiña forma de cilindro de 1,4 m de diámetro e 0,8 m de alto, con Hagoromo situado nun dos extremos. A masa do satélite, incluído propelente, era de 143 kg e a alimentación eléctrica era proporcionada polas células solares que recubrían as paredes do cilindro, dando ata 110 vatios de potencia, que podían almacenarse na batería de a bordo. A sonda estabilizábase mediante xiro, a entre 10 e 20,5 r.p.m. O control de actitude e a propulsión da nave corrían a cargo de oito propulsores de 23 N de impulso e catro de 3 N alimentados por hidracina. As comunicacións tiñan lugar grazas a un conxunto de antenas de media ganancia que transmitían tanto en banda X como en banda S.[1][3][6]
Hiten foi estrelada intencionadamente na superficie lunar o 10 de abril de 1993.[1][3][6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.