From Wikipedia, the free encyclopedia
Hagoromo foi un satélite artificial da axencia xaponesa ISAS lanzado o 24 de xaneiro de 1990 mediante un foguete M-3SII desde o Centro Espacial de Uchinoura.[2][4][5]
Hagoromo / Muses A Lunar Orbiter | |
---|---|
Tipo | Tecnolóxico |
Organización | ISAS |
Data de lanzamento | 24 de xaneiro de 1990, 11:46 GMT[1][2][3] |
Foguete portador | M-3SII[2][4] |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial de Uchinoura[2][5] |
Obxectivo da misión | Demostrador tecnolóxico para inserción lunar.[2][5] |
NSSDC ID | 1990-007B |
Masa | 12 kg[2][4][5] |
Potencia | 10 W[2] |
Hagoromo ía acoplado á sonda Hiten e foi liberada para ser insertada en órbita lunar. Tiña unha masa de 12 kg e forma de polihedro de 26 caras, cunha distancia de 36 cm entre caras opostas. No interior do satélite atopábase un retrofoguete de 4 kg de propelente sólido para a inserción lunar. A enerxía para o satélite a proporcionaban células solares situadas en 16 das 26 caras do satélite, proporcinando 10 W de potencia. As comunicacións tiñan lugar en banda S mediante un transpondedor e unha antena dipolo omnidireccional. O satélite non levaba instrumentos científicos e solo transmitía datos relativos ao estado do satélite.[2][4][5]
Hagoromo ía acoplado a Hiten, que foi inxectado nunha órbita terrestre elíptica moi alongada que pasaba pola veciñanza da Lúa. Durante a primeira aproximación, o 18 de marzo de 1990, liberou a Hagoromo, convertendo ao Xapón no terceiro país en poñer unha sonda en órbita lunar. O transmisor da sonda fallou o 21 de febreiro de 1990, pero a ignición foi confirmada por observación desde terra. Non houbo máis contactos co satélite.[2][4][5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.