Axencia Xaponesa de Exploración Aeroespacial
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Axencia Xaponesa de Exploración Aeroespacial (en xaponés 宇宙航空研究開発機構, en inglés Japan Aerospace Exploration Agency, JAXA) é a axencia aeroespacial do Xapón.
Axencia Xaponesa de Exploración Aeroespacial | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
![]() | ||||
Nome curto | JAXA e ジャクサ | |||
Tipo | axencia espacial e editorial académica | |||
Forma xurídica | National Research and Development Agency (en) | |||
Entidades | ||||
Matriz | Ministério da Educação, da Cultura, dos Desportos, da Ciência e da Tecnologia do Japão (pt) | |||
Entidades subsidiarias
| ||||
Data | ||||
Fundación | 1 de outubro de 2003 | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | Xapón | |||
Prefectura metropolitana | Toquio | |||
Sede | Chōfu | |||
Contacto | ||||
Páxina WEB | global.jaxa.jp | |||
Redes | ||||
[ Wikidata ] |

Historia e características
A JAXA fundouse o 1 de outubro do 2003 pola unión da Axencia Nacional de Desenvolvemento Espacial (NASDA), o Laboratorio Nacional Aeroespacial do Xapón (NAL) e o Instituto da Ciencia Aeronáutica e Espacial (ISAS).
A primeira misión da JAXA foi o lanzamento dun cohete H-2A, en novembro de 2003, que fracasou. Despois de 15 meses, en febreiro de 2005, a JAXA fixou un novo lanzamento dun cohete modelo H-2A dende o Centro Espacial de Tanegashima, poñendo un satélite en órbita. A partir do 2005, a JAXA planea realizar as súas propias misións espaciais, incluíndo futuras misións tripuladas a Lúa. No 2003 lanzou a misión chamada Hayabusa co cohete M-V para recoller mostras dun asteroide, chegando ao asteroide na segunda metade do 2005, e volvendo a Terra no 2010. No 2007 lanzou a sonda lunar SELENE. Existen outras misións interplanetarias están prevista para chegar cunha sonda ata Venus, a sonda PLANET-C, e outra a Lúa, a sonda LUNAR-A.
Información xeral

O ISAS foi o responsable da investigación espacial e planetaria. O NAL estaba enfocado na investigación da aviación. A NASDA fundouse o 1 de outubro de 1969, con oficinas centrais no Centro Espacial de Tanegashima, localizado na illa Tanegashima, a 115 quilómetros ao sur de Kyūshū. Adicado ao deseño e desenvolvemento de cohetes espaciais, satélites e do módulo de experimental xaponés para a Estación Espacial Internacional.
Asemade, a axencia mantén colaborción con outras entidades para o desenvolvemento de proxectos, como no caso da Misión BepiColombo, en colaborción coa ESA.[1]
Misións Hayabusa
En 2003, JAXA enviou unha cápsula para recoller mostras dun asteroide. A misión Hayabusa retornou en 2010 só con partículas de po. En 2020, JAXA logrou facer retornar por primeira vez unha cápsula con mostras de asteroides, Hayabusa2.
Oficinas e Centros de Investigación
A JAXA ten centros de investigación no Xapón e algunhas oficinas no exterior.
- Oficinas centrais - Chofu, Toquio
- Centro de investigación e observación terrestre (EORC) - Toquio
- Centro de observación terrestre (EOC) - Hatayama
- Centro de probas de Noshiro (NTC) - Dende 1962. Leva a cabo o deseño e proba de motores de cohetes.
- Centro de globos aerostáticos de Sanriku (SBC) - Plataforma de lanzamento de globos aerostáticos dende 1971.
- Centro de propulsión espacial de Kakuda (KSPC) - Deseño dos cohetes espaciais. Traballa de xeito principal no campo dos combustibeis líquidos para motores.
- Campo Sagamihara - Deseño de equipo experimental para cohetes e satélites. Tamén posúe edificios administrativos.
- Centro espacial Tsukuba (TKSC) - Centro da rede espacial do Xapón. Deseño e desenvolvemento de satélites e cohetes, adícase tamén a monitoreo e control dos satélites. Deseña equipos experimentais para o Módulo do Experimento Xaponés ("Kibo"). A formación de astronautas tamén se fai aquí.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.