From Wikipedia, the free encyclopedia
A aparición da filosofía occidental desenvólvese na antiga Grecia, hai 2.500 anos, e descríbese como "o paso do mito aos logos".[1] Os mitos son narracións extraordinarias protagonizadas por seres divinos ou sobrenaturais, que se refiren a sucesos fantásticos ou lendarios, e non teñen só a función de satisfacer a curiosidade intelectual, senón que serven tamén para organizar e configurar as relacións persoais e sociais. Pola contra, os logos indican unha reflexión argumentada e razoada baseada na observación da natureza que non recorren a factores sobrenaturais para explicar a orixe e a estrutura do mundo, da sociedade ou dos seres humanos ("pensamento racional").[2]
Historia da Filosofía Occidental | |
Elementos de Euclides. A xeometría foi fundamental para o desenvolvemento do pensamento grego | |
Historia | pensamento filosófico de Occidente |
Cronoloxía | Final da prehistoria (comezos da escrita) até o século XXI |
Categoría | Filosofía |
Prehistoria | |
Orixes do pensamento racional e mítico | |
Idade Antiga | |
Século -X | |
Emerxencia dos textos védicos. Ao longo da historia o pensamento occidental e oriental exerceron influencias mutuas e recíprocas. | |
Século -VIII | |
Primeiros textos filosóficos gregos. | |
Século -VI | |
Pensadores presocráticos comezan a explorar cun pensamento sistemático o cosmos e a natureza. | |
Século -V | |
Sócrates cuestiona a ética e a moralidade. | |
Século -IV | |
Platón funda a Academia e Aristóteles o Liceo. | |
Século -I | |
Cícero e a harmonización do pensamento grecorromano. | |
Século IV | |
Agostiño de Hipona integra o cristianismo coa filosofía platónica. | |
Idade Media | |
Século VI | |
Boecio tenta preservar o saber grego antigo. | |
Século IX | |
Traducións árabes dos textos gregos. | |
Século XI | |
Anselmo de Canterbury e o argumento ontolóxico. | |
Século XIII | |
Tomás de Aquino sintetiza a filosofía aristotélica coa teoloxía cristiana. | |
Século XIV | |
Guillerme de Occam propón a navalla de Ockham como principio para simplificar explicacións | |
Idade Moderna | |
Século XV | |
Humanismo do Renacemento; revalorización do saber clásico. | |
Século XVI | |
Descartes establece o fundamento do racionalismo. | |
Século XVII | |
Spinoza e Leibniz desenvolven sistemas filosóficos complexos. | |
Século XVIII | |
Ilustración e crítica da razón pura por Immanuel Kant. | |
Idade Contemporánea | |
Século XIX | |
Hegel e Karl Marx, entre outros, reinterpretan a historia e a sociedade, buscando xerar un pensamento político científico. | |
Século XX | |
O existencialismo e a filosofía analítica dominan o pensamento. | |
Século XXI | |
A filosofía enfróntase ás cuestións éticas e políticas nun mundo globalizado e dixitalizado. |
Non obstante, os mitos non posúen o valor de coñecemento válido no mesmo sentido que a razón, pero poden cumprir funcións importantes na filosofía.[3] Por exemplo, Platón nas súas obras utilizaba os mitos (coñecidos logo como mitos platónicos, por exemplo o mito da caverna) para a argumentación lóxica dos temas filosóficos.
A época de maior esplendor comprende os séculos -V e IV a. C., e os protagonistas principais foron Sócrates, Platón e Aristóteles.
Os gregos incorporaron como tarefa propia da filosofía a formulación racional fronte ao mítico-relixioso de cuestións pertencentes ao ámbito da filosofía práctica, como a da orixe e o destino do home, ou a da educación para conducirse rectamente na vida. Tras a morte de Platón e Aristóteles, a filosofía práctica adquiriu máis importancia ca a filosofía teórica e "filosofía" veu significar, sobre todo, un estilo de vida: a busca intelixente da felicidade persoal.
Durante a Idade Media, considerouse que a filosofía grega fora un produto insuperable da razón e non se aspiraba a cambiala, aínda que, debido á importancia de relixións como o cristianismo, o xudaísmo ou o islamismo, a filosofía serviu de instrumento para reforzar, xustificar e defender estas relixións.
A fusión do pensamento grego co monoteísmo xudeocristián durante a Idade Media consolidou as bases do que hoxe coñecemos como civilización occidental e fixo xurdir cuestións filosóficas moi importantes. Esta síntese sentou as bases para o desenvolvemento da escolástica medieval.[5] A partir do Renacemento, a filosofía desenvolveuse independente dos intereses relixiosos. Este esforzo culminou na obra de René Descartes, iniciador da filosofía moderna, que intentou liberala da tradición medieval e da tradición grega. Un punto de partida radical accesible só mediante o exercicio individual, autónomo e crítico da propia razón.
Pero sobre todo foi Kant, na súa obra Crítica da razón pura,[6] quen renovou a concepción da filosofía. A metafísica, entendida como saber sobre a totalidade do real, non é unha ciencia, e obrigou a que a filosofía se concibise como un conxunto de tarefas con pretensións máis modestas. Con todo, o desenvolvemento científico levou a explorar as preguntas éticas e epistemolóxicas suscitadas polos novos paradigmas, como a teoría da evolución, xerando a filosofía da evolución que discute temas como a natureza do cambio biolóxico e o seu papel na explicación da biodiversidade e complexidade da vida, ou dun xeito máis xeral, a filosofía da ciencia, que procura entender e analizar os fundamentos, métodos, e implicacións da ciencia, cuestionando como definimos o coñecemento científico e o seu impacto na sociedade.
O máis característico da filosofía actual é que xa non existe un concepto unitario, entendido como un conxunto de respostas claras e xeralmente para as preguntas últimas: "quen somos?", "de onde vimos?", "que sentido ten a nosa vida?". Actualmente, a filosofía consiste en exercitar a acción de pensar de xeito racional, crítico e autónomo sobre toda forma de coñecemento e de acción humana
A filosofía non ten a misión de lle proporcionar ao ser humano respostas seguras, verdadeiras e definitivas, tal como fai a relixión. A filosofía é, máis ben, certo xeito de preguntar, unha interrogación continua e crítica sobre o que existe e os seus modos de ser. Con todo, a filosofía da relixión é unha disciplina filosófica que se centra en temas e conceptos centrais das tradicións relixiosas,[7] desde as súas orixes na antigüidade clásica até a actualidade, cunha perspectiva contemporánea ou historicista e retrospectiva.[7]
En filosofía, criticar non consiste en falar mal de algo ou de alguén, senón que é un xeito de pensar e de argumentar que busca mirar sempre por detrás das nosas certezas para tratar de sacar á luz os prexuízos e os intereses enmascarados tras un exame crítico dos problemas.
Na actualidade, a filosofía diríxese cara á clarificación das distorsións da linguaxe que obstaculizan o desenvolvemento e a comunicación do saber. Recórdanos que a visión do mundo e das cousas que ten todo ser humano ou toda a sociedade é limitada e revisable, e está sempre aberta aos avances no propio coñecemento ("atrévete a pensar").[8]
As preguntas filosóficas son dunha amplitude e dunha profundidade que fan que non as poidamos responder nunca dunha vez por todas. Isto débese a que os seres humanos temos limitacións que non podemos superar.
A principios do século XXI, a filosofía segue traballando aínda nos problemas filosóficos clásicos. Pero tamén xurdiron problemas novos nos que a filosofía ten un compromiso de reflexión moi importante e urxente:[9]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.