seguridade en que unha proposición é verdadeira From Wikipedia, the free encyclopedia
A certeza é un coñecemento seguro, claro e evidente das cousas. Tamén se define como a firme adhesión da mente a algo coñecible, sen temor a errar, a persuasión completa de que se está en posesión da verdade. Se entendemos só o aspecto psicolóxico, referirmonos ao estado ou situación do espírito con relación a un xuízo que se considera verdadeiro e exclúe todo temor a equivocarse. O alcance gnoseolóxico do termo é máis amplo.
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
A certeza é unha adhesión ou asentimento, que pode proceder do entendemento ou da vontade; aínda que debe responder á obxectividade do xuízo ou á verdade na que se asenta.
É difícil xustificar o termo de certeza debido a que se multiplicaron e diversificaron os campos do saber humano. Por iso hai que aludir a dúas posturas histórias: o escepticismo e o dogmatismo. O escepticismo considera que non hai ningún saber firme, nin se pode encontrar ningunha opinion segura. Mentres que para o dogmatismo a certeza non necesitaría xustificación; xa que as verdades impoñense por si mesmas. Pero o dogmatismo é un realismo inxenuo xa que mantén unha confianza excesiva no poder da razón, así como a admisión dalgunhas verdades indemostrables ou verdades evidentes por si mesmas.
Pódense facer múltiples clasificación da certeza. Algúns autores distinguen unha certeza subxectiva dunha obxectiva. Podemos diferenciar varias clases de certeza:
O criterio de certeza debe garantirnos que a firmeza subxectiva da nosa adhesión concorda coa evidencia obxectiva da verdade aceptada. A principal dificultade está en depurar o concepto de obxectividade. Este concepto admite uns grados de obxectividade que permite numerosas matizacións que poden dar á evidencia nas distintas escolas ou tendencias gnoseolóxicas.
Para a filosofía escolástica tradicional, é o estado firme da mente que se pega a unha verdade. Mentres que para a filosofía moderna, especialmente para a racionalista é o firme asentimento fundado na evidencia do obxecto.
Descartes distingue dous tipos de certeza: A primeira é denominada moral, xa que di que é suficiente para regular as nosas costumes ou tan grande como a daquelas cousas das cales non acostumamos a dubidar, como por exemplo no que concirne a dirección da vida. Esta primeira certeza xorde da convención da vida social e non pode ser obxecto de demostración. O seu campo de aplicación e moi extenso e, ademais, non e fiable se se quere xustificar dunha forma distinta da convención, costume etc.
A outra é polo contrario fiable.
A outra clase de certeza é cando pensamos que non é en absoluto posible que a cousa sexa distinta de como nós a xulgamos. Está baseada nun principio da metafísica seguro, que é o que, sendo Deus soberanamente bo e fonte de toda verdade, xa que é el quen nos creou, é certo que o poder ou a facultade que nos deu para distinguir o que é verdadeiro do que é falso non se equivoca en absoluto, se a usamos ben, e que nos mostra que evidentemente unha cousa é verdadeiraDescartes
O campo de extensión desta segunda clase de certeza é inmenso: esténdese ao "coñecemento dos corpos do mundo", e a todo o que en relación ten que ver con estes corpos, pode ser demostrado, segundo Descartes polas matemáticas.
Kant di que a certeza vai acompañada da conciencia da necesidade.
Hegel di que a certeza debese a actividade reflexiva do suxeito de saber, e que por iso expresa a posesión subxectiva dun saber, que é o resultado da identidade entre o individuo e o xeral. Tal identidade aparece na "na razón que observa" e a "realización da autoconciencia racional por si mesma". O problema da certeza e da verdade disólvese na afirmación da racionalidade do real e no concepto de espírito, que á súa vez recibe unha transparencia completa no saber absoluto. En resumo, idealmente, "a verdade non só é en si completamente igual a certeza, senón que tamén ten a figura da certeza de si mesma ou é no seu ser-alí, "é dicir, para o espírito que a sabe, na forma do saber de si mesmo".
As análises de Hegel e o materialismo dialéctico insisten sobre a transformación constante, indispensable segundo eles para que a certeza, satisfacción do coñecemento subxectivo, tenda indefinidamente cara á verdade, satisfacción do coñecemento obxectivo.
Lagneau di que a certeza é a disposición intelectual de quen se adhire firmemente o que considera verdadeiro.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.