Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Paradigma, termo derivado do grego antigo παράδειγμα (parádeigma), que á súa vez se compón cos vocábulos παρά (pará, 'xunto a', 'ao lado') e δείγμα (deígma, 'mostra', 'exemplo'), e que podemos traducir como "modelo", é un modelo ou patrón en calquera disciplina científica ou noutro contexto epistemolóxico.
Esta definición correspóndese co significado máis usual da palabra case homónima do idioma inglés paradigm.[1]
Pero o concepto foi orixinalmente específico da gramática; en 1900, o dicionario Merriam- Webster's definía o seu uso soamente en tal contexto (ou en retórica, para referirse a unha parábola ou a unha fábula).
En lingüística, Ferdinand de Saussure usou paradigma para referirse a unha clase de elementos con similitudes. Mesmo no dicionario da Real Academia Galega recóllese só o significado gramatical e lingüístico [2]
O termo ten tamén unha concepción no campo da psicoloxía refiríndose a acepcións de ideas, pensamentos, crenzas, incorporadas xeralmente durante a nosa primeira etapa de vida, que se aceptan como verdadeiras ou falsas sen poñelas a proba dunha nova análise.
Non obstante, dado que este termo se utiliza amplamente en ciencia, en técnica e en epistemoloxía en galego coa definición aquí expresada, non se pode considerar que esta interpretación do vocábulo paradigma non sexa axeitada, polo menos, a efectos prácticos.[3]
Neste artigo tratarase só do paradima científico. Para os aspectos gramaticais e lingüísticos do termo, véxase o artigo Paradigma.
O filósofo e científico Thomas Kuhn deu a paradigma o seu significado máis contemporáneo cando o adoptou para referirse ao conxunto de prácticas que definen unha disciplina científica durante un período específico de tempo. O mesmo Kuhn prefería os termos exemplar ou ciencia normal, que teñen un significado filosófico máis exacto. Porén, no seu libro A estrutura das revolucións científicas [4] define un paradigma da seguinte maneira:
Considero os paradigmas como realizacións científicas universalmente recoñecidas que, durante certo tempo, proporcionan modelos de problemas e solucións a unha comunidade científica. (...) O paradigma é un cadro que define os problemas e os métodos lexítimos, e que permite así unha mais grande eficacia na investigación: unha linguaxe común favorece a difusión dos traballos e canaliza as investigacións.Thomas Kuhn, The Structure of Scientific Revolutions.
Os modelos paradigmáticos son modelos metafísicos e epistemolóxicos, que proporcionan o "contexto" en que se forman os diferentes modelos teóricos e teorías dun nivel inferior, presentando as directrices xerais de agrupamento das diferentes teorías.
O dicionario Oxford define paradigma, na súa primeira acepción, como un patrón ou modelo, un exemplo.[5] Así, un compoñente adicional da definición de Kuhn é:
Desta forma, dentro da ciencia normal, un paradigma é o conxunto de experimentos modélicos capaces de seren copiados ou emulados, sendo a base para crear un consenso científico. O paradigma prevalente presente no consenso imperante representa, a miúdo, unha forma máis específica de ver a realidade ou as limitacións de propostas para a investigación futura; máis que un método científico moito máis xenérico. Isto nos podería conducir a un paradigma positivista.[6][7]
Un exemplo de paradigma comunmente aceptado sería o modelo estándar da física. Os métodos científicos permitirían aos científicos ortodoxos investigar moitos fenómenos que poden resultar contraditorios ou contrastantes co modelo estándar. Porén, é moito máis difícil obter consenso para os mesmos, en proporción á diverxencia dos principios aceptados do modelo estándar que tales experimentos examinarían. Por exemplo, un experimento para investigar a masa do neutrino ou a descomposición de neutróns recibiría máis fondos que un experimento que buscara violacións á conservación de momentos, ou outro que pretendera estudar a enxeñería das viaxes no tempo.
Algúns conceptos máis despectivos (pensamento de grupo[8] ou o seu case equivalente mindset) teñen significados moi similares que aplican a pequena e grande escala do pensamento disciplinado.
Michel Foucault usou os termos epistemolóxico, discursivo, matese e taxinomial, para aspectos do paradigma no sentido orixinal dado por Kuhn.[9].
O cambio de paradigma adoita ser difícil (dramático, dirían os anglosaxóns) nas ciencias, xa que estas parecen ser estábeis e maduras, como a física a fins do século XIX. Naquel tempo a física aparentaba ser unha disciplina que completaba os últimos detalles dun sistema moi traballado.
É famosa a frase de Lord Kelvin en 1900, cando dixo: "Non queda nada na actualidade por ser descuberto no campo da física. Todo o que falta son medidas máis e máis precisas".
Tan só cinco anos despois desta aseveración, Albert Einstein publicou seu traballo sobre a relatividade especial que fixou un sinxelo conxunto de regras superando a mecánica de Newton, que fora utilizada para describir a forza e o movemento por máis de douscentos anos.
Neste exemplo, o novo paradigma reduce ao vello a un caso especial, xa que a mecánica newtoniana segue sendo unha excelente aproximación no contexto de velocidades lentas en comparación coa velocidade da luz.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.