A dos hematopódidos (Haematopodidae) é unha é unha familia de aves limícolas da orde dos caradriformes que comprende un único xénero, Haematopus.

Máis información Clasificación científica, Especies ...
Hematopódidos
Haematopodidae

Haematopus longirostris
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Superclase: Tetrapoda
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Familia: Haematopodidae
Bonaparte, 1838
Xénero: Haematopus
Linnaeus, 1758
Especies
Véxase o texto
Pechar

As súas especies, coñecidas en galego como gabitas,[1] gavitas,[2][3][4] ou lampareiros,[5] encóntranse nas costas de todo o mundo, agás nas rexións polares e nalgunhas rexións tropicais de África e o sueste asiático. As excepcións a esta distribución costeira son H. ostralegus e H. finschi, que se reproducen lonxe das costas, ás veces moi no interior. No pasado houbo moita confusión sobre os límites das especies; por exemplo, determinadas poboacións de H. bachmani recibiron o status de especie, pero H. longirostris foi considerada unha soa especie.[6]

En Galicia vive Haematopus ostralegus.[1]

Taxonomía

Thumb
H. palliatus
Thumb
Xuvenil

Descrición

Familia

A familia foi descrita en 1838 polo naturalista francés Charles Lucien Bonaparte.

Xénero

O xénero fora descrito en 1758 por Linnaeus na 10ª edición do seu Systema naturae.[7]

Etimoloxía

O nome científico do xénero, Haematopus, está formado pola unión das voces do grego antigo αἳμα. haíma, "sangue", e πούς poús, "pé", "pata" (de animal).[8] Literalmente: "os de patas de cor do sangue".

Especies

Segundo a IOC World Bird List do Congreso Ornitolóxico Internacional, Versión 9.2 (2019), na actiualidade recoñécense as especies seguintes:

  • Haematopus ater Vieillot, 1825
  • Haematopus bachmani Audubon, 1838
  • Haematopus chathamensis Hartert, 1927
  • Haematopus finschi G. H. Martens, 1897
  • Haematopus fuliginosus Gould, 1845
  • Haematopus leucopodus Garnot, 1826
  • Haematopus longirostris Vieillot, 1817
  • Haematopus moquini Bonaparte, 1856
  • Haematopus ostralegus Linnaeus, 1758
  • Haematopus palliatus Temminck, 1820
  • Haematopus unicolor J. R. Forster, 1844

Ademais, unha especie endémica das illas Canarias extinguiuse recentemente:

  • Haematopus meadewaldoi Bannerman, 1913

Características

Thumb
Unha parella de gabitas euroasiáticas (Haematopus ostralegus)

As distintas especies de gabitas mostran poucas variacións en forma e aparencia. Miden desde os 39 aos 50 cm de lonxitude e de 72 a 91 cm de envergadura alar. A gabita (ou gabita euroasiática) é a máis lixeira como media, de 526 g, mentres que o Haematopus fuliginosus é o máis pesado con 819 g.[9] A plumaxe de todas as especies é ou toda negra ou negra (ou marón escura) por arriba e branca por debaixo. O Haematopus unicolor é un tanto excepcional por ser todo negro ou pinto. Son aves grandes e ruidosas parecidas a píllaras (xénero Pluvialis), con peterios masivos longos laranxas ou vermellos usados para esmagar ou abrir moluscos. A forma do peteiro varía entre especies, segundo a súa dieta. As aves con peteiros con punta con forma de folla de coitelo forzan a abertura ou esmagan as cunchas de moluscos, e os que teñen puntas bicudas tenden a sondar o substrato buscando vermes anélidos. Mostran dimorfismo sexual, xa que as femias teñen peteiros máis longos e pesados que os machos.[6]

Alimentación

A dieta das gabitas varía segundo a localidade. As especies que viven no interior aliméntanse de miñocas e larvas de insectos.[6] A dieta das especies costeiras é máis variada, aínda que depende do tipo de costa; en estuarios os bivalvos, gasterópodos e vermes poliquetos son a parte máis importante da dieta, mentres que nas costas rochosas depredan lapas, mexillóns, diversos gasterópodos e quitóns. Outras presas son equinodermos, peixes e cangrexos.

Reprodución

Case todas as especies de gabitas son monógamas, aínda que hai informes de poligamia na gabita euroasiática. Son territoriais durante a estación reprodutora (e unhas poucas especies defenden o territorio todo o ano). Hai unha forte fidelidade á parella e ao sitio nas especies que foron estudadas, e unha parella defendeu o mesmo sitio durante 20 anos. Fan un só intento de nidificación en cada estación reprodutora, que ten lugar nos meses de verán. Os niños son simples, escavacións no chan que poden estar forradas e situados nun lugar con boa visibilidade. Os ovos teñen pintas e son crípticos. Poñen entre un e catro ovos, pero o típico son tres no hemisferio norte e dous no sur. A incubación dos ovos é compartida pero non proporcionalmente, porque as femias tenden a pasar máis tempo chocando os ovos e os machos ocúpanse máis da defensa do territorio. O período de incubación varía coa especie, e dura entre 24 e 39 días. Igual que o cuco, ás veces poñen os seus ovos nos niños doutras especies, como gaivotas, abandonándoos para que a outra ave coide os polos.[10]

Conservación

A especie das illas Canarias Haematopus meadewaldoi extinguiuse no século XX. O Haematopus chathamensis é endémico das illas Chatham de Nova Zelandia, pero está na lista das especies en perigo da IUCN, mentres que os Haematopus moquini de África e os Haematopus ostralegus de Eurasia considéranse case ameazados. Houbo conflitos cos criadores comerciais de moluscos que consideraban que estas aves prexudicaban as súas explotacións, pero os estudos sobre o seu impacto mostraron que o destas aves é moito menor que o dos cangrexos.

Especies

Máis información Nome científico, Imaxe ...
Especies en orde taxonómica
Nome científico Imaxe
H. leucopodus
Thumb
H. ater
Thumb
H. bachmani
Thumb
H. palliatus
Thumb
H. meadewaldoi
Thumb
H. moquini
Thumb
H. ostralegus
Thumb
H. longirostris
Thumb
H. finschi
Thumb
H. chathamensis
H. unicolor
Thumb
H. fuliginosus
Thumb
Pechar

Coñécese unha especie fósil: Haematopus sulcatus (Brodkorb, 1955) do Plioceno temperán da Florida.

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.