Equinodermos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os equinodermos (Echinodermata, plural latino do grego ἐχινόδερμα echinóderma, "pel con espiñas", de ἐχῖνος echínos, "espiña" δέρμα, -ατοσ dérma, -atos, "pel", echinodermata, da forma plural grega ἐχινοδέρματα).[1] son un filo de animais deuteróstomos mariños e bentónicos. O seu nome alude ao seu exclusivo esqueleto interno formado por osículos calcarios. Posúen, en estado adulto, simetría pentarradial secundaria, caso único no reino animal, e un sistema vascular acuífero característico.
![]() | Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Equinodermos Rango fósil: Cámbrico - actualidade | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Equinodermos. Lámina de Ernst Haeckel. | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Subfilos e Clases | |||||||||||
|

Os equinodermos xurdiron no Cámbrico, hai uns 600 millóns de anos,[2] e a día de hoxe seguen sendo un dos filos máis importantes, contendo cerca de 7.000 especies viventes e arredor de 13.000 extintas.[3]
Características
Este grupo ten, ademais da súa particular simetría que o fai doado de recoñecer, unhas características propias que se poden resumir do seguinte xeito:
- Teñen un esqueleto interno (endoesqueleto) formado por ósiculos calcarios, que aparece recuberto por unha epiderme con cilios.
- O celoma e amplo e complexo e dá lugar ao sistema hemal e ao sistema ambulacral, característicos destes animais.
- Son deuteróstomos e enterocélicos, co mesoderma derivado do arquéntero e o blastóporo orixina o ano, características todas elas comúns aos cordados.
- A maioría dos membros deste grupo teñen un tubo dixestivo completo, con boca, esófago, intestino e ano.
- O sistema circulatorio tamén se chama sistema hemal e está formado por ringleiras de células con lagoas entre elas. Existe tamén un sistema perihemal que rodea ao anterior e que ten unhas cavidades chamadas seos e desenvolve un papel na nutrición do animal.
- O sistema nervioso non está centralizado nunha zona cerebroide (acefalia), e consta de tres aneis nerviosos dos que saen os nervios radiais cara aos distintos brazos.
- Carecen dun aparato respiratorio definido, só algúns presentan adaptacións para a respiración. Tamén carecen de sistema excretor.
- A reprodución é sexual, e son dioicos, con órganos reprodutores sinxelos e gonodutos simples.
- Teñen dous tipos de rexións: as cinco que posúen uns pés ou podios (ambulacro) e as que están no medio delas que carecen de podios (interambulacro).
- As larvas nacen con simetría bilateral que logo nos adultos se transforma en simetría radial e nalgúns casos aparece unha simetría radial secundaria.
Clasificación
Segundo o ITIS



Filo Echinodermata
- subfilo Eleutherozoa Bather, 1900
- superclase Asterozoa Zittel, 1895
- clase Asteroidea Blainville, 1830
- clase Somasteroidea Spencer, 1951
- superclase Cryptosyringida Smith, 1984
- clase Echinoidea Leske, 1778
- clase Holothuroidea Blainville, 1834
- clase Ophiuroidea Gray, 1840
- superclase Asterozoa Zittel, 1895
- subfilo Pelmatoza Bather, 1900
- clase Crinoidea Miller, 1821
Segundo o WRMS
Filo Echinodermata
- subfilo Asterozoa
- clase Stelleroidea
- subclase Asteroidea
- subclase Ophiuroidea
- clase Stelleroidea
- subfilo Crinozoa
- clase Crinoidea
- subfilo Echinozoa
- clase Echinoidea
- clase Holothuroidea
Segundo o NCBI
Filo Echinodermata
- sen rango Eleutherozoa
- superclase Asterozoa
- clase Asteroidea
- clase Ophiuroidea
- superclase Echinozoa
- clase Echinoidea
- clase Holothuroidea
- superclase Asterozoa
- sen rango Pelmatozoa
- clase Crinoidea
Filoxenia
O seguinte cladograma amosa as posibles relacións filoxenéticas dos principais grupos de equinodermos:[4][5]
Echinodermata |
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.