videoxogo baseado no quinto libro da saga Harry Potter From Wikipedia, the free encyclopedia
Harry Potter and the Order of the Phoenix é un videoxogo que se basea no quinto libro da popular saga Harry Potter de J. K. Rowling e máis na adaptación cinematográfica. O xogo foi creado para Game Boy Advance, Microsoft Windows, Nintendo DS, PlayStation 2,[1] PlayStation 3, PlayStation Portable, Xbox 360, Wii e Mac OS X.[2] Foi posto á venda o 25 de xuño de 2007 nos Estados Unidos, o 28 de xuño en Australia e o 29 de xuño no Reino Unido e Europa para PlayStation 3, PSP, PlayStation 2, Windows e o 3 de xullo para a maioría das demais plataformas.
Harry Potter and the Order of the Phoenix | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | EA Bright Light |
Distribuidora(s) | Warner Bros. Interactive Entertainment |
Motor | RenderWare |
Lanzamento | 2007 |
Xénero | Acción |
Modos de xogo | Un xogador |
Clasificación | PEGI USK |
Plataforma(s) | |
Serie | Harry Potter |
Na rede | |
Páxina oficial | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O tema do xogo é explorar Hogwarts e seguir a historia do libro e do filme. EA Games fomentou a participación dos fans no desenvolvemento do xogo, así que traballaron cun consello de fans. Porén, a diferenza do xogo anterior (Cáliz de fogo) que era de acción-orientada, desta vez a aventura está no estilo de sandbox. Similar a Grand Theft Auto e Bully, no que Hogwarts é completamente explorable a meirande parte do tempo, e onde hai "puntos para descubrir", os cales proporcionan recompensas para o xogador, que pode ser activados ao completar misións en equipo. Ademais, durante o xogo, hai batallas entre un grupo de estudantes, como se mostra no tráiler do xogo.
Harry Potter, Ron Weasley e Hermione Granger volven á Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería, e alí descobren que a meirande parte da comunidade máxica non cre que o retorno de Lord Voldemort sexa certo, tal e como Harry dixo.
(Cos seguintes personaxes de embaixo só se xoga durante unha misión).
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.