numismático suízo From Wikipedia, the free encyclopedia
Hans-Ulrich Geiger, nado en Biel en 1937, é un numismático suízo.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1937 Biel/Bienne, Suíza |
País de nacionalidade | Suíza |
Educación | Universidade de Berna. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática |
Ocupación | numismático |
Premios | |
1980: Premio Duchalais (AIB-L). 1993: Jeton de Vermeil (SFN). |
Hans-Ulrich Geiger naceu en 1937 na cidade de Biel (ou Bienne) e pasou a súa infancia en Ligerz, ao pé do Lago de Biel.[1]
En 1959 acadou a súa titulación como bibliotecario e traballou no Gabinete de Medallas do cantón de Vaud, en Losana, así como na biblioteca municipal e universitaria de Berna.[1]
En 1960 iniciou os seus estudos superiores de Historia de Suíza e de Historia xurídica na Universidade de Berna, cunha estadía no curso 1962-1963 na Universidade de Viena, e en 1967 acadou o seu doutoramento coa tese titulada Der Beginn der Gold- und Dickmünzenprägung in Bern ("O comezo da cuñaxe en ouro e a moeda grosa en Berna"), publicada o ano seguinte.[1][2]
Despois do seu doutoramento ingresou como consrvador no gabinete numismático do Banco Nacional Suízo en Zürich, no que permaneceu ata 1990.[1]
Entre 1974 e 1983 impartiu docencia na Universidade de Berna e na Universidade de Zürich. Nesta última acadou a súa habilitación en 1984, no campo da Historia Monetaria, o que lle permitiu acceder á cátedra, que ocupou ata 2002.[1]
Entre outras entidades de carácter asociativo, Geiger é membro da Sociedade Suída de Numismática, de cuxo consello directivo formou parte entre 1968 e 1985, e no posto de presidente no período 1975-1982. Nesta entidade foi tamén coeditor da súa publicación periódica Schweizer Münzblätter entre 1968 e 1975, e é membro do consello editorial de Schweizerische Numismatische Rundschau.[3] Así mesmo, desde 1988 forma parte da Sociedade Numismática Austríaca, a partir de 2008 como membro honorario. Desde 2009 é tamén membro honorario do Consello Internacional de Numismática.[1]
Geiger tamén é membro da Académie des Inscriptions et Belles-Letres, de París e da Academia Suíza de Humanidades e Ciencias Sociais, e desde 1981 é membro correspondente do Instituto Arqueolóxico Alemán.[1]
Esta é unha escolma dalgúns dos traballos monográficos de Geiger publicados ao longo da súa traxectoria:[5][6][7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.