From Wikipedia, the free encyclopedia
A Universidade de Berna é unha universidade que se atopa na capital de Suíza, Berna, fundada en 1834. Por estar localizada na rexión de lingua alemá do país, o seu nome oficial é Universität Bern, aínda que sexa frecuentemente designada polo seu nome francés, Université de Berne.
Universidade de Berna | |
---|---|
Universidade de Berna | |
Datos xerais | |
Localización | Berna |
Datos actuais | |
Reitor | Christian Leumann |
Alumnos | 17 514 (matriculación feminina: 56%; matriculación internacional: 13%) (2016)[1] |
Datos de contacto | |
Enderezo | Universität Bern, CH-3012 Berna |
Páxina web | unibe.ch |
[ editar datos en Wikidata ] |
A universidade é regulamentada e financiada polo Cantón de Berna. Entre algúns dos seus exalumnos máis salientables están o teólogo suízo Karl Barth e o filósofo alemán Walter Benjamin.
A clasificación mundial de universidades de 2006 do Times Higher Education Supplement (THES), suplemento de educación do xornal inglés The Times, clasifica a Universidade de Berna como:
Na Clasificación Académica das Universidades do Mundo (ARWU) de 2006, a Universidade de Berna foi, de acordo co sistema de clasificación:
A universidade ten arredor de 13.000 estudantes, inscritos en oito facultades distintas:
A Facultade Filosófico-Histórica é semellante a un departamento de Artes e Ciencias das universidades norteamericanas, con diplomas (Hauptfächer) nunha gran variedade de asuntos. A Facultade Filosófica-Científica restrínxese a ciencias como a Química e a Física. A Facultade Filosófica-Humanística foi fundada en 2005, e ofrece estudos nos campos da Pedagoxía, Educación Física e Psicoloxía. O departamento de Teoloxía Católica Antiga, na Facultade de Teoloxía, é o único lugar no mundo en estudar a teoloxía nesta denominación.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.