grupo poético galego From Wikipedia, the free encyclopedia
O Grupo de Comunicación Poética Rompente foi creado en 1975 por Alfonso Pexegueiro, Antón Reixa, Alberto Avendaño e Manuel M. Romón, e a el estiveron vencellados de maneira máis fugaz Camilo Valdehorras e Xosé Leira López.
Grupo Rompente | |
---|---|
Tipo | grupo literario |
Data de fundación | 1975 |
Traballos destacados | A dama que fala |
País | España |
[ editar datos en Wikidata ] |
Rompente comezou en 1975 cando no verán deste ano Pexegueiro coñece a Antón Reixa e fálalle de crear un Grupo de Poesía en Galicia. Antes, Pexegueiro, fixera a proposta de crear un Grupo de Poesía a Darío Xohan Cabana, que nese momento por razóns persoais non podía. Darío presentolle entón a Méndez Ferrín e este a Antón Reixa, quen despois de pensalo durante uns días, aceptou. O primeiro recital dérono Pexegueiro e Reixa en outubro de 1975 no IES Valle Inclán de Pontevedra.
En decembro de 1975 preparouse a edición de Seraogna na casa do pintor Vázquez Diéguez, en Pontevedra; imprimiuse na imprenta Paredes, e saíu á rúa o 10 de maio de 1976, sendo a primeira publicación de Rompente. Este primeiro núcleo -formado xa por Pexegueiro, Reixa, Romón e Avendaño- preparou manifestos, recitais e interviu poeticamente en festas e manifestacións. Dese momento son as Follas de resistencia poética (1976-77). En maio de 1976 Rompente foi convidado á homenaxe que Los Pueblos de España lle fixeron a Miguel Hernández en Orihuela, do 17 ao 27 de maio. Ata alí se desplazaron Alfonso Pexegueiro, Antón Reixa e a súa compañeira, Enma Pino, e Alberto Avendaño. Rompente tivo tres actuacións, o 22, 23 e 24 de maio. A primeiros de 1978, Pexegueiro marchou do Grupo. En 1977 vertebrouse como grupo cohesionado esteticamente que quere controlar a comunicación literaria dunha maneira total, polo que se constituíron como editores alternativos publicando Seraogna de Pexegueiro e Con pólvora e magnolias de Xosé Luís Méndez Ferrín.
Pasou a chamarse Colectivo de Comunicación Poética Rompente comportándose como unha factoría poética e asumindo como propia a vangarda como actitude. O seu concepto integral da creación levounos a montar diversos espectáculos poéticos que se presentan en institutos e festivais de música: Moisés e a Mona, A tristeza de Ezza e A Dama que fala. Desta época data a publicación de varios libros de poesía asinados polo colectivo e outros por cada un dos poetas.
Cultivaron moitas das modalidades da poesía experimental, especialmente as empregadas polo dadaísmo: poesía fonética, disolución dos xéneros literarios, espontaneidade...
O grupo desfíxose en 1983. Volveron xuntarse en 2021 para publicar Que hostia din os rumorosos?, ilustrado e deseñado por Menchu Lamas, Rubén Romero e Antón Patiño, con limiar do músico Julián Hernández, de Siniestro Total.[1]
En 1998 Xerais publicou Upalás, unha antoloxía do Grupo poético, realizada por Iris Cochón e Helena González.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.