actor, presentador e escritor galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Manuel María Romón Alonso, coñecido como Manolo Romón, nado en Vigo en 1956, é un actor, presentador e escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1956 (67/68 anos) Vigo, España |
Actividade | |
Ocupación | escritor, actor, poeta |
Xénero artístico | Poesía |
Conduciu un espazo literario Libro aberto na TVG[1] e participou como actor, desde 2005 ao 2013, na teleserie da mesma canle Libro de familia, onde interpretou o papel de Don Venancio.
Na súa traxectoria profesional televisiva destacan as súas colaboracións no espazo infantil Xabarín Club ou o programa concurso Todos a bordo, do que foi presentador a finais dos 90 entre outros proxectos. Como actor participou en 2001 na serie Fíos.
En canto á súa faceta literaria, foi membro do Grupo Rompente (no que coincidiu con Antón Reixa, Alberto Avendaño e Alfonso Pexegueiro), co que participou na escritura dos libros colectivos Silabario da turbina (1978), A dama que fala (1983) e Upalás (1998).
É un bo amigo do grupo musical vigués Siniestro Total, co que ten colaborado en varias ocasións. Con algúns dos seus compoñentes coincidiu na banda predecesora do conxunto liderado por Julián Hernández, Mari Cruz Soriano y los que afinan su piano.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.