Granulita
rocha metamórfica From Wikipedia, the free encyclopedia
rocha metamórfica From Wikipedia, the free encyclopedia
As granulitas son unha clase de rocha de metamorfismo de alto grao da facies da granulita que experimentaron un metamorfismo de alta temperatura e moderada presión.[1] Son rochas de gran medio a groso e están compostas principalmente de feldespatos ás veces asociados con cuarzo e minerais ferromagnesianos hidratados, con textura granoblástica e de gneis a estrutura masiva.[2] Son de especial interese para os xeólogos porque moitas granulitas representan mostras da codia continental profunda. Algunhas granulitas experimentaron descompresión ao pasaren de zonas profundas da Terra a zonas máis superficiais a alta temperatura; outras arrefriaron mentres permanecían en zonas profundas da Terra.
Os minerais presentes nunha granulita varían dependendo da rocha parental a partir da que se formou a granulita e das condicións de presión e temperatura sufridas durante o metamorfismo. Un tipo común de granulita atopada en rochas metamórficas de alto grao dos continentes conteñen piroxeno, feldespato plaxioclasio e minerais accesorios como granate, óxidos e posiblemente anfíbolos. Poden estar presentes tanto os clinopiroxenos coma os ortopiroxenos, e, de feito, a coexistencia de clino- e ortopiroxeno nunha metabasita (basalto metamorfizado) define a facies da granulita.
Unha granulita pode ser bastante distintiva visualmente con abundantes granates de piralspita vermellos ou rosas pequenos nunha matriz 'granular' holocristalina. Poden formarse concentracións de granates, micas ou anfíbolos cunha disposición linear que lembra as bandas dos gneis ou migmatitas.
Diagrama que mostra as facies metamórficas nos distintos espazos de presión-temperatura. O dominio do gráfico corresponde ás circunstancias reinantes no interior da codia e manto superior terrestres. |
As granulitas fórmanse nas profundidades da codia, tipicamente durante o metamorfismo rexional a altos gradientes térmicos de máis de 30 °C/km.[3] Nas rochas da codia continental a biotita pode alterarse a altas temperaturas transformándose en ortopiroxeno + feldespato potásico + auga, producindo unha granulita. Outros posibles minerais que se forman en condicións de fusión e deshidratación son a zafirina, espinela, sillimanita e osumilita. Algunhas ensamblaxes como zafirina + cuarzo indican temperaturas moi altas de máis de 900 °C. Algunhas granulitas poden representar os residuos da fusión parcial na extracción de fundidos felsicos en cantidades variables, e en casos extremos representan rochas nas que todos os constituíntes minerais son anhidros e así parece como se non fundisen en condicións de temperaturas ultaaltas. Por tanto, cómpren temperaturas moi altas de 900 a 1150 °C para producir as ensamblaxes minerais da facies da granulita. Temperaturas tan altas nas profundidades da codia só poden orixinarse polo ascenso de manto astenosférico en lugares de rifting continental, que pode causar o metamorfismo rexional aos altos gradientes térmicos de máis de 30 °C/km.
A facies da granulita determínase polo límite de baixa temperatura de 700 +/− 50 °C e o rango de presión de 2–15 kb. A ensamblaxe mineral máis común da facies da granulita consiste en plaxioclasio antipertítico, feldespato alcalino que contén ata o 50% de albita e piroxenos ricos en Al2O3.
A transición entre a facies da anfibolita e da granulita defínese por estas reaccións isógradas:
A subfacies de granulita de horneblenda é unha rexión de coexistencia transicional de minerais ferromagnesianos anhidros e hidratados, así que as isógradas antes mencionadas marcan a fronteira coa subfacies da granulita de piroxeno, facies con ensamblaxes minerais completamente anhidras.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.