especie de paxaro From Wikipedia, the free encyclopedia
Goura sclaterii, coñecida na bibliografía internacional como pomba coroada de Sclater, ou gura de Sclater, é unha especie de ave pertencente á subclase das neornites, infraclase dos neognatos, superorde das neoaves, granorde dos columbimorfos, orde das columbiformes, subfamilia dos gurinos, unha das catro integradas no xénero Goura.[2]
Goura sclaterii Pomba coroada de Sclater, gura de Sclater | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Goura sclaterii pousada nunha árbore | |||||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||
Case ameazada[1] | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
Goura sclaterii Salvadori, 1876 | |||||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||||
|
Endémica de Nova Guinea, anteriormente considerábase unha subespecie da pomba coroada de Scheepmaker (Goura scheepmakeri) pero na actualidade trátase como especie separada.[2]
Ten unha lonxitude de 66 a 73 cm, e un peso de entre os 2000 e os 2235 g.[3]
A súa plumaxe é de cor gris azulada, coa peituga dunha tonalidade granate profunda. Na cabeza exhibe unha elaborada crista de encaixe azul, e o iris do ollo é vermello. Ambos os sexos son de aperencia similar.[4]
A pomba critada de Slater habita bosques primarios secos e inundados, a miúdo aluvais, nas terras baixas do sur da illa de Nova Guinea, até os 500 m de altitude.[5][6]
Aliméntase no solo en pequenos grupos de 2 a 10 espécimes (historicamente até de 30 aves)[7] e pousa nas árbores (ao contrario que á súa parente Goura scheepmakeri, que é fundamentalmente terrestre). As aves en catividade comenzan a reproducírense a partir dos 15 meses de idade. Poñen un só ovo e coidan da cría durante algúns meses despois da eclosión.[8]
A especie foi descrita orixinalmente en 1876 polo zoólogo italiano Tommaso Salvadori co actual nome binomial Goura sclaterii.[9]
Para a do xénero, véxase Goura.
O epíteto específico, scheepmakeri, foi unha homenaxe que Salvadori lle fixo ao ornitólogo inglés Philip Sclater.[9]
A especie coñeceuse durante moito tempo como unha subespecie de Goura scheepmakeri:
Goura sclaterii foi en principio considerada como conespecífica con Goura scheepmakeri.[11]
Porén, un estudo filoxenético molecular publicado en 2018 encontrou que a pomba coroada de Scheepmaker estaba máis estreitamente relacionada con Goura victoria.[12]
Neste estudo descubriuse que as catro especies do xénero formaban dous pares: Goura cristata é irmá de Goura sclaterii, mentres que Goura scheepmakeri é irmá de Goura victoria. No cladograma seguinte móstranse as relacións destas especies e outras relacionadas con elas:[12]
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Os bosques das terras baixas, particularmente no terreos chans favorábeis pare esta especie, están ameazados pola corta e o desenvolvemento de plantacións de palmeira aceiteira. As estradas para o transporte de troncos e as construídas para as infraestruturas do petróleo e o gas natural permiten o acceso aos cazadores,[8] pero a densidade de poboación humana é moi baixa en gran parte de zona occidental da súa área de distribución.[1]
Goura sclaterii cázase para aproveitar a súa carne e, en menor medida, para as súas plumas.[6]. Cazouse até a súa extinción en gran parte da súa área de distribución no sueste, rexión amplamente poboada polo home.[5][13] Porén, a especie é bastante difícil de cazar sen unha escopeta (que esencialmente xa no está dispoñíbel en Nova Guinea) xa que escapa a unha distancia considerábel (uns 40 m) e pousa nas árbores, fóra do alcance dos cazadores con arcos, aínda que ás veces constrúense redes de caza na base de árbores froiteiras adecuadas.[1]
Segundo a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), tendo en conta que, aínda que se estima que a poboación da especie é pequena e que se distribúe en subpoboacións moi pequenas, e que parece que está diminuíndo debido á perda e degradación do seu hábitat dos bosques das terras baixas, e quizais tamén á presión da caza, cualifica o seu estado de conservavión como NT (case ameazada). Porén, hai poucos datos cuantitativos, e novas informacións poden levala á súa recualificación.[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.