Remove ads
xénero de aves From Wikipedia, the free encyclopedia
Goura é un xénero de aves columbiformes, da familia dos colúmbidos, o único da subfamilia dos gurinos, que comprende catro especies (ou tres, segundo os autores), endémicas de Nova Guinea e illas adxacentes.
Goura | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Goura victoria | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||||||
Columba cristata Pallas, 1764 | |||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||
|
Son os membros máis grandes da familia. As catro especies son moi parecidas, e non son simpátricas xeograficamente.
Xunto coa pomba de Nicobar (Caloenas nicobarica) e a pomba manumea (Didunculus strigirostris) están estreitamente relacionadas cos extintos dodo e o solitario de Rodrigues.
Aliméntanse de froitos caídos, sementes e caracois do solo da selva. Machos e femias son case idénticos, pero durante a época de celo o macho arrola e exhíbese para a femia. Ambos os sexos incuban un único ovo durante 28 ou 30 días, e o pito tarda outros 30 días para emplumar. A lonxevidade máxima pode ser superior a 20 anos.
O xénero foi descrito en 1819 polo naturalista inglés James Francis Stephens,[1] na páxina 119 da súa obra General Zoology, e a especie-tipo é Goura cristata, que foi descrita en 1764 por Peter Simon Pallas co nome de Columba cristata.[2][3]
O nome Goura é unha adaptación ao latín científico dun nome local dos nativos de Nova Guinea.[4][5]
As catro especies de Goura son:[6]
Porén, o ITIS só recoñece tres:[1]
Considerando a Goura sclaterii Salvadori, 1876 como unha subespecie de G. scheepmakeri, Goura scheepmakeri sclaterii Salvadori, 1876.[7]
Un estudo filoxenético molecular publicado en 2018 descubriu que as catro especies do xénero formaban dous pares: Goura cristata é irmá de Goura sclaterii, mentres que Goura scheepmakeri é irmá de Goura victoria.[8]
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.