From Wikipedia, the free encyclopedia
O dos columbimorfos (Columbimorphae) é un clado de aves (considerado por moitos autores como granorde) de Aves da subclase das neornites, infraclase dos neognatos e superorde das neoaves.
Columbimorfos Columbimorphae Rango fósil: eoceno - actualidade | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Rula turca (Streptopelia decaocto) | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Ordes | |||||||||||||||||||
|
A grandorde foi descrita en 1790 polo ornitólogo inglés John Latham na súa obra A General Synopsis of Birds.
O nome científico Columbimorphae está formado polos elementos do latín científico columb- e -morphae, unidos por un -i- epentético para facilitar a pronuncia. O primeiro é a raíz do xénero tipo, Columba. E o segundo é a forma plural do adxectivo do latín científico morphus, derivado do grego antigo μορφή morphḗ, "forma".[1]
A granorde comprende as seguintes tres ordes:
As relacións filoxenéticas entre estas ordes establecéronse a partir dos resultados de análises xenéticas.[2]
Columbimorphae |
| ||||||||||||
Análise anteriores tamén apoiaban un agrupamento similar,[3][4][5] aínda que as relacións próximas exactas diferían:
Algúns estudos indicaban que a relación máis próxima era entre as gangas e as pombas (a opinión tradicional),[4][6][7] mentres que outros estudos indicaban que a relación máis próxima era entre os mesitos e as gangas.[5][8]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.