navegador web desenvolvido por Google From Wikipedia, the free encyclopedia
Google Chrome é un navegador web de balde[1][2] desenvolvido por Google. Utilizou o motor de renderización WebKit ata a versión 27 e, agás as versións para iOS, desde a versión 28 utiliza a bifurcación Blink.[3] A primeira versión, unha beta para Microsoft Windows apareceu o 2 de setembro de 2008, e a primeira versión pública estable o 11 de decembro de 2008.
Este artigo ou sección precisa dunha revisión ortográfica e/ou de gramática (recurso útil: corrector ortográfico en liña de galego). Podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Ortografía: Activar o revisor ortográfico. Colabora connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |
Google Chrome | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | |
Publicación inicial | 2 de setembro de 2008 |
Última versión | 84.0.4147.89 (15 de xullo de 2020 ) |
Estado de desenvolvemento | Con soporte. |
Escrito en | C++, Ensamblador, Python, JavaScript |
Sistema operativo | Android. |
Plataforma/s | IA-32, x86-64 e ARM |
Lingua/s | 47 idiomas Galego: Non |
Tipo | Navegador web |
Licenza | Freeware |
Sitio web | www |
En agosto de 2015 StatCounter estimaba que Google Chrome tiña unha cota de mercado do 56% entre os navegadores de ordenadores de escritorio,[4] e combinando todas as plataformas contaba co 45%.
Actualmente, Google Chrome ten varias canles de distribución para descargar e probar todas as súas compilacións. As canles comúns denominadas «Stable», «Beta» e «Dev» están accesibles desde o sitio web do proxecto Chromium[5], sendo os dous últimos repositorios para versións de desenvolvemento. O 22 de xullo de 2010, Google anunciou un novo sistema de lanzamentos máis frecuente para ofrecer aos usuarios características novas canto antes, coa meta[6] de entregar versións estables cada 6 semanas[7]. Debido a isto, incorporouse un novo canal de distribución (chamado «Canary») capaz de proporcionar unha versión diaria para probas en conxunto con outras canles de desenvolvemento do navegador[8]; o nome do canal refírese á práctica de levar un canario ás minas de carbón para permitir aos traballadores a detección precoz de gases perigosos[9].
En febreiro de 2012, Google lanza 'Chrome para Android Beta'. Cuxa versión está dispoñible só para Android 4.0 'Ice Cream Sandwich' en teléfonos intelixentes e tabletas. Coa posibilidade de abrir múltiples lapelas, sincronización de marcadores e lapelas coa versión de escritorio, modo incógnito, e ver sitios de uso recentes[10]. A finais de xuño Chrome para Android convértese nunha versión estable.
En xuño de 2012, durante o Google I/O 2012, anunciouse que Chrome será usado como navegador por predeterminado en Android 4.1 'Jelly Bean' xunto co lanzamento da tableta Nexus 7[11]. Tamén se anuncia Chrome para iOS, o cal está dispoñible[12] en iPhone, iPod touch e iPad.
En xaneiro de 2013, as versións Beta[13] de Chrome tamén están dispoñibles en Android para teléfonos e tabletas. As cales son das versións máis descargadas.
En abril de 2013, Google anunciou o seu novo motor de renderizado baseado en WebKit para Chrome e Chromium, chamado Blink, que se empregará desde a versión 28. As razóns[14] soamente técnicas para o cambio desde WebKit, son optimizar o código base e orientar o seu desenvolvemento especificamente para contribuír á Web e optimizar Chrome. Opera, outro navegador web, tamén anuncia o uso de Blink[15] en futuras versións.
Versión | Motor WebKit | JavaScript V8[16] | Data de publicación | Cambios significativos |
---|---|---|---|---|
0.2 | 525.13 | 0.3 | 02/09/2008 | Desprender as lapelas do navegador, modo incógnito, lapelas multiproceso, acceso rápido a sitios frecuentes, crear accesos directos ás aplicacións web con Google Gears. «Google Suggestions» dentro de Omnibox. Administrador de marcadores.[17] |
1 | 525.19 | 0.3 | 11/12/2008 | Exportar e importar marcadores, actualización do motor V8 para máis velocidade no lenguaxe JavaScript.[18] |
2 | 530.5 | 1.1 | 21/05/2009 | Dispoñible en 50 idiomas, máis de 300 bugs correxidos, opción de borrar sitios frecuentes no acceso rápido a sitios. Auto completado de formularios, zoom a páxina completa.[19] |
3 | 532.0 | 1.2 | 15/09/2009 | Añadido soporte para as etiquetas de HTML5 <canvas> , <son> e <video> , nova páxina de acceso rápido a sitios frecuentes, soporte para temas visuais, pasa a proba Acid3 (100/100). Suxestións de axuda e capacidade de mover as miniaturas dos sitios na nova páxina de marcado rápido, 29 temas visuais para o navegador, caixa Omnibox mellorada, 25 % máis rápido en JavaScript.[20] |
4 | 532.5 | 1.3 | 25/01/2010 | Chrome Beta para Linux (Debian/Ubuntu/Fedora/openSUSE para 32 e 64 bits).[21] Chrome Beta para Mac OS X (10.5 "Leopard" o superior, unicamente Intel).[22]
Só Windows: Rendemento un 30 % máis rápido que a versión 3.0. Soporte para máis de 1500 extensiones, sincronización de marcadores en liña. Melloras en HTML5 para notificacións personalizadas, bases de datos en web, almacenamento local, e soporte para Ruby. Aumento no rendimiento de JavaScript V8, e Skia. Un 42 % máis rápida no rendimento que a versión 3.0.[23][24] |
4.1 | 532.5 | 1.3 | 17/03/2010 | O tradutor de Google úsase para traducir sitios web (Google Translate) e engádense opcións para o control de contido de privacidade e listas de excepcións en cookies, imaxes, JavaScript, complementos e ventás emerxentes. Ademais, o identificador único tamén se eliminou do actualizador, mantendo a capacidade de coñecer o número de usuarios que usan Chrome sen ser demasiado invasivos[25]. |
5 | 533.4 | 2.1 | 25/05/2010 | Versión estable para Windows, Linux,[26] e Mac[27]. Novas características de HTML5: Xeolocalización, App Caché, web sockets, arrastrar e soltar ficheiros. Cambios no historial coa opción de borrar sitios por separado. Administrador de extensións coa opción de habilitar extensións no modo incógnito e soporte para scripts Greasemonkey (máis de 40.000 scripts en Userscript), ademais das 4.500 extensiones que agora posee Google Chrome na súa galería. Administrador de marcadores en lapela.[28] |
6 | 534.3 | 2.2 | 02/09/2010 | Conta con relleno automático de formularios, sincronización de extensións e sincronización de información de formularios, e selección dos elementos que o usuario desee sincronizar en liña. Un novo menú unificado, cambio de cores, e rediseñada a barra de herramentas. O plug-in de Flash Player 10.1 está habilitado de xeito predeterminado. O motor JavaScript V8 é un 15 % máis rápido que o da versión 5.0. Soporte para o novo formato de vídeo e son aberto para HTML5 chamado WebM. Inclúe un lector de ficheiros PDF que está desactivado de xeito predeterminado, pero coa posibilidade de activalo na ruta about:plugins . A barra Omnibox eliminou todos os , deixando só para conexións seguras.[29][30] |
7 | 534.7 | 2.3 | 19/10/2010 | Nesta versión arranxáronse centos de bugs.[31] Inclúense máis protocolos para HTML5 como File API, analizador de algoritmos, e directorio de subida de contidos.[32] Acelerador e soporte para 3D CSS. Agregado o proceso de GPU no Administrador de tarefas. Novo acceso about:labs para probar características experimentais do navegador. Resolto o acceso a direccións FTP en Linux. O lenguaxe AppleScript agora
é soportado en Mac OS X para interpretar File API. O lector PDF nativo agora funciona en sistemas operativos Linux, pero non se activa de xeito predeterminado. O sitio de análise HTML5TEST Arquivado 01 de marzo de 2014 en Wayback Machine., marca un puntaxe de 231 dun total de 300 nos requirimentos para HTML5.[33] |
8 | 534.10 | 2.4 | 02/12/2010 | Nesta versión arranxáronse máis de 800 bugs e melloras de estabilidade. O lector PDF activado por defecto forma parte do sandbox de seguridade de Chrome, sen necesidade de instalar software de terceiros para ler ficheiros PDF. A lapela experimental cambiou a about:flags , e contén novas opcións experimentais para o navegador. Tamén inclúe unha nova versión de Adobe Flash. A sincronización en liña agora permite sincronizar aplicacións para a tenda en liña de aplicacións web Chrome Web Store, á que se pode acceder desde esta versión ao quedar lista para iso.[34][35] |
9 | 534.13 | 2.5 | 03/02/2011 | A Chrome Web Store está aberta para todos os usuarios, engadiuse un enlace para a Web Store na páxina «Nova lapela», e añadido dúas aplicacións de mostra.[36]Está previsto que a tenda web de Chrome estea dispoñible noutros idiomas en breve. O illamento de procesos (Sandboxing) activouse para o complemento de Flash Player en todos os sistemas operativos, proporcionando maior seguridade contra sitios maliciosos. A opción de busca instantánea de sitios (como Google Instant) foi activada directamente na barra de direccións. WebGL está activado de xeito predeterminado, e brinda a función de aceleramento vía hardware (GPU) de gráficos 3D no navegador.[37][38][39] |
10 | 534.16 | 3.0 | 08/03/2011 | Nova versión do motor JavaScript V8 (Crankshaft), cun notorio aumento de velocidade dun 66 % respecto á versión 9 de Google Chrome. As preferencias agora se despliegan nunha lapela con buscador incluído, e as ventás de diálogo móstranse dentro da lapela. Mellorada a seguridade respecto a malware e deshabilitados os complementos (plugins) que estean desactualizados. Sincronización de contrasinais con Google. Aceleración de vídeo na GPU, provocando unha diminución dun 80 % no uso da CPU. Flash Player 10.2 incluído, e posto no sandbox de Chrome pero só en Windows. As aplicacións Web se executan en segundo plano, e os iconas das aplicacións Web se poden arrastrar para cambiar o seu orden.[40][41] |
11 | 534.24 | 3.1 | 27/04/2011 | Lanzase un novo logo minimalista de Google Chrome. Habilitado o aceleramento por GPU de 3D CSS, permitiendo agregar efectos 3D usando CSS. Agregado soporte para a API de reconocemento de voz para transcripción de voz a texto, mediante HTML5.[42][43] |
12 | 534.30 | 3.2 | 07/06/2011 | Rematou a implementación de aceleramento por hardware para 3D CSS que comenzó na versión 11. Nova navegación segura ante a descarga de arquivos maliciosos. Habilidade para borrar cookies de Flash Player. Posibilidade de lanzar aplicacións vía nome na barra Omnibox. Sincronización integrada na nova lapela de preferencias. Mellorada a lectura de pantalla para persoas con discapacidade visual. Eliminase Google Gears. Inclue a versión 10.3 de Flash Player.[44][45] |
13 | 535.1 | 3.3 | 02/08/2011 | Instant Pages, o novo prerenderizado de sitios do buscador Google, xa se pode usar nesta versión. Melloras na busca de palabras de historial web no Omnibox. Vista previa de impresión para Windows e Linux (pronto para Mac OS X). A vista previa de impresión trae a opción para gardar calquera sitio en formato PDF. Menú global e mellor integración coa nova interface de Ubuntu.[46][47] |
14 | 535.1 | 3.4 | 16/09/2011 | Integración de Native Client, o cal permite a execución de código C e C++ dentro do navegador. As aplicacións de Native Client permiten usar Pepper, un conxunto de interfaces que provee o enlace ás capacidades de HTML5. Tamén integrase Web Son, unha nova API para JavaScript que ofrece capacidades avanzadas de son, o que permite aos desenvolvedores unha experiencia con máis interacción en aplicacións e xogos. Encriptación na sincronización de todos os datos da conta. Vista previa de impresión para Mac, e soporte para as novas características de Mac OS X Lion. E cambio de favicon os monocromáticos nas lapelas técnicas do navegador.[48][49] |
15 | 535.2 | 3.5 | 25/10/2011 | Deseñouse 'Nova lapela', deixando aos sitios máis visitados, aplicacións e marcadores en páxinas por seccións, e foi posto un panel inferior para cambiar entre elas. Tamén permite crear novas seccións arrastrando os iconas das aplicacións ao panel inferior. Para remover un elemento dalgunha sección, soamente se arrastra o elemento cara o basurero que aparecerá na barra inferior. Nova API para Javascript a pantalla completa. O historial do Omnibox tamén pódese sincronizar. E lánzase un novo redeseño da Chrome Web Store.[50][51] |
16 | 535.7 | 3.6 | 13/12/2011 | Permite a creación de perfiles de usuario por separado, isto axuda a que os usuarios que compartan o navegador mantengan os seus datos sincronizados por separado. Tamén permite administrar os diferentes perfiles de usuarios. Ademais esta versión permite imprimir calquera sitio web con Google Cloud Print, en sistemas Windows, Mac o Linux.[52][53][54] Esta versión é a que se utilizó no lanzamento de Chrome para Android Beta. |
17 | 535.11 | 3.7 | 08/02/2012 | Nova páxina de benvida para sincronizar facilmente a conta Google coas configuracións de Chrome. Incremento de seguridade ao analizar os arquivos que van a ser descargados ao disco. Removido o signo máis (+) do botón para nova lapela. Nova API para extensións. Actualizado o prerenderizado de sitios ao usar o Omnibox.[55][56] |
18 | 535.19 | 3.8 | 28/03/2012 | Melloras no ámbito gráfico. Aceleración 2D Canvas e soporte de aceleración 3D en GPUs antiguas.[57][58] |
19 | 536.5 | 3.9 | 15/05/2012 | Nova sincronización de lapelas entre dispositivos que utilicen Chrome. Cun menú de dispositivos que muestra as últimas lapelas abertas noutros dispositivos, o menú tamén está dispoñible en Chrome para Android. Renovada páxina de configuración, con Historial de sitios e sección de Axuda.[59][60] Esta versión é a usada no lanzamento de Chrome para iOS. |
20 | 536.11 | 3.10 | 26/06/2012 | Actualizaciones de seguridade e estabilidade.[61][62] |
21 | 537.1 | 3.11 | 31/07/2012 | Inclúe dúas novas APIs para acceder á cámara, micrófono e soporte para gamepad sen utilizar plug-ins. Comenzo de implementación do estándar WebRTC, o cal permite a comunicación de video e son de alta calidade a través da web sen plug-ins. Tamén melloras en Google Cloud Print, para integrar impresoras directaente aos diálogos de impresión.[63][64] Flash Player máis seguro, grazas ao sandbox nativo baixo PPAPI, en versións para Windows e Linux, pronto para OS X.[65] Soporte para as novas pantallas de alta resolución en Macbooks con Retina Display.[66] |
22 | 537.4 | 3.12 | 25/09/2012 | Nova API para bloquear e desaparecer o cursor en xogos, e melloras para Windows 8. Tamén novo icona de menú para a consistencia coas súas versións móbiles.[67][68] |
23 | 537.11 | 3.13 | 06/11/2012 | Melloras cun 25 % máis de duración de batería na aceleración de GPU. Nova ventá para configurar permisos de sitios desde o Omnibox. Privacidade inclúe a opción 'Non realizar seguimento', o cal envía unha solicitude ao sitio web para non obter información do tráfico da navegación. Nova API que permite aos desenvolvedores crear aplicacións web con videochamadas en tempo real sen a necesidad de plug-ins. O video en HTML5 agora soporta subtítulos, títulos, descricións e capítulos. Nova API para adaptar a calidade de video baseado no tipo de conexión de red.[69][70] |
24 | 537.17 | 3.14 | 10/01/2013 | Un incremento de velocidade do 26 % en comparación a fai un ano en JavaScript. Tamén melloras na carga de diálogos de Google Cloud Print e partida do navegador. Novos agregados para desenvolvedores web, tales como Datalist, MathML, filtro personalizado para CSS, tamén novos API como IndexedDB, Intl, postMessage, requestAnimationFrame e performanceNow.[71][72] |
25 | 537.22 | 3.15 | 21/02/2013 | Non habrán máis instalacións silenciosas de extensións en Windows, todas as instalacións teñen que ser aprobadas polo usuario e as que non hayan sido aprobadas anteriormente polo usuario serán deshabilitadas. Nova API Web Speech de asistencia por voz. Cifrado SSL do Omnibox para usuarios que non hayan iniciado sesión en Google. Soporte para o codec de video VP9 e o codec de son Opus.[73][74][75] |
26 | 537.31 | 3.16 | 26/03/2013 | Actualizáronse varios dicionarios do corrector ortográfico e engadíronse novas funcións ao pedir suxestións de palabras en Google, ademais o dicionario personalizado sincronízase a través de dispositivos, e tamén se engadiron novos dicionarios para coreano, támil e albanés. Modo de composición forzada en Mac. Acceso directo aos perfiles multi-usuario e cambios ao deseño de menús en Windows. Transmisión asíncrona ao resolver DNS en Mac e Linux. Chrome para iOS recibe o modo de pantalla completa e soporte de impresión para Google Cloud Print e Air Print.[76][77][78] |
27 | 537.36 | 3.17 | 21/05/2013 | Carga dunha páxinas web 5 % máis rápida. Nova API Web Son para manipulación de son, e a API Sync FileSystem para sincronizar datos cara a Google Drive con aplicacións web. O panel de Ferramentas do desenvolvedor actualizouse en varias das súas seccións. Chrome para Android recibe o modo de pantalla completa, busca permanente desde o Omnibox ao usar Google, soporte de certificados para sitios web, e lapela de historial en tabletas. Chrome para iOS recibe busca por voz máis rápida e integrada no teclado, recarga de páxinas máis rápidas ao buscar en caché, e opción para respostas auditivas só ao seleccionar inglés.[79][80][81][82] |
Motor Blink[83] | ||||
28 | 537.36 | 3.18 | 09/07/2013 | A partir desta versión comenzase a utilizar o novo motor de renderizado Blink, con melloras de velocidade ao cargar contido DOM 10 % máis rápido, e reduce o tempo máximo de parada nun 40 %. Novas notificaciones enriquecidas con imáxenes, lista de texto e resposta directa, para aplicacións web e extensións, polo momento só para Windows e ChromeOS. Chrome para Android trae consigo unha nova API Fullscreen para que os sitios poidan esconder a barra superior, ademais dunha barra de tradución para sitios que non estean na mesma lengua do sistema operativo, modo pantalla completa en tabletas (esconde a barra de ferramentas), novo gráfico para ver o uso de datos, páxina de erros rediseñada e en teléfonos se agregó un botón "+" para crear novas lapelas.[84][85][86][87] |
Cor | Significado |
---|---|
Rojo | Versión sen soporte |
Verde | Versión estable actual |
Azul | Versión en desenvolvemento (Beta) |
En Develop Liverpool 2011, Paul Kinlan anunciou que nunha futura versión de Google Chrome (que sería lanzada no primeiro trimestre do 2012), este soportaría reconocemento de dispositivos plug-and-play[88] (enchufar e xogar) e cámaras web.
Os obxectivos principais no deseño do navegador foron mellorar a seguridade, a velocidade e a estabilidade que ofrecían os navegadores existentes. Tamén se fixeron cambios importantes na interface de usuario. Chrome montouse en 26 diferentes bibliotecas de código de Google e outras de terceiros tales como Netscape.[92]
Chrome descarga periódicamente actualizacións de dúas listas negras (para sitios de suplantación de identidade e para aqueles que conteñan software malicioso) e alerta aos usuarios cando intentan visitar unha páxina de contido perigoso. Este servizo tamén está dispoñible para o seu uso por terceiros a través dunha API pública gratuíta chamada «API de navegación segura de Google». No proceso de manter estas listas negras, Google tamén notifica aos propietarios dos sitios listados que poden non ter coñecemento da presenza de programas nocivos.
O equipo de desenvolvemento encargado de Gears estaba a estudar a posibilidade dun navegador multiproceso (hai que destacar que un problema coas implementacións actuais para navegadores web é que son inherentemente dun único proceso) e Chrome aplicou este concepto cunha arquitectura de multiprocesamento similar á usada por Internet Explorer 8. A cada tarefa (por exemplo, lapelas, plugins) asignallese un proceso separado. Isto impide que as tarefas interfiran entre si, o que é bo para a seguridade e a estabilidade; cada lapela en Chrome se aísla (do inglés sandbox, textualmente caixa de arena) para «evitar a instalación de software malicioso» o «impedir que o que ocurre nunha lapela poida afectar ao que sucede en outra», nun modelo de asignación de procesos complexo.[95] Se por algún motivo unha mala programación dunha páxina web o un plugin determinado ocasionan un erro, só a lapela actual quedará danada deixando o resto intacto. Esta lapela fallada converterase nunha «lapela triste», concepto similar á pantalla de erro das versións anteriores do sistema operativo macOS, a sad Mac.
Seguindo o principio de mínimo privilegio, cada proceso quítase dos seus dereitos e, polo tanto, non pode escribir nin ler arquivos en zonas sensibles (por exemplo, documentos, escritorio). Este método é similar ao «modo protexido» empregado por Internet Explorer en Windows Vista. O equipo de desenvolvemento encargado de «Sandbox» asegura que «converteron as súas fronteiras nos procesos nunha prisión». Por exemplo, un software malicioso que se executa nunha lapela non pode robar números de tarxetas de crédito, interactuar co rato ou dicir ao sistema operativo que execute un programa no inicio do sistema e, ademais, este proceso desaparecerá cando a lapela estea pechada. Isto non é máis que a imposición dun simple modelo de seguridade informática segundo o cal hai dous niveis de seguridade multinivel: usuario e caixa de arena. A caixa de arena só pode responder ás solicitudes de comunicación iniciadas polo usuario.
Algúns plugins como o Adobe Flash Player non siguen algúns estándares de seguridade e por isto non poden ser aislados como as lapelas. Estes a miúdo necesitan ser executados ao mesmo ou superior nivel de seguridade do propio navegador. Para reducir a exposición a un ataque, os plugins funcionan en procesos separados que se comunican co motor de renderizado, que á súa vez funciona con «privilegios moi baixos» en procesos dedicados para cada lapela. Estes complementos terán que ser modificados para funcionar dentro desta arquitectura de software e así seguir así os principios de mínimos privilegios.
Ademais, Chrome ten unha utilidade administradora de procesos, chamada Administrador de tarefas que lle permitirá coñecer o estado do navegador na súa totalidade, ver individualmente as estadísticas de sitios web ou plugins (os cales tamén van en procesos separados) sobre uso da memoria do sistema, ancho de banda usado (velocidade medida en bytes/s) e consumo de tempo de CPU, ademais de dar a opción de poder rematar a execución de cada elemento individualmente.
Chrome inclúe un modo de navegar de Incógnito[96] (similar á Navegación privada de Safari, Firefox u Opera; ou o modo InPrivate de Internet Explorer 8) que permite navegar por Internet con total privacidade, xa que non rexistra ningunha actividade e borra dos arquivos temporais as cookies utilizadas.
A máquina virtual para JavaScript considerouse un proxecto suficientemente importante como para separalo, tal como se fizo con Tamarin de Adobe/Mozilla, e foi desenvolvido por un equipo con sede en Dinamarca. As actuais implementacións deseñáronse «para porgramas pequenos, onde o rendemento e a interactividade do sistema non eran importantes». Non obstante, aplicacións Web como Gmail «están a utilizar o navegador web ao máximo cando se trata de manipulacións DOM e JavaScript». O motor JavaScript V8 resultante, foi deseñado con énfase na velocidade, e introduce novas características para este fin como transicións de clases ocultas, xeneración dinámica de código, e recolección de lixo precisa (referida á liberación de memoria). As probas de Google demostran que V8 é aproximadamente o dobre de rápido[97] que Firefox 3 e que a versión beta de Safari 4.
Moitos sitios web realizaron probas de rendemento usando a ferramenta Benchmark SunSpider para JavaScript, así como un conxunto de probas de cómputo intensivas propias de Google, as cales inclúen ray tracing e a resolución de restriccións[98]. Por unanimidade informaron que Chrome actou moito máis rápido que todos os seus competidores con que había se comparara, incluíndo Safari, Firefox 3, Internet Explorer 7 e Internet Explorer 8[99][100].
Chrome tamén almacena e usa unha caché de enderezos DNS para acelerar a carga dos sitios web[101].
A interface de usuario inclúe opcións para ir atrás, adelante, recargar páxina, ir e cancelar. As opcións son similares ás do navegador Safari. O deseño da xanela está baseado no tema nativo de Windows Vista.
Chrome inclúe Google Gears, que engade características para desenvolvedores que poden converterse ou non en estándar web, e xeralmente relacionados coa construción de aplicacións web (inclúendo soporte para uso fóra de liña).
A páxina de inicio do navegador substitúese por defecto pola mesma coa que aparece cada vez que se abre unha nova lapela. Isto mostra miniaturas dos nove sitios web máis visitados coas últimas buscas realizadas, os últimos marcadores accedidos e lapelas cerradas.[102] Este concepto existía xa antes no navegador Opera, coñecido como «Marcado rápido».
Unha novidade introducida en Chrome é Omnibox, sendo esta a barra de enderezos que aparece na parte superior de cada lapela, similar á de Opera. Inclúe funcións de autocompletar texto (só completará os URLs introducidos manualmente en vez de todas as ligazóns), suxestións de busca, páxinas visitadas anteriormente, páxinas populares (non visitadas) e busca de historial de navegación. O buscador tamén pode capturar os motores de busca ao usar a súa respectiva interface de usuario premendo a tecla Tab ↹. Outra funcionalidade da Omnibox é a modalidade de «Pegar e buscar», accesible co menú contextual.[103]
Chrome permite crear atallos no escritorio que permitan lanzar aplicacións web directamente no navegador. Cando o navegador se abre deste xeito, a xanela non mostra ningún control senón só a barra de título. Isto limita a interface do navegador a «non interromper o que o usuario intente facer», o que permite ás aplicacións web executar xunto a software local (similar a Mozilla Prism, Adobe AIR e Fluid).
Chrome usa o motor de renderizado WebKit como recomendación do equipo que desenvolveu Android. Como a maioría de navegadores, Chrome foi probado a fondo antes de ser lanzado ao público. As novas compilacións do navegador son probadas de maneira automatizada en centos de miles de sitios web comunmente visitados, os cales están no índice de Google e son accedidos en menos de 20-30 minutos.
Chrome soporta a interface de programación de aplicacións de Netscape (NPAPI),[104] Ademais, Chrome non ten un sistema de extensións como o de Mozilla coa arquitectura XPInstall.[105] O soporte para applets de Java encontrase dispoñible en Chrome a partir da actualización do contorno de execución de Java 6 actualización 10 o superior.[106]
Para desenvolvedores web, Chrome inclúe un elemento de inspección similar ao que se inclúe na extensión para Firefox, Firebug.[101]
As lapelas son o compoñente principal da interface de usuario de Chrome e, polo tanto, mudáronse á parte superior da ventá antes que por debaixo dos controis (semellante ao navegador Opera). Este é un cambio sutil, en contraste co número actual de navegadores que se basan en ventás que conteñen lapelas. En Chrome, as lapelas son «flexibles» (incluíndo o seu estado) e pódense transferir sen problemas entre varias xanelas arrastrando. Cada lapela ten o seu propio conxunto de controis, incluída a barra de enderezos Omnibox. As ventás emerxentes (en inglés pop-ups) «limítanse ás lapelas das que viñeron» e non aparecen enriba da lapela actual senón como unha pequena barra de título na parte inferior; pódense usar cando o usuario os arrastre explicitamente. As ventás emerxentes non funcionan no seu propio proceso.
Por defecto, non hai ningunha barra de estado, a diferenza doutros navegadores que amosan unha na zona inferior da ventá de navegación. Non obstante, se o cursor do rato pasa sobre unha ligazón, o enderezo da ligazón mostrarase na parte inferior esquerda da pantalla. Do mesmo xeito que outros navegadores web como Internet Explorer o Firefox, Chrome ten un modo de pantalla completa, accesible mediante a tecla F11, que a diferenza de Explorer ou Firefox, carece dunha miniatura da barra de ferramentas de navegación.
Unha das funcións máis interesantes incluídas recentemente no navegador, é a posibilidade de buscas sen tocar o teclado mediante o comando por voz.[124]
Google Chrome ten algunhas páxinas ocultas, non accesibles na interface de usuario. Para acceder a eles, pode escribir varias órdenes "about:" na barra de enderezos, a lista de órdenes está dispoñible na web. Ademais, Google Chrome usa a URI «chrome» para varias ferramentas de desenvolvedores. Podes ver todas as ferramentas en «chrome://chrome-urls». Non obstante, as ferramentas deben usarse con precaución.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.