From Wikipedia, the free encyclopedia
Wine (acrónimo recursivo en inglés para Wine Is Not an Emulator, que significa «Wine non é un emulador») é unha reimplementación da interface de programación de aplicacións de Win16 e Win32 para sistemas operativos baseados en Unix. Permite a execución de programas deseñados pra MS-DOS, e as versións de Microsoft Windows 3.11, 95, 98, Me, NT, 2000, XP, Vista, 7 e MacOS.
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión ortográfica e/ou de gramática (recurso útil: corrector ortográfico en liña de galego). Podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Ortografía: Activar o revisor ortográfico. Colabora connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |
Wine | |
---|---|
Wine executando Explorer en Ubuntu. | |
Desenvolvedor(es) | Wine Team |
Última versión | 1.6.2 (10 de xaneiro de 2014) |
Repositorio | gitlab |
Sistema operativo | Unix, multiplataforma |
Tipo | Capa de compatibilidade |
Licenza | GNU LGPL v2.1+ |
Sitio web | http://www.winehq.org |
O nome Wine inicialmente foi un acrónimo para WINdows Emulator.[1] Este significado foi cambiado posteriormente ao acrónimo recursivo actual.
Wine fornece:
O proxecto Wine comezou no 1993, época da versión 3.11 de Windows. O proxecto posiblemente se orixinou en discusións en comp.os.linux. Os programadores Eric Youngdale e Bob Amstadt crearon a súa primeira versión. A razón pola cal Wine non é un emulador é que os emuladores tenden a duplicar o contorno completo no que un programa vive, incluíndo a simulación da arquitectura de microprocesador determinada. Wine, polo contrario, implementa o que podería chamar unha capa de compatibilidade, a cal fornece alternativas ás bibliotecas de Windows.
A mediados do ano 2002, xa se contaba cunha aplicación con máis dun millón de liñas de código fonte escrito en linguaxe C e cun grupo de máis de 300 programadores. O proxecto tivo tempos nos cales non se avanzou o suficiente, ata que no ano 2003, aplicacións moi estendidas no contorno Windows como Microsoft Office e Internet Explorer foron posibles de ser utilizadas en contornos Unix grazas a Wine.
O proxecto presenta grandes retos para os desenvolvedores, ao menos en parte debido á incompleta documentación da API de Windows. A pesar que a maioría das funcións da API Win32 están correctamente documentadas, existen aínda moitas áreas, como formatos de ficheiros e protocolos, para os cales non existen especificacións documentadas por parte de Microsoft.
Cara comezos do 2003, Wine podía executar moitos programas populares, como Lotus Notes e algunhas versións de Microsoft Office, con comportamentos e estabilidade variables. O éxito do funcionamiento de cada aplicación depende do uso de bibliotecas dinámicas (DLL) de Windows.
A empresa de software Corel axudou moito ao proxecto, empregando temporalmente a un dos principais desenvolvedores, Alexandre Julliard, xunto con moitos outros programadores secundarios. Esta axuda foi motivada polo porting da suite ofimática de Corel a GNU/Linux. Porén, debido a dificultades económicas, o apoio de Corel cesou.
Outras organizacións fixeron esforzos comerciais para apoiar o proxecto, incluíndo CodeWeavers e Linspire. CodeWeavers desenvolveu unha versión comercial, cerrada e visualmente máis atractiva, de Wine e comercialízaa baixo o nome CrossOver Office; ademais, colabora co proxecto, xa sexa financiándoo ou con parches.
O desenvolvemento oficial de Wine está orientado cara a correcta implementación da API de Windows como un todo e aínda que se atope un pouco atrasado nestas áreas, desde a súa versión 1.0 do verán do 2008 é capaz de executar con éxito e con poucos ou escasos erros unha grande variedade de aplicacións deseñadas para Windows.
Outros proxectos que incorporaron código fonte de Wine son Rewind e ReactOS.
De acordo a un estudo realizado en Internet por DesktopLinux.com[2] en 2006, a aplicación Wine é bastante usada con relación ás demais cunha demanda do 33,5% dos enquisados, a pesar dos seus considerables defectos; mentres que un 16,7% utiliza o VMware e apenas un 7% usa a aplicación CrossOver. En tanto a porción dos enquisados que non utiliza ningún foi dun 39%.
O 17 de xuño do 2008 o proxecto Wine lanzou a versión 1.0,[3] a primeira versión estable en quince anos de desenvolvemento. Esta presenta melloras con relación as versións alfa e beta, das cales se pode mencionar un mellor soporte de rato nos xogos, aplicacións con uso de bibliotecas OpenGL, manexo de novos estados en Direct3D e mellora do sistema de son, entre melloras importantes.
O 16 de xuño de 2010 o proxecto Wine lanzou a versión estable 1.2,[4] presentando máis de 23 000 cambios no código fonte, máis de 3 000 bugs arranxados e o soporte para aplicacións de 64Bits.
O 7 de marzo de 2012 o proxecto Wine lanzou a versión estable 1.4,[5] engadindo soporte a moitas novas aplicacións como Microsoft Office 2010, (aunque existindo agora o denominado S.O windows 8,dicho desenvolvemento pode considerarse obsoleto).[5] e xogos de última xeración como Skyrim[6] o Starcraft 2.[7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.